domingo, 29 de xuño de 2014

FESTA PIRATA

O derradeiro día de cole fixemos unha GYMKANA PIRATA cos nenos: axudados por Adela e Mateo, dous alumnos de 6º  que viñeron disfrazados de piratas, recorremos o patio pasando varias probas para conseguir o BOTÍN. Cada clase levaba unha banda de cor diferente na cabeza para recoñecer as distintas tripulacións: As tripulacións de 9 barcos piratas  e 6 probas para cada clase, en tres patios diferentes!. Estas foron as probas que tivemos que superar:

  1. Buscamos pistas: localizamos e contamos 5 pedras, 5 paos, 5 follas e 5 sementes  que arroxamos no volcán.
  2. Como bos piratas fomos a cazar loros: primeiro con arcos e frechas que era moi dificil ... e despois a pelotazo!
  3. Logo cruzamos un pantano infestado de animais perigosos empregando zancos: era moi dificil!
  4. Aplastamos arañas xigantescas (estoupamos globos a pisotóns!). Esto dousenos xenial!
  5. Pescamos peixes nun océano cheo de tiburóns: é decir un barreño cheo de auga!
  6. E atravesamos unha selva (para eso valeunos o césped do fondo do patio que leva todo a ano sin cortar ... ) para intentar atopar unha pedra de ouro que nos indicaría onde estaba o mapa. Foi Rubén quen  atopou a pedra.   
   Finalmente Adela e Mateo déronnos un mapa do tesouro que nos levou dentro do cole. Alí a profe Arancha  entregounos o noso botín: unha caixa de caramelos e moedas de ouro (que nos comimos na clase... xunto coas provisións que nos mandástedes de casa para compartir. Chegamos agotados a clase....Repartimos as moedas de ouro e os reloxos que lles trouxen como botín!...e asaltamos o barco da comida porque tiñamos unha tremenda fame de piratas!!!        

premer AQUÍ  para ver as fotos da festa pirata
E despois de todo esto: deséxovos que pasedes un bo verán!!!
Vémonos en setembro!


sábado, 28 de xuño de 2014

DÍAS DE LEITUGAS: A NOSA COLLEITA

   Na derradeira semana de clase fixemos as nosas "XORNADAS GASTRONÓMICAS" e comemos as leitugas que plantamos na horta. Totalmente ecolóxicas!. Fixemos a primeira colleita durante a visita de Manuel o pai de Xabi e ese día comemos algunhas, pero como tiñamos moita e tivo tanto éxito, deixamos unhas cuantas na neveira. O seguinte día, xa limpas e es escollidas as mellores follas de leituga, os nenos prepararon e aliñaron a ensalada entusiasmados e logo comérona toda. Igual que a primeira vez, trouxenlles tomatiños cherry, xa que os nosos non medraron a tempo, aínda que estos días pasei pola horta para revisalos, atar e podar os que siguen medrando... e xa temos uns cuantos!. Na horta quedaron tamén as cebolas, os allos e as patacas que colleremos á volta de verán se temos sorte.

   DESDE A HORTA AO PLATO

  Facer unha horta foi unha experiencia moi enriquecedora, divertida e fantástica ao longo do curso, na que vimos de onde veñen os alimentos que comemos a miúdo.  

premer AQUÍ para ver as fotos
os chefs...
os larpeiros: todos ...e todas!
as gastrónomas...


os tomates da nosa horta!
 

venres, 27 de xuño de 2014

COLLENDO LEITUGAS CON MANUEL E XABI

   A semana pasada visitounos Manuel o pai de Xabi. Trouxonos sementes de moitas especies forestais (piñeiros, freixos...). Viña todo equipado con macetas pequenas, etiquetas para poñer nas plantas, etiquetas cos nomes das árbores... e traía ademáis un montón de ideas que imos gardar para o curso que ven!. A nós na clase e a  mín en particular encátanme as actividades relacionadas coas árbores, a horta e o xardín (non sei si e me nota jeje) xa que é o xeito para que os pequenos se acheguen á natureza, o seu coidado, coñecemento e respeto. E Manuel veu cargado de entusiamo así que á volta de verán imos facer máis actividades relacionas con esto.

