mércores, 25 de maio de 2016

A visita de Mayte

Seguindo coas visitas lectoras, tocoulle o turno a Mayte, a nai de Martina, que estaba un puntiño máis alá de impaciente... Mayte trouxo varios contos pensados para romper tópicos e para facer pensar nas cousas desde un punto de vista diferente e integrador. Contounos primeiro O CONTO DAS CORES nas que cada unha delas se sinte e comporta dun xeito diferente ata que chegan os aburridos incoloros e pretenden cambialos. Pero as cores non se deixan e ademáis fan aparecer unha nova: a cor VIOLETA.

 Despois leunos o divertido libro "LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS" co que se rompen tópicos partindo dos contos tradicionais das princesas: na clase a Laura xurdiulle unha dúbida moi importante despois de falar sobre Cincenta xa que o seu amigo Marcelo díxolles que a famosa e delicada princesa tirábase moitos peidos. Ela non o podía crer e cando chegou a casa preguntoulle a seu pai. El, que lle gustan moito os libros e as boas historias, tiña o libro secreto das princesas onde Laura atopa as respostas a todas as súas preguntas. Ese libro sería un segredo entre pai e filla. Así lle explica a verdadeira historia da Cincenta, de Brancaneves e a Sereiña. Laura xa pode estar tranquila: as princesas botan peidos! E NON PASA NADA!!!
     Unha historia escrita por Ilan Brenman para darlle unha volta divertida aos contos máis clásicos  e romper tópicos. A ilustración de Ionit Zilberman  é moi divertida, e métenos nun  mundo de princesas un pelín peideiras. Se ledes o libro veredes porqué os ananiños meten a Brancaneves nunha caixa de cristal!! UFFF
     Despois Mayte leunos "O DÍA DOS PÉS", un pequeno conto sobre unha parte do corpo que sempre esquecemos e temos encerrada entre calcetíns e zapatos de todo tipo. Un día os pés van por libre e na clase xogamos con eles un rato moi divertido. Ademáis como despois tíñamos clase de psico tocounos descalzarnos para liberar os pés... Sempre é un momento moi relaxante e divertido e que nos fai moita falta!

  Gracias Mayte por estes contos tan divertidos e por pasar este ratiño con nós! 
premendo AQUÍ está o KIZOA coa s fotos do día

martes, 17 de maio de 2016

O caracol de Manuel María percorre a Maía



   Durante esta semana coñecimos a Manuel María, o autor a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Dende o Equipo de Normalización Lingüística propuxeron unha actividade conxunta para ilustrar e escribir os seus poema. Aos de infantil tocounos ilustralos.
  

    Os de 4º A de primaria déronnos unha loneta co poema escrito que nos tocou "O CARACOL" para que a nosa clase o ilustrase. Tamén o recitamos e xogamos aos caracois.  Ademáis Jordán trouxo un caracol de verdade a clase que tivemos paseando pola pantalla para ver como se movía. Despois puxémolo no terrario da clase para que comese e descansase.

  Premendo na imaxe tedes un kizoa con máis fotos dos caracois
premer AQUÍ

xoves, 12 de maio de 2016

Alex, Antón e un agasallo diferente

   Alex, o pai de Antón, veunos contar o conto  "UN AGASALLO  DIFERENTE": dous amigos, un aniversario, un anaco de tea que sobrou das cortinas e toooda unha tarde para pasala xuntos. Un bo agasallo, que un amigo lle fai a outro, aínda que este esperaba unha buxaina e ao primeiro non entende que lle regale un anaco de tea. Trátase dun conto de Marta Azcona, ilustrado por Rosa Osuna, editado por  Kalandraka, no que nos falan de que O IMPORTANTE DUN AGASALLO  É  PODER COMPARTILO. 

   Cando chegou Alex estábamos coa adrenalina subida porque antes tiveran unha sesión moi intensa e costou un chisco que apousasen e tivemos que poñernos a "desinflar o globo": unha técnica que empregamos cando precisamos relaxarnos, e que "ás veces" funciona... Pero non con todos.
   Alex non se inmutou e fixo unha sesión de auténtico contacontos, ademáis viña preparado cun foulard prestado da nai de Antón que dou tanto xogo coma no conto: fixo de mantiña para o frío, de babeiro, de paracaidas etc... E despois buscamos unha imaxe do conto na pantaia para coloreala... Antón, que facía de axudante de seu pai, era o encargado de escollela, pero costáballe un mundo decidirse... e tivemos que axudalo algo. Pero fixo moi ben de axudante e encargouse de presentar a Alex e buscarlle os accesorios que iba precisando.

Premendo na imaxe podedes ver o KIZOA coa montaxe das fotos.
premer AQUÍ para ver o Kizoa
 Moitas gracias Alex por compartir con nós este conto tan bonito!

 (Na rede atopei este Slideshare.
 Se non tedes o conto premede na imaxe para que volo conten os nenos)
PREMER   AQUÍ




luns, 9 de maio de 2016

EXPER-I-CIENCIA : DON MEXILÓN

  A semana pasada tivemos a visita de dúas BIÓLOGAS que traballan para o Instituto de Investigaciones Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Déronnos unha pequena charla con fotos sobre os animais acuáticos. Foi unha actividade solicitada polo Equipo de Infantil para toda a etapa e que está financiada pola fundación Barrié de la Maza. Ó rematar repartiron a todolos nenos unha mochila co seu selo.
   As dúas CIENTÍFICAS partiron dos personaxes de Bob Esponxa e explicáronnos cousas da cría do mexilón nas bateas. Contaron coa axuda da súa mascota Don Mexilón.




