Amosando publicacións coa etiqueta Psicomotricidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Psicomotricidade. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de decembro de 2022

Os duendes barbudos de Papá Noel


   Entre os traballos do trimestre que levaron para casa estaban os duendes barbudos que fixemos na clase. Eran os axudantes de Papá Noel ou os coidadores das setas do bosque (non o tíñamos moi claro jeje). Déronnos un chisco máis de traballo do que parece e para rematalos a tempo contamos coa axuda de Sandra e de Isabel. Tiñan que contar polo menos dez cordóns e enganchalos nas arandelas que facían de caras. Foi un moi bo traballo de psicomotricidade fina que precisaba bastante destreza. 😅Facendo e desfacendo estivemos bastante tempo!. O gorro está pegado coa pistola de pegamento e as barbas para que tivesen ese aspecto tivéronse que peinar moito e con bastante forza.
 
 
   Descubrimos que unhas pezas dun xogo da clase desfiañaban moi ben os cordeis e a maioría déronlle moito xeito, aínda que outros precisaron algo ou moito de axuda.  Cando remataron de peinalo tiven que "afeitalos" para igualar as barbas e quedaron moi bonitos. Espero que vos gustasen!. Agora podedes colgalos incluso na árbore de Nadal!.
 


 

luns, 24 de outubro de 2022

Unha sesión de ioga


 A profe Sandra propúxonos facer unha sesión conxunta de Ioga na sala de psico. Así que collimos as nosas esterillas e descalzámonos. Puxemos música relaxante e sentámonos xuntando as plantas dos pes. Comezamos primeiro a despertar cada parte do corpo, intentando ser  conscientes de cada segmento. Por alí pasou a teacher Susy e apúntouse á sesión!. Fixemos distintas posicións, colocando o corpo para facer como o gato, o can, a bolboreta,  a cobra... e rematamos con equilibrios e estiramentos, para finalmente intentar relaxarnos.


 

xoves, 28 de outubro de 2021

Primeiras sesións na sala de psicomotricidade

 Estas fotos corresponden á primeira vez que fomos á sala de psicomotricidade. Primeiro fixemos un resumen das normas máis importantes: non mancarse nin mancar a outros, non berrar e non desfacer o que fan os demáis... (resumindo: aprendemos a respetarnos) Despois foron xogar pola sala: moveronse explorando os materiais que temos nela (bloques de espuma, cabalos, pontes, rulos e túneles, telas, bloques de madeira... ). Son fotos da primeira sesión e outra bastante posterior nas que se pode observar como algúns van pasando de xogar sós explorando pola súa conta a interactuar cos compañeiros e iniciar pequenos xogos. É moi importante este paso xa que imos vendo como aprender a relacionarse entre eles 


 E dúas frases de Einstein e Tonucci  sobre a importancia do xogo para os nenos:




xoves, 7 de maio de 2020

Xogando ao baloncesto con Lara e Cris

 Lara quere saudarnos e compartir con nós un video onde nos presenta á sua cadeliña Gigi e outro practicando deporte no que nos enseña como xoga ao baloncesto coa súa irmá Cris
 Mándanos moitos bicos e, aínda que o está a pasar moi ben, dí que lle gusta moito cando xogamos todos xuntos no cole.
 

martes, 24 de marzo de 2020

Un pouco de exercicio!

   Hoxe a proposta de Martín é montar un circuito na sala e facer moito exercicio!. Con folios, vasiños, unhas sillas e moitas ganas!. Como vedes o importante é moverse e que queimen enerxía durante o confinamento e o circuito pode ser por toda a casa. Pasarano moi ben e durmirán mellor!


  Lembrade que na web do cole estamos colgando máis propostas e  tarefas para os nenos. Son suxerencias de actividades para os pequenos ( rutinas, experiencias, contos...) e as tarefas de clase para os maiores. As nosas están repartidas nos tres grupos do nivel.
 

venres, 22 de febreiro de 2019

Xogos Colaborativos no Día da Paz

    O día da Paz celebramos sesións de xogos colaborativos en todo o centro, maiores e pequenos, baixo o lema "hoxe gañamos todos". Esta entrada xa a puxen na web do cole fai uns días, pero por si acaso non a vistes, volvoa poñer aquí xa que no video vese como os pequenos da nosa clase participan neste día como todos os nenos do cole. Foi unha xornada moi divertida na que vimos xogos colaborativos. Este tipo de xogos  están centrados na unión e tódolos xogadores son necesarios sin que nadie caia eliminado.

   O Equipo de Convivencia fixo unha serie de propostas de xogos cooperativos e o Equipo de Educación Infantil organizou os grupos e as quendas para compartir aros ao ritmo da música, transportar conos na cabeza e transportar pelotas en ringleiras. A nosa clase contou coa axuda da profe de Psicomotricidade: grazas Carlota!


domingo, 21 de maio de 2017

día mundial das clases ao aire libre

   O noso cole sumouse a unha iniciativa mundial para dar as clases  ao aire libre, fora das aulas, e recuperar así o contacto coa natureza. Os de catro anos saímos de exploradores cunha  plantilla na man, buscamos e marcamos aves, insectos e plantas que ibamos atopando... Iban tan emocionados na busca que algúns "fixeron trampa" xa que querían encher a plantilla a toda costa... e non, non atopamos esquíos, pero sí moitos animais que non estaban na plantilla.
   Saímos polo camiño da aldea de Castrigo e cruzámonos con outros compañeiros que tamén se sumaron a esta iniciativa aínda que despois cada grupo colleu rutas diferentes. 
 

  Esta iniciativa trata de fomentar o aprendizaxe lúdico empregando a experiencia como parte da formación dos nenos. Fíxose coa intención de concenciar a todos de que os nenos necesitan xogar e experimentar ao aire libre para unha aprendizaxe e desenvolvemento san e completo.

 Tamén fixemos a primeira hora a clase de psicomotricidade no patio e pásámolo moi ben sin restricción de espazo....


mércores, 3 de febreiro de 2016

Unha sesión de psicomotricidade con teas

   Á volta do recreo fomos á sala de Psicomotricidade, e despois de repasar as normas (sobre todo de respeto e seguridade), descalzámonos, ordenamos os zapatos e repartínlles teas de moitas cores para comezar unha sesión que hoxe necesitábamos para descargar tensións xa que antes do recreo tivemos un par de momentos algo conflictivos. (Sobre a psicomotricidade recoméndovos un artigo que está na web do cole premendo AQUÍ). 
  
   Cada un colleu as teas que quixo, sin discutir polas cores, convertíronas en saias, vestidos, capas de superherois, princesas, cabaleiros, sereas ou piratas... Cada un disfrazouse como quixo sin máis gastos que as teas... Fixeron e desfixeron grupos, transformáronse en personaxes das súas pelis favoritas, axudáronse uns aos outros nunha sesión moi tranquila e relaxada... e finalmente recolleron e ordenaron todo moi ben.