O derradeiro día de cole fixemos unha GYMKANA PIRATA cos nenos: axudados por Adela e Mateo, dous alumnos de 6º que viñeron disfrazados de piratas, recorremos o patio pasando varias probas para conseguir o BOTÍN. Cada clase levaba unha banda de cor diferente na cabeza para recoñecer as distintas tripulacións: As tripulacións de 9 barcos piratas e 6 probas para cada clase, en tres patios diferentes!. Estas foron as probas que tivemos que superar:
- Buscamos pistas: localizamos e contamos 5 pedras, 5 paos, 5 follas e 5 sementes que arroxamos no volcán.
- Como bos piratas fomos a cazar loros: primeiro con arcos e frechas que era moi dificil ... e despois a pelotazo!
- Logo cruzamos un pantano infestado de animais perigosos empregando zancos: era moi dificil!
- Aplastamos arañas xigantescas (estoupamos globos a pisotóns!). Esto dousenos xenial!
- Pescamos peixes nun océano cheo de tiburóns: é decir un barreño cheo de auga!
- E atravesamos unha selva (para eso valeunos o césped do fondo do patio que leva todo a ano sin cortar ... ) para intentar atopar unha pedra de ouro que nos indicaría onde estaba o mapa. Foi Rubén quen atopou a pedra.
Finalmente Adela e Mateo déronnos un mapa do tesouro que nos levou dentro do cole. Alí a profe Arancha entregounos o noso botín: unha caixa de caramelos e moedas de ouro (que nos comimos na clase... xunto coas provisións que nos mandástedes de casa para compartir. Chegamos agotados a clase....Repartimos as moedas de ouro e os reloxos que lles trouxen como botín!...e asaltamos o barco da comida porque tiñamos unha tremenda fame de piratas!!!
premer AQUÍ para ver as fotos da festa pirata |
E despois de todo esto: deséxovos que pasedes un bo verán!!!
Vémonos en setembro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!