domingo, 22 de setembro de 2019

Un curso xuntos!

Entre estas dúas fotos... todo un curso de experiencias!
O primeiro día e a merenda coa que rematamos o curso. 

  
Resumindo en cinco minutos o noso primeiro curso xuntos! 

 Un pouco de todo... e moitas fotos que non subira en entradas anteriores:  
xogos coas letras e cos números, xogando no patio, na sala de psico, visitas, saídas polo campo, algún cumple, as maletas da nosa vida... e rematando coas fotos da merenda que fixemos cos papás e  mamás no patio!

sábado, 21 de setembro de 2019

Uxía Lambona e a banda molona

   Por si non vistes a entrada que puxen na web do concerto de Uxía Lambona e a banda molona" entretiveron e fixeron bailar aos nenos do colexio o mércores da derradeira semana do curso.  





Este grupo pretende sobre todo divertir os pequenos, achegándolles temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, empregando novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop...) para que coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular.  Foi unha actividade organizada polo Equipo de Actividades Complementarias. Pasárono xenial no concerto!

CONCERTO DE UXÍA

 MONTAXE DAS FOTOS DURANTE A ACTUACIÓN
 Podedes ver unha selección das cancións do grupo no blog de 5ºC de infantil.

Un xardín vertical no patio


   Ao longo dos últimos trimestres do curso pasado, no patio de 3 anos creamos e coidamos un xardín vertical en botellas que se colgaron nas columnas do peche do patio. Os cordeis que as ataban facilitaban o reparto da auga das botellas superiores ás inferiores e tamén regamos coa mangueira e eles coas regadeiras. Disfrutamos vendo medrar as plantiñas, coidándoas e de vez en cando comendo as fresas que maduraban...
   Os nenos encheron as botellas de terra e plantaron especies diferentes coas que disfrutaron cos cinco sentidos: comestibles, aromáticas, crasas, con follas interesantes ou con fermosas flores... 

 Ademáis a clase de Sandra plantou bulbos de narcisos, fresias, amapolas e iris en botes reciclados e tamén empregando cáscaras de laranxas fixeron comedeiros para atraer aos paxaros ...
 
 Cando rematou o curso levamos as botellas coas plantas para seguir coidandoas na casa!.


 Vedes o proceso neste video que xa subín tamén na web do cole .

 
 

mércores, 4 de setembro de 2019

Botas verdes!

  Como vos dixen cando rematamos o curso, quedáranme pendentes algunhas entradas que agora vou intentar poñer ao día... antes de que comece o novo curso. Un pouco para lembrar como rematamos e continuar despois do verán... 
   Unha delas foi unha experiencia que nos levou moitos meses de coidados e observacións e que comezou co conto "O carballo con botas" de Anxo Moure. Xuntamos botas, xapatillas e deportivos vellos que pedimos aos papás e sementamos nelas landras, pero non naceron e despois glicinias, que a pesar de tódolos coidados tamén nos fallaron ....ou igual foi por exceso de coidados. A experiencia contámola nunha entrada anterior que podedes ver AQUÍ

  Finalmente despois de esos intentos ao longo do curso en troques de sementar aprendimos a "esqueixar":  cortamos as plantiñas que medraban no extremo da cinta ou clorofito da clase e plantamos de novo. E aínda que ao principio eran moi pequeniñas, cos nosos coidados medraron moito e quedaron así.
 Con esta experiencia contamos contos ( O carballo con botas e Aínda nada), vimos varios xeitos de reproducir plantas, os coidados que precisan como seres vivos e sobre todo aprendemos a esperar e a coñecer e respetar os ritmos da natureza...