     Xabi estaba encantado co seu papá na clase e o resto dos nenos e as nenas tamén, fomos á horta e rematou de podarnos o seto das camelias polo alto. Axudaron a recoller as podas, regamos e despois RECOLLIMOS UNHAS CUANTAS LEITUGAS que levamos a clase, preparamos, aliñamos e COMEMOS!. Non quedou nada. ESTABA RIQUÍSIMA!. E hasta a comeron algúns que me dixeron que normalmente non a comen nin na casa nin no comedor: será que as de colleita propia están máis boas!

PREMER AQUÍ PARA VER A VISITA DE MANUEL E A "PRIMEIRA XORNADA GASTRONÓMICA"


martes, 24 de xuño de 2014

O PAI DE SERGIO NA CLASE

 A derradeira semana,  o pai de Sergio veunos visitar a clase. Viña un chisco apurado xa que traballara pola noite, pero deseguida se puxo a contarnos cousas, entre elas que a súa familia ven da Illa de Arousa e como é o seu traballo en Correos. E xa nos picou o gusanillo para o curso que ven cando falemos das profesións!. Todos estaban moi emocionados e Sergio estaba que non cabía en sí. Primeiro presentáronse todos por si houbese alguén a quen aínda non coñecese. Logo veu con nós á hortiña e os pequenos ensináronlle as leitugas, tomates, allos e cebolas. Regamos os porrales  e, como Dani é moi alto, "aproveitámonos un chisco" e puxémolo a podar o seto das camelias por arriba... e todos lle axudaron a recoller as polas. Non había polas para tanto axudante!. Rematamos a clase dibuxando a Dani (todos o puxeron con gafas) e regaláronllo para levar a casa. 
Unha mañá moi divertida e todos o pasaron moi ben co pai de Sergio.
 Moitas gracias Dani por vir a clase!
Premendo en este kizoa vedes as  fotos de como nos foi a mañá!

mércores, 18 de xuño de 2014

SIMULACRO DE INCENDIO

   Onte realizamos o simulacro de incendios incluido no Plan de Autoprotección que se ten que levar a cabo en todolos centros. Nós plantexámolo como un xogo, para que lle perdesen o medo, pero o bastante en serio como para que se decatasen  da finalidade do simulacro. Cando sonou a alarma, puxémonos en fila, pechei as ventanas, apagamos as luces e, xa listos para saír ...vimos a Emma tranquilamente sentada rematando o seu dibuxo!. Puxémola coma un foguete na fila e saímos deixando a papeleira diante da porta para indicar ao encargado de planta que esta aula xa estaba lista. 
  Realizamos a evacuación moi rápido (seique en catro minutos!) e, cando estabamos xa reunidos cos alumnos de primaria no punto de concentración, chegaron os bombeiros: entón foi cando algúns dos máis pequenos chegaron a pensar que o lume podía ser real e levaron un sustiño... Despois, cando entraron os bombeiros no pavillón, xa perdemos medos, vergonzas e reparos... Falaron cos bombeiros, que nos deixaron probar o casco, despois demos voltas para ver de cerca os camións e rematamos falando coa policía que controlaba o simulacro.
premer aquí para ver as imaxes do simulacro


xoves, 12 de xuño de 2014

VISITANDO AS HORTA URBANAS DE BERTAMIRÁNS

 O xoves visitamos as hortas urbanas de cultivo ecolóxico e sostible de Bertamiráns. Unha visita que os nenos esperaban ansiosos e que por causa da choiva xa fora posposta. Abreunos a porta Rita, a nai de Iker, e xunto con varios dos propietarios das parcelas que estaban por alí traballando ensinounos o que cultivan. Rita, Arturo, Carlos e os demáis recibíronnos con moita paciencia e amabilidade xa que eramos máis de 70 "invasores" ( o que supón 140 pes pisando por onde podían), pero parece que tivemos bastante coidado!.
Quedamos pasmados da cantidade e variedade das verduras e hortalizas que tiñan.  Xa coñecían os tomates, leitugas e cebolas, porque as plantamos na nosa hortiña, pero de outras tantas moitos non sabían nada: chicharos, allo-porros, repolos, fabas... Ensináronnos as plantas aromáticas, das que coñecían a menta e o perexil, pero tamén viron, tocaron e uliron albahaca, tomillo...  Despois entrounos a fame e cruzamos o rio ata o parque, merendamos (tanto falar de verduras para comer, vese que lles dou fame! nada máis chegar xa escoitamos: "cando comemos, cando comemos???"). Despois xogamos un bó rato hasta que nos  chegou a hora de volver.  



