Amosando publicacións coa etiqueta aviso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aviso. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de marzo de 2020

Un pouco de exercicio!

   Hoxe a proposta de Martín é montar un circuito na sala e facer moito exercicio!. Con folios, vasiños, unhas sillas e moitas ganas!. Como vedes o importante é moverse e que queimen enerxía durante o confinamento e o circuito pode ser por toda a casa. Pasarano moi ben e durmirán mellor!


  Lembrade que na web do cole estamos colgando máis propostas e  tarefas para os nenos. Son suxerencias de actividades para os pequenos ( rutinas, experiencias, contos...) e as tarefas de clase para os maiores. As nosas están repartidas nos tres grupos do nivel.
 

domingo, 15 de marzo de 2020

Por nós, por todos: os nenos e o coronavirus

   Para que os nenos pasen estos días de aillamento polo coronavirus, quero compartir con vos algunhas das iniciativas que andan estos días por internet. Seguro que xa as vistes! E tamén irei colgando algunhas das actividades que fixemos estes días pasados e que aínda non subira. Unha aperta e un bico a tódos! Coidádevos moito, que todo vai ir ben!

ACTIVIDADES: 
Pegar dibuxos nas ventás para que vexan que en outras casas viven nenos que están pasando polo mesmo. Póñovos un que xa me mandaron da clase. É de Maeba. Se queredes mandádemos e subireinos, será un xeito de que vexan o que fan os seus amigos!. Unha ventá virtual.


  Facer letreiros  nas ventás animando a todos na campaña de QUÉDATE NA CASA. Por nós, por todos!

  Hai un xogo que consiste en pintarlles un dibuxo nas máns e darlles un premio cando consigan borralo ao rematar o día, xa que eso significará que se lavaron moi ben.


Tamén vos poño unhas cancións que como xa fixemos na clase nos ensinan o xeito correcto e a importancia de lavar as mans.


lávate las manos... DESPACITO



WASH YOUR HANDS!


domingo, 4 de febreiro de 2018

Os mandadiños do Meco



  Do 5 ao 9 de febreiro celebraremos o Entroido no centro, polo que pedimos a vosa colaboración para que os vosos fillos e fillas traian da casa o que mande o Meco (é acumulativo).








Os mandadiños para esta semana son: 

LUNS: "Se pirata queres ser, un pano na cabeza terás que traer"

MARTES: "Se o mar queres conquistar, bigote ou barba has pintar"

MÉRCORES: "Un parche nun ollo traerás e un bravo pirata serás"

XOVES: "Se o desfrace queres completar, un prismático ou un garfo terás que levar"


VENRES: os nenos e nenas poderán vir disfrazados libremente do que elixades. E, como vos decía na nota que levaron, faremos unha degustación de doces de entroido na clase, polo que pedimos a vosa colaboración para que ese día, no lugar da merenda habitual, enviedes polos nenos algún doce típico para compartir entre toda a clase.

   
  Moitas grazas pola vosa colaboración. Un saúdo

        

domingo, 24 de setembro de 2017

Horario

     Horario de clase para ter en conta cando temos clases de psicomotricidade (luns e venres) para traer roupa e calzado cómodo e axeitado.
Lembrade tamén que o luns é o Día da froita e que o venres merendamos abaixo, polo tanto é recomendable traer unha sóa peza  (froita ou bocata) para facilitarlles as cousas aos pequenos. Moitas gracias pola vosa colaboración.


mércores, 13 de setembro de 2017

Reunión día 19

    Aviso de reunión para o vindeiro martes día 19 ás 5 horas na nosa clase (aula nº 3) para falar de distintos aspectos do curso 2017-18. O resto de horas de reunións podedes velas na web do colexio ou clicando neste enlace.
Un saúdo e vémonos na clase.

venres, 8 de setembro de 2017

Benvidos a un novo curso !!!

    Xa estamos aquí de volta do verán  para iniciar con ilusión e enerxías renovadas un novo curso con algúns cambios: nenos e nenas que se van e aos que botaremos moito de menos, e outros novos aos que lles damos a benvida.

      Póñovos aquí as normas de entrada para os nenos e nenas de infantil para o primeiro día do curso. (Para normas xerais e para as entradas dos de primaria consultade tamén a web do cole premendo neste ENLACE.)




ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS PARA O PRIMEIRO DÍA EN INFANTIL 

ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL (3 ANOS)

Período de adaptación: segundo o establecido e explicado polo profesorado na reunión informativa.
Durante este período de adaptación non teñen autobús nin comedor escolar.

