Desde que comezou a primavera, os nenos están fascinados polas flores que nos nacen no pequeno xardín do cole e cada vez que pasamos andan recollendo flores e pétalos caídos. Na anterior entrada vimos o mural que fixeron con todo o recollido de pasada. E estos días puxémonos a facer pequenos xardín de plastilina sobre unha cartulina.
O máis dificil para eles foi non deixarse levar polo exceso de volumen e ser capaces de coller poucas cantidades, xa que ibamos comprobando que se despegaban e caían. Quedáronnos uns minixardíns moi bonitos e algúns engadiron paxaros e incluso cegoñas coas súas plumas brancas e negras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!