O xoves visitamos as hortas urbanas de cultivo ecolóxico e sostible de Bertamiráns. Unha visita que os nenos esperaban ansiosos e que por causa da choiva xa fora posposta. Abreunos a porta Rita, a nai de Iker, e xunto con varios dos propietarios das parcelas que estaban por alí traballando ensinounos o que cultivan. Rita, Arturo, Carlos e os demáis recibíronnos con moita paciencia e amabilidade xa que eramos máis de 70 "invasores" ( o que supón 140 pes pisando por onde podían), pero parece que tivemos bastante coidado!.
Quedamos pasmados da cantidade e variedade das verduras e hortalizas que tiñan. Xa coñecían os tomates, leitugas e cebolas, porque as plantamos na nosa hortiña, pero de outras tantas moitos non sabían nada: chicharos, allo-porros, repolos, fabas... Ensináronnos as plantas aromáticas, das que coñecían a menta e o perexil, pero tamén viron, tocaron e uliron albahaca, tomillo... Despois entrounos a fame e cruzamos o rio ata o parque, merendamos (tanto falar de verduras para comer, vese que lles dou fame! nada máis chegar xa escoitamos: "cando comemos, cando comemos???"). Despois xogamos un bó rato hasta que nos chegou a hora de volver.

Os alumnos de ed.
infantil teñen que acadar competencia no cóñecemento e interacción co mundo físico. Eso conséguese mediante actividades
que potencien o contacto con determinados aspectos naturais e ten relación
directa cunha das áreas máis importante neste ciclo: o coñecemento do
contorno. Os espacios exteriores ofrecen
ao neno a posibilidade de empregar materiais e obxetos non habituais na escola e na casa (pedras,
animais, plantas…) que fomentarán una cualidade imprescindible para o traballo
nas ciencias: A CURIOSIDADE. A
chave do método científico, que se non se consegue acadar nas primeiras etapas,
difícilmente dará froito nos traballos dos futuros investigadores.
En este kizoa póñovos as fotos da visita.
Gracias a todos os propietarios que nos ensinaron as súas hortas
Gracias a todos os propietarios que nos ensinaron as súas hortas
premer aquí para ver a presentación |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!