       Os alumnos de ed. infantil teñen que acadar  competencia no cóñecemento e interacción co mundo físico. Eso conséguese mediante actividades que potencien o contacto con determinados aspectos naturais e ten relación directa cunha das áreas máis importante neste ciclo: o coñecemento do contorno.  Os espacios exteriores ofrecen ao neno a posibilidade de empregar materiais e obxetos  non habituais na escola e na casa (pedras, animais, plantas…) que fomentarán una cualidade imprescindible para o traballo nas ciencias: A CURIOSIDADE. A chave do método científico, que se non se consegue acadar nas primeiras etapas, difícilmente dará froito nos traballos dos futuros investigadores.

 En este kizoa póñovos as fotos da visita.
Gracias a todos os propietarios que nos ensinaron as súas hortas 

premer aquí para ver a presentación


luns, 2 de xuño de 2014

VISITA A FEIRACO: DE ONDE VÉN O LEITE?

  Fai uns días fomos de visita á granxa que Feiraco ten en Mazaricos (máis de 500 vacas). Na viaxe os nenos estaban impacientes e algúns non pararon de contar os camións do leite cos que nos cruzábamos. Cando chegamos recibironnos dúas monitoras máis o escritor Kike Mauricio e o ilustrador Carlos Taboada, que nos contaron o proceso do leite desde as vacas hasta as nosas casas. Explicáronnos como se muxen as vacas, o paso ao tanque de frío e despois o proceso de calor no que se destruen as bacterias e logo o envasado. Empregaron o enorme mural que teñen na granxa e o conto do que ambos son autores: De onde vén o leite?. E contaronnos tamén o conto da vaca Chenoa.
   Ademáis, como xa vos dixera, ensináronnos a debuxar vacas e despois fomos a velas. A maioría quedaron "sorprendidos" polo olor e polo tamaño, xa que a gran maioría nunca vira vacas tan de preto... Pero o que máis nos gustou foi que  pudemos darlles o biberón os cuxos! E costounos arrancar de xunto aos pequenos...

domingo, 1 de xuño de 2014

APRENDEMOS A COSER CON SOLE

   O venres visitounos Sole. Clara estaba toda emocionada xa que súa nai iba a enseñarnos como se fai unha saia de princesa e un pantalón de príncipe. Trouxo unhas teas preciosas: tafeta e organza bordada de cor vermella, satén azul e unha cinta que os deixou boquiabertos! (sobre todo cando dixo que nos deixaba na clase o que sobrase...). Sole traía os patróns en papel e explicounos a importancia do traballo do patronista: tomar ben as medidas e  cortar polas marcas para acertar coas tallas e que a roupa sentase ben. Contounos que agora moitas cousas fainas o ordenador: dibuxar os patróns, cortar nunha mesa enorme, coser...
    Logo fixo as pezas, cortounas e coseunas de paso que nos explicaba todo proceso hasta que se fai a primeira proba na modelo, que en este caso, por suposto, foi Clara. O resultado foi unha saia preciosa de princesa e uns pantalóns de satén que lles encantaron. Despois dibuxamos a sesión e nos dibuxos empregamos anacos de teas e a "cinta de diamantes" que decían eles. Aparte das xoias, tivo moito exito a organza bordada xa que con ela fixeron pelos, bolsos, flores, e vestidos....
   
Pasámolo moi ben e disfrutaron moito empregando as teas.   
                               Moitas gracias Sole!

    En esta presentación  podedes ver as fotos da sesión e os debuxos con iniciación ao deseño que fixeron...
premer AQUÍ para ver as fotos