Para levar os traballos do 2ºT decoramos bolsas de papel. Como eran de cor verde escollimos como tema a primavera. Despois
cada un deixouse levar pola imaxinación e escolleron o material que
querían: goma eva de purpurina, cartulinas lisas, onduladas, papeis de
cores, rotuladores, ceras, ollos, gomets... o que se nos iba ocurrindo. Desde que vimos os lapbooks co traballo sobre Tarsy Carballas a moitos gústalles meter solapas e papeis plegados nos traballos e
aínda que non se aprecie moito nas fotos, levan moitos debuxos pegados
de xeito que por exemplo as volvoretas parecían estar pousadas nas
bolsas e a punto de voar e as serpes agochábanse detrás das herbas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!