venres, 30 de abril de 2021

Paxariños de pompóns

    Nas saídas que facemos polo entorno, e nalgunha ocasión tamén polo patio, pudemos ver algunhas aves, a maioría pequenos paxariños (pardais, lavandeiras, paporrubios...) pero tamén pudemos ver outras especies máis grandes miñatos, corvos, merliñas, pombas e algunha gaivota despistada que deixou o mar polos basureiros de interior. Están fascinados polos miñatos que vemos voando en círculos sobre Castrigo e xa son expertos en recoñecer a súa silueta e chillidos. 

Para desenvolver a creatividade e as destrezas manuais nesta ocasión fixemos uns paxariños empregando pompóns  e todo o que se nos iba ocurrindo de entre os materiais que temos pola clase. 


 

domingo, 25 de abril de 2021

Unha estanteiría para o Día do libro

 Na clase respondimos á pregunta do Equipo da Biblioteca sobre que é para nós un libro? facendo este mural. Uns decían  que son para ler, para que nolos lean os papás, outros para aprender, para divertirse, para escribir... e outros dixeron cal era o seu libro favorito. E todo o puxemos nesta estanteiría que colocamos cos outros murais nos corredores do colexio:

 ademáis os libros son o noso paraugas contra a ignorancia...



Marcapáxinas para o día do libro

 O venres 23 de abril celebramos o día do libro facendo estos bonitos marcapáxinas que levamos para casa. Levan a nosa mascota Chanclas.




 

luns, 19 de abril de 2021

Xardíns de plastilina

    Desde que comezou a primavera, os nenos están fascinados polas flores que nos nacen no pequeno xardín do cole e cada vez que pasamos andan recollendo flores e pétalos caídos. Na anterior entrada vimos o mural que fixeron con todo o recollido de pasada. E estos días puxémonos a facer pequenos xardín de plastilina  sobre unha cartulina

   O máis dificil para eles foi non deixarse levar polo exceso de volumen e ser capaces de coller poucas cantidades, xa que ibamos comprobando que se despegaban e caían. Quedáronnos uns minixardíns moi bonitos e algúns engadiron paxaros e incluso cegoñas coas súas plumas brancas e negras.

mércores, 14 de abril de 2021

A primavera

 

  Os elementos naturais son o mellor xoguete para os nenos e o ser humano en xeral sinte a necesidade de ter cerca algo de natureza... Na clase somos moi dados a recoller canta folla, flor, semente, pedra ou pauciño que atopamos polo camiño hasta o patio. Nas saídas xa nin vos conto!. Pero de camiño ao recreo non pasamos por moita zona verde. Aínda así van mirando para o chan buscando o máis mínimo anaco vexetal para xogar con el... e cando volvemos fan o mesmo. O que non poden é arrincar nada, para que todos poidan disfrutar das escasas zonas verdes e floridas que temos. Agora mismo están en flor as glicinias, os xazmíns, camelias e rododendros e imos apañando o máis pequeno pétalo ou folla caida. Así, os nenos coleccionan, crean composicións, inventan  xogos e desenvolven a creatividade. Un deses días, recén comezada a primavera, improvisamos esta actividade: do que traían nos petos (e que vos levan as mochilas cheas) fixeron unha selección e cada un pegou unha parte nunha cartulina. E quedounos así: o mural da primavera.


    

Despois escribimos o nome da estación que comezaba.


domingo, 11 de abril de 2021

Unha Chelidra na clase!

 

 A CHELIDRA serpentina, tartaruga lagarto ou tartaruga mordedora americana é unha especie que se caracteriza polo seu tamaño, polo longo pescozo e por ter unha cola tamén moi longa e con unha serie de picos que lle dan un aspecto prehistórico. O profe Rubén trouxonos unha a clase para que os nenos a pudesen ver e explicounos cómo se alimenta, de onde ven, cómo se comporta e cómo se debe coidar. Esperamos ata agora porque ven de hibernar case 6 meses con mínima actividade. No seu medio natural come peixes e outros pequenos animais, incluso paxaros que atrapa lanzando o pescozo a gran velocidade!. Quedamos fascinados por esta prima lonxana da nosa mascota Chanclas: só se parecen no nome, xa que esta debe pesar uns 14 kilos!.  Moitas gracias Rubén por esta clase!


 

martes, 6 de abril de 2021

As bolsas dos traballos do 2º T

 

Para levar os traballos do 2ºT  decoramos bolsas de papel. Como eran de cor verde escollimos como tema a primavera. Despois cada un deixouse levar pola imaxinación e escolleron o material que querían: goma eva de purpurina, cartulinas lisas, onduladas, papeis de cores, rotuladores, ceras, ollos, gomets... o que se nos iba ocurrindo. Desde que vimos os lapbooks co traballo sobre Tarsy Carballas a moitos gústalles meter solapas e papeis plegados nos traballos e aínda que non se aprecie moito nas fotos, levan moitos debuxos pegados de xeito que por exemplo as volvoretas parecían estar pousadas  nas bolsas e a punto de voar e as serpes agochábanse detrás das herbas...







 

 

luns, 5 de abril de 2021

O libro dos dentes

  Esta temporada comezaron a caer moitos dentes de leite na clase e a saír os de maiores, así que aproveitamos e durante un par de semanas falamos de dentes e de saúde dental e fixemos un libro.    Recortamos todas as páxinas con forma de dente e en cada unha delas fomos pegando as fotos das nosas dentaduras, os dentes que dibuxamos, os que recortamos e pegamos...

 

  Fixemos un rexistro para ir levando a conta dos que xa nos caeron, láminas con hábitos de hixiene dental, nomes dos dentes e clasificamos imaxes de alimentos que son máis ou menos saudables pola cantidade de azucre que poden ter. E tamén fixemos un vocabulario relacionado.