Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de xuño de 2022

Día das letras galegas: as serpes . Florencio Delgado Gurriarán.



  Este ano o Día das Letras galegas adicouselle a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. A proposta do Equipo de Normalización Linguística foi achegarnos á súa obra co poema "un dous tres, foxen da retorta SERPE...".
  Para elo díronnos unha CORDAS que debíamos transformar en SERPES para despois penduralas polo colexio. 


   

  A nosa serpe levou cintas adhesivas de cores e gomets que pegamos polo seu corpo, ollos feitos con bolas de porexpán e cascabeis na cola...






Despois, puxémola na entrada coas outras serpes de infantil

E saímos polo patio para ver as que colocaran os de primaria nas entradas e no balcón.

 
 ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
 ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

Gurriarán que naceu en Valdeorras no ano 1903 e finou en Fair Oaks (California) en 1987, foi un avogado e poeta galego que tivo que exiliarse pola guerra. En México fundou a revista Vieiros, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963). 

mércores, 18 de maio de 2022

"Ahí ven o maio" de F. D. Gurriarán

 Na clase de música coa profe Rita vimos un video que nos enviou a profe Mercedes, onde alumnos do CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) interpretan a canción "Ahí ven o Maio" composta polo mestre de música do centro, Nacho Hermida, a partir dun texto poético de Florencio Delgado Gurriarán a quen este ano se lle dedicou o Día Das Letras Galegas  e que era natural do seu concello veciño de Vilamartín de Valdeorras.




Ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
(O Maio garrido cansiño de chorar,
enxoitou o seu pranto con panos de luar).


Ahí ven o Maio pola porta da campía
ahí ven o maio, galán da cotovía,
(O Maio garrido tiña un cambai brunedo,
o sol espafarrapóullo cos seus dourados dedos).
 
Ahí ven o Maio pola porta da debesa,
ahí ven o Maio côs seus brincos de cereixas.

(O Maio garrido anda a bebelos ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).
 

Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,
ahí ven o Maio có seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
có mestre rouxinol adeprende a cantar.


Ahí ven o Maio pola porta do valado,
ahí ven o Maio cô seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta  con frores de S. Xoán).

Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveis e rosas!

Florencio Delgado Gurriarán (1981) Cantarenas. Poemas, 1934 – 1980  (Bebedeira, Valdeorresas, Dionisias) (A Coruña: Edicións do Castro)

luns, 17 de maio de 2021

Día das Letras Galegas: Xela Arias

Os nenos de infantil do cole achegámonos á obra de Xela Arias a través do poema do libro DARÍO A DIARIO que lle dedicou ao seu fillo Darío e debuxámonos coas nosas nais.

 

TÓDOLOS   BEBÉS   SON   TU  E   NINGÚN   COMA   TI.

TÓDOLOS    NENOS    SON   TU   E    NINGÚN    COMA   TI.

TÓDOLOS   MOZOS   SON   TU   E    NINGÚN    COMA   TI.

TÓDOLOS   ADOLESCENTES   SON   TU  E   NINGÚN   COMA   TI.

TÓDOLOS    ANCIÁNS    SON   TU   E    NINGÚN    COMA   TI.

TÓDOLAS   NAIS   SON   EU   E   TODAS, COMA MIN,  SABEN QUE ES ÚNICO.

  Ademáis de buscar información na rede, Iago trouxonos unha presentación con fotos dun roteiro que fixo con seus pais polas rúas de Sarria xa que os seus avós eran veciños dos avós de  Xela e así pudemos ver algúns dos sitios que Xela frecuentou de pequena.

Biografía de  Xela Arias Castaño: "naceu en Sarria, Lugo, en 1962 filla de Amparo e Valentín Arias López, también escritor e traductor. Hasta os 7 años estudiou na Granxa de Barreiros, dentro dun proxecto pedagóxico cunha orientación agraria e de integración da cultura galega cos ciclos da natureza. Posteriormente marchou a Vigo coa súa familia. Deixou os estudos en COU, para traballar en Edicións Xerais de Galicia, como oficinista, después en creación e investigación e despois xa como correctora de estilo e editora.

Volveu estudar, cursando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose pola Universidad de Santiago de Compostela, e iniciando a especialidade en galego-portugués.

No curso 1999-2000 comenzó como profesora sustituta de secundaria, de lengua y literatura castellana, en institutos de Santa Comba, Moaña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. E foi docente en diferentes municipios galegos, como Chapela, A Guarda y Vigo.

En 2003 Xela Arias faleceu aos 41 años en Vigo por un ataque cardíaco."


 



sábado, 30 de maio de 2020

Iago, Ricardo Carvalho Calero e os números do bingo

  Para o Día das Letras  Galegas Iago preparou unha ficha sobre o autor a quen se lle dedicou este ano, Ricardo Carvalho Calero e coloreou unha parte dunha historia que lle aconteceu de verdade ao neno Ricardo : "As pitas baixo a choiva"
Tamén estivo aprendedo os números co xogo do bingo, que lle gusta moitísimo.

  E por suposto tivo tempo de xogar á pelota co seu equipamento favorito!



martes, 28 de maio de 2019

Versos para Antonio Fraguas no paseo fluvial


   Participamos nesta actividade proposta polo equipo de normalización lingüística do Concello para o Día das Letras Galegas. Escribimos sobre a nosa laxa os versos de Antonio Fraguas sobre a aldea de Insuela onde naceu, e decorámola entre todos.



  Despois os nosos representantes, Xián e Maeba, que saíron escollidos por sorteo, foron pendurala das árbores do paseo fluvial de Bertamiráns facendo un CAMIÑO DE VERSOS para disfrute de todos os paseantes.


  •   E nesta montaxe vedes como decoramos o noso poema de Fraguas.


 
 E no disco de Xoán Curiel, podemos oir o poema "Quen me dera en Insuela" nunha canción.
premer para escoitar a canción

xoves, 10 de maio de 2018

O pimpín no paseo fluvial de Bertamiráns

  Cuns versos de Antonio García Teijeiro sobre un PIMPÍN a nosa clase participou na proposta do EDNL do Concello para facer un tendal de poemas. Alma e Lucía foron escollidas por sorteo como  as nosas representantes para levalo ao paseo fluvial de Bertamiráns. O noso pimpín quedou alí pendurado das árbores co resto dos paxaros para que disfrutedes lendo estos versos ilustrados. Podedes ver as fotos desta  saída na web do colexio premendo AQUÍ.




 
 NA FONTE DE PEDRA

     QUE ESTÁ NO XARDÍN

          UNHA BOLBORETA
               FALA CUN PIMPÍN.
SON VERBAS DE FÍO
     VERBAS DELICADAS
           SON PINGAS DE LUME
                  VERBAS NAMORADAS.
UNHA BOLBORETA
      QUE ESTÁ NO XARDÍN
               NA FONTE DE PEDRA
                                                              FALA CUN PIMPÍN.