ALUMNADO DE 5º E 6º DE INFANTIL (4 E 5 ANOS)

Na pista deportiva descuberta, na zona de columnas, haberá indicada unha zona para cada grupo. O profesorado estará en cada columna e cando esté o grupo completo, subirá ao edificio de infantil para incorporarse ás súas respectivas aulas.


mércores, 21 de setembro de 2016

Reunión

Estimadas familias: 
O xoves 29 de setembro ás 4:30h teremos unha reunión na clase, na que falaremos entre outros temas, de horarios, organización e materiais... (ver máis+)
Un saúdo. 

luns, 2 de marzo de 2015

UNDER THE SEA: CONTACONTOS

   O vindeiro xoves 12 de marzo temos programada unha actividade de contacontos en inglés, (storytelling):  "Under the sea". É unha historia chea de imaxinación na que os nenos e as nenas se poderán divertir e participar integramente en inglés. Ler máis +

  

 

xoves, 20 de novembro de 2014

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS E NAIS NO CONSELLO ESCOLAR

     O próximo día 24, luns en horario de 16,30 a 19 horas celebrase no Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais  ou titores legais do alumnado no Consello Escolar. Esta circular que os nenos levarán mañán explica como proceder. 


mércores, 11 de decembro de 2013

MAXIA NA MAÍA

     O luns baixamos á Biblioteca do cole para ver un espectáculo de maxia.Os nenos baixaron todos emocionados e cando entramos atopamos que desapareceran as estanteirías centrais e o espazo estaba ocupado por sillas para nós. Diante de todo sentáronse os pequenos de 3 anos e eles foron os que máis tarde sairon como axudantes do mago que saleu ao escenario. O mago fixo o que fan os magos... e nas caras dos nenos e as nenas podedes ver que a maxia andaba polo escenario. De primeiras non querían saír voluntarios pero a partir do segundo número xa querían subir todos!. O que máis lles gustou  foron as pombas que aparecían máxicamente e que máis de unha quería tocar. E teño que decir que o número que menos lles chamou a atención foi o de facer aparecer un billete de cincuenta: non estaría de máis saber cómo, pero para os nenos era moito máis máxico o das pombiñas!. Eso si que era maxia!

Aquí vos poño as fotos do espectáculo:

o espectáculo de maxia!

Aviso para interesados:

   Na páxina do Concello atoparedes "máis información sobre o VIII Festival de Maxia que se celebra en Ames esta fin de semana. As localidades de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán durante o sábado 14 e o domingo 15 de decembro, un festival de maxia  dirixido a todos os públicos. Esta actividade, que está organizada pola Concellaría de Cultura, intenta achegar á cidadanía amiense o espectacular mundo dos magos..." (leer máis+)



domingo, 30 de setembro de 2012

PERIODO DE ADAPTACIÓN EN TRES ANOS...


   UN DÍA CALQUERA NUNHA CLASE DE 3 ANOS:
    DESPOIS DE VER A PETICIÓN DA XEFA DE ESTUDOS PARA QUE LLE ENTREGUEMOS   XA OS HORARIOS :
aínda  non sei  onde colocar  os seguintes aspectos  que quero compartir con vos e que seguramente recoñecedes:

  • sección identidade persoal: "yo , yo , yo,  y cuando me toca a miiiiiiiiiiiiiiiiiiiiií?. Non é egoísmo é egocentrismo: importo eu … e os demais están a estorbar. “dame  la mano a miiiiiiii!”
  • sección amor materno: "cuando viene mi mamáaaaaaaaaaaaaa?
  • sección "no quiero ir al comedoooooooooooor! con imaxen gráfica das amigdalas e máis ala... bastante máis alá, polo esófago polo menos. Vale como iniciación ao estudo do aparato dixestivo.
  • Sección profes especialistas: “ah! pero ahora que te conozco a ti me tengo que quedar con este otro profe?”
  • sección estrana: "pues yo no me quiero ir a casa" (agochada baixo unha mesa)
  • sección expresión oral e AL: varios que non falan, varias que non calan, e varios que non escoitan…).
  • sección "me he hecho pis" sic (na clase falamos castelán, galego, e por señas ...)
  • control de esfínteres: "me he meado ... (consulta médica: como pode caber tanto pis nunha vexiga tan  pequeniña?)
1.     opción a) “pero si me bajé los pantalones... ah, pero no los calzoncillos!”
2.     opción b) no se baaaaajan! (tirando do mandilón). Despois será: “no se suben!”
3.     opción c) a máis contundente e categórica: "yo no sé"
4.     opción d) admirando o pis que corre polas pernas ... e mirando alternativamente para a profe e    para a taza do water : polos pelos non chegamos!
5.     opción d) eliminación de residuos máis ou menos sólidos polo conducto habitual  e cos outros 24 mirando por riba a ver que pasou…
6.     opción e) os que son capaces de facer pis e vomitar ao mesmo tempo ... eso é habilidade e coordinación!. Agora imaxinade á profe correndo pola fregona, consolando ao pequeno  e intentando evitar que a cousa se extenda… e cos outros 24  mirando por riba a ver que pasou …
  • seccion matemáticas-bis-Noción de infinito: cuando viene mi mamá? . cuando viene mi mamá? cuando viene mi mamá? cuando viene mi mamá?cuando viene mi mamá?cuando viene mi mamá?  (afortunadamente xa casi só pasa no patio)
  • sección "yo no quieroooooooo! Despois de media hora de explicar con cariño e paciencia e razoar usando múltiples argumentos …acudimos á Resposta  pedagóxico-dictatorial: "pero eu siiiiiiiiiiiii Son as normas e aquí mando eu!”
  • sección IMPERATIVO LEGAL, variante ordeno y mando: "AAAAAAAAAAbreme la mochila!  PONME...! DAME ! HAZME!
  • Sección problemas matemáticos : os conceptos dentro e fora aplicados ás mochilas e tupers : a merenda está dentro-eu estou fora- eu teño fame… como fago ???
  • sección tranporte e comedor:
1. luns: hoxe vai en bus, pero non volve en bus xa que vai quedar  no comedor.
2. martes: hoxe  non queda  no comedor pero mañán e o  venres si.
3. mércores: hoxe vai no coche coa abuela
4. xoves: hoxe chora porque non quere ir ao comedor, ou porque quere ir e non lle toca.
5. venres: hoxe conteinos a todos e cada un vai onde ten que ir! 

PERO CREO QUE O QUE NOS PIDEN QUE POÑAMOS EN PAPEL VAI SER QUE, POLO MEDIO DE TODO O ANTERIOR,  O QUE OS NENOS E NENAS TEÑEN QUE ACADAR SON  AS  SEGUINTES  COMPETENCIAS:

1.  COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
     escoitar, falar, ler e escribir. contos e relatos. 

2. COMPETENCIA MATEMÁTICA
    
habilidades matemáticas aplicar o pensamento matemático

3. COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
     interacción coas persoas, os obxectos, a exploración do espazo e do tempo…

4.  COMPETENCIA DIGITAL  E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
     tecnoloxías ordenador

5. COMPETENCIA SOCIAL      formas de comportamento socialmente eficaz.
     escoitar, respectar a quenda de intervención, presentarse, prestar axuda… 

6. COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA      coñecemento, comprensión, uso e valoración das manifestacións culturais e artísticas. 

7. COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER      aprender gozando dunha forma eficaz e autónoma 

8. AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL
     co
ñecemento de si mesmo e uso do propio corpo.


HORARIO DE 4º C-CLASE 3 DE EI

Este é o horario que imos ter ao longo de este curso.
Lembrade poñerlles roupa cómoda os días de psicomotricidade e calzado que sexa doado de quitar e poñer. O chandal e o velcro son as mellores opcións.

HORARIO  SEMANAL  : AULA 3   –    4ºC    INFANTIL -  2012-2013
HORARIO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
de   9,05
a   9,55
ENTRADA
ENTRADA
ENTRADA
ENTRADA
ENTRADA


PSICO
MOTRICIDADE






de   9,55
a   10,45



INGLÉS


GRAFO
MOTRICIDADE

de  10,45 a   11,35





HIXIENE/ ALMORZO
HIXIENE/ ALMORZO
HIXIENE/ ALMORZO
HIXIENE/ ALMORZO
HIXIENE/ ALMORZO
de  11,35
a   11,55
RECREO
RECREO

RECREO

RECREO
RECREO 
De 11,55
a  12,25
Hora de ler
Hora de ler
Hora de ler
Hora de ler
Hora de ler
de  12,25
a   13,15
LINGUAXE SENSORIAL

RELIXIÓN /AE


PSICO
MOTRICIDADE

LINGUAXE ORAL

de  13,15
a   13,45





De 13,45
a   14,05
Recollida da   aula, preparar as tres filas : de casa , do comedor e autobús  -  SAÍDA