(as fotos que salen na montaxe non son as que traían as biólogas do CSIC , busqueinas na rede para que nos sirvan de repaso da actividade)

domingo, 8 de maio de 2016

Dúas Veros e un monstro de cores!

    "Había unha vez un monstro que non sabía o que sentía....". Así comeza o conto que nos trouxo Verónica a nai de Vero. O MONSTRO DAS CORES é un conto precioso de Anna LLenas co que na clase traballamos a educación emocional: igual que o pequeno monstro ás veces os nenos tamén teñen un lío coas emocións e esta historia sírvenos para intentar aclararnos e ter recursos para explicar o que sentimos.

    Vero estaba encantada coa visita de mamá e fixo de axudante desde que chegou: púxolle a silla das visitas, axudounos a contar as letras do seu nome (moitas, porque o seu nome completo é Verónica Casandra!) e  contou con ela o conto (adiantándose en cada momento á historia jeje )





    Despois de presentarnos e ter que interrumpir a sesión de contacontos por outra sesión de "eu quero ir ao baño", (entroulles a todos  á vez, porque era a segunda hora...) ás veces pasa... por fín púxémonos coa historia. Vero contounos que o monstro tiña un lío de emocións e que unha nena axudoulle a desenredalas e gardalas en botes diferentes según a súa cor.
   Intentamos poñer caras según as emocións, pero dábanos a risa con algunha e curiosamente a que máis costaba era a cara de ira que algúns non eran capaces de poñer....
     Eu tiña preparado un dado coas distintas caras do monstro: anoxado, alegre, en calma, con medo... e postos en círculo xogamos a tirar o dado e poñer distintas expresións e tamén a escoller a que máis nos gustaba. Saleu gañador o monstro de cor verde, tranquilo e relaxado... Bueno, ese e o que sale ao final do conto!

premer AQUÍ para ver as fotos no Kizoa
 Aquí vos poño tamén un pequeno corto sobre o conto que saleu no programa Redes falando da educación emocional, que é case a máis importante de todas, sobre todo nesta etapa da vida dos nenos.
 Por si non tedes o conto podedes imprimir esta imaxe e que volo conten os nenos:




xoves, 5 de maio de 2016

ESTRENAMOS BIBLIOPATIO !

   Esta semana estrenamos un novo espazo no cole: O BIBLIOPATIO. Unha sección da Biblioteca que se pode usar tanto no recreo como na hora de ler. CALQUER SITIO É BO PARA LER!. Está baixo o comedor, onde fixemos os amadriñamentos lectores, pero agora está máis acolledor: ten o piso cuberto dunha alfombra de cesped mullidiño, coxíns, algunhas plantas e cintas para delimitar o espacio. No blog da Biblioteca e na web podedes ver como foi o estreno xa cos libros que estaban en caixas a disposición dos rapaces.
 E aquí fomos nós "á inauguración", o primeiro día cando aínda non tiña libros. 
Fomos a probar a comodidade das instalacións!

 
 

 
  Gustounos moito e volveremos!

Fran, Inés... e dous contos de coelliños

   Inés F. trouxo de convidado para contarnos contos a seu pai. Fran traía dous libros con historias de coellos: SOPA VERDE  e O COELLIÑO BLANCO. Inés estaba encantada con seu pai na clase e preparou as sillas para presentarnos e comezar coas lecturas.


SOPA VERDE é un  texto da portuguesa  Ângela Madeira, ilustrado polo  francés Till Charlier con acuarelas e ordenador. Un libro interesante á hora de motivar aos nenos a comer variado. A primeira infancia é cando se forman moitos dos hábitos da vida e tamén os hábitos alimenticios. Todos vimos nenos e nenas aos que lles costa comer, sobre todo probar cousas novas. Igual que o coelliño caprichoso da historia de SOPA VERDE que só quere comer sopa feita con cousas de cor verde.... Ata que, medio enganado polos seus amigos, proba a sopa de todo o que antes rexeitara. E GÚSTALLE!


                                            A ver cantas de estas  vos gustan!

      O COELLIÑO BLANCO que nos leu Fran, é un dos nosos contos favoritos xa que ten de todo: aventuras, amizade, medo...  E sobre todo un heroi ao que non lle importa o seu pequeno tamaño para axudar a un amigo, cando os que son grandes non se atreveron. Os nenos a primeira vez que o escoitan quedan desconcertados cando ven que os grandes tamén teñen medo, e deseguida se sinten identificados coa pequena formiga valente. Ademáis o libro traballa as rimas de xeito moi divertido.
    Despois de escoitar a Fran fixéronlle algunhas preguntas sobre os personaxes e tamén buscamos no ordenador as verduras verdes que aparecen en SOPA VERDE para facer unha ficha e pintalas. E puxémonos a buscar todo tipo de tonos de verde, mais claros, máis escuros...
   Cando rematou a sesión Inés quedou un pouquiño triste porque non quería deixar marchar a Fran. Pensaba que quedaba toda a mañán!.     
                              Premendo na imaxe podedes ver o KIZOA coas fotos da visita.

Premer AQUÍ
Moitas gracias Fran por compartir este ratiño con nós! 

E  podedes imprimir "a terrible cabra cabresa que si nos salta enriba rómpenos a cabesa!
E con esta lámina tamén podemos  aprender os nomes en inglés!

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::