domingo, 30 de outubro de 2011

O QUEIXO

         

Hai uns días Miguel foi de viaxe á casa de seus avós en Zamora, nun pobo cun nome ben bonito, Torres del Carrizal, non sei si será polos carrizos-paxaros  ou polos carrizos-prantas... Bueno, a historia é que alí, os primos de Miguel teñen unha queixería (Lavrvs) e alí estivo facendo queixos. 


         Á volta da viaxe, contounos todo sobre o proceso da elaboración do queixo (case desde os romanos...) e ademáis, Juan, o pai de Miguel, mandounos esta powerpoint na que se vé ao pequeno queixeiro e á súa irmá Sara.

          Estos días, na clase parecía que estabamos nos Outonos Gastronómicos: probamos e elaboramos diferentes productos relacionados co millo, coas cabazas etc... e, como non, tamén lles dei a probar o queixo que nos trouxo Miguel. Primeiro corteilles unhas lisquiñas porque pensaba que como era de leite de ovella igual lles parecía algo forte... Pero en canto o probaron, quixeron máis ...
 e acabamos comendo ata a codia!
 Só deixamos a etiqueta e o lacre. E todos os que o probaron opinaron que estaba delicioso!.

xoves, 27 de outubro de 2011

BISCOITO DE CABAZA

      O outro día Anxo trouxonos á clase unha supercabaza para decorar no Samaín. A cabaza doulla a súa avóa Lola  que según el tiña cabazas aínda máis grandes que esta. É unha enorme cabaza que pesaba un mundo e case todos intentaron levantar... e a pesar desas probas de resistencia durou enteira sen escachar.... puxémola coas outras cousas do outono que temos na clase, cabaciñas de formas raras, millo e  follas de cores, landras e un pouco de todo.

                                               Había que preparar a cabaza e o mércores puxémonos a vaciala: costounos porque estaba dura. Pero conseguimos quitarlle bastante carne e as pepitas (queremos secalas para comer, porque a Lara gústanlle moito e logo a ver si podemos prantar as que queden... si é que quedan ).
      Con unha parte da carne que lle quitamos fixenlles unha sopa de cabaza como a que sae no conto (eu engadinlle cenoria, un puerro, dous queixiños e sal) e hoxe probáronna case todos.

      Co resto, hoxe preparamos un biscoito de cabaza: con fariña, azucre, 4 xemas de ovo, levadura, clara a punto de neve e un vasiño de aceite. Mesturamos os ingredientes , despois metímola no forno, escribimos a receita e esperamos 45 minutos a 180º .
     
Toda a clase tiña un rico arrecendo a biscoito!.
 Estaba moi rica!

neste  1º video  preparamos a cabaza

neste 2º video fixemos o biscoito ... e comemos todo!

     


mércores, 26 de outubro de 2011

PALABRAS FERMOSAS

        Estos días na clase temos unha maleta que nos mandou Leodoro, o trasno da Biblioteca. (Para coñecer esta nova actividade picade aquí ). A maleta está chea de contos e hoxe contamos "O ladrón de palabras" de Anxo Fariña. Nel cóntase como un malvado persoaxe anda a roubar cunha aspiradora as palabras de toda a xente da cidade e o que os tres protagonistas teñen que facer para recuperalas, xa que senón non poderán volver falar nin escribir.
       Falamos da forza e do poder que teñen as palabras: de como nos fan sentir cousas. Tamén falamos dos insultos  e das mentiras, xa que se lembraron do conto "A cousa que máis doe do mundo" (preguntádelles cal é esa cousa).
      
       E despois, intentamos buscar a palabra que para cada un de nós era a máis bonita de todas. Tiago foi o primeiro, púxose tenro e dixo "AMOR", pero para explicar porqué lle gustaba contoumo a carón do  oido, xa que lle daba vergoña: parece mentira o que lles costa decir palabras bonitas ou expresar algúns sentimentos diante dos outros, sobre todo aos nenOs. Pero despois arrancamos e esto foi o que nos saleu (eu só transcribo as súas palabras, e hoxe só estabamos 20 en clase) :

AMOR (Tiago): "porque és lo que me dan mi papá y mi mamá".
BESARSE (Mauro) : "porque me gustan las chicas" . Esto dixollo baixiño ao que estaba ao lado.
HELADO (Claudia): "porque me gusta el verano"
ORQUESTA (Guillermo): "porque suena música"
ARCO IRIS (Yussef ) : "porque tiene muchos colores bonitos"
CORAZON (Anxo) : "porque mamá es muy buena"
OSITO (Rodrigo): "porque cuando ERA pequeño tenía uno para dormir"
ESTRELLA FUGAZ (Lara): "porque brilla moito e podes pedirlle desexos"
CARIÑO (Brais): "porque me lo llama mi mamá"
MAMÁ (Nicolás): "porque la quiero mucho"
CUIDAR (Alejandro): "porque hay que cuidar a los animales,  a Los bebés,  a la gente y... y al mundo"
LIBRO ( Christian): "porque me lo lee mi mamá al acostarme"
BICI (Aquiles): "porque es mi juguete favorito"
CORAZÓN (Alba T.) : "porque mi mamá me llama corazón"
SOL (Irene) : "porque me dá mucho calor y me gusta"
GLOBO (Aroa): "porque me gustan mucho sus colores"
HOJAS ( Celia ): "porque tienen muchos colores en otoño"

CALABAZA (Pablo): "porque me gusta la sopa de calabaza"
CEREBRO (Miguel) : "porque pienso mucho"
ABRAZO (Noa) : "porque papá y mamá siempre me abrazan"

       Eu, pola miña parte, creo que engadiría PROFE: "porque non sei en que outra profesión podes oir estas cousas tan bonitas e ver como, a pesar do moi movidiños que somos, se poñen a funcionar estas cabeciñas".

      Por certo, como conclusión do libro, o autor e máis nós chegamos a que "as palabras nunca se poderían perder, porque nacen ou salen ou se fabrican na cabeza e no corazón". Como vedes, hoxe estaban inspirados!
 ¡SE É QUE SON UNS POETAS! 

Os "escolledores" de 6º C

luns, 24 de outubro de 2011

O Outono de Vivaldi

       Despois de "intentar coñecer os fundamentos científicos" das variedades cromáticas que se dan no outono, sempre podemos volver á simple observación da súa beleza acompañada da fermosa música de Vivaldi. Incrible a beleza que cabe nunha soa folla destas árbores (probablemente americanas ou canadienses). Nos nosos bosques predominan os dourados, marróns e amarelos en todas as súas variedades.
Otoño
View another webinar from Isidro Vidal
   Tamén pasou en outono!






    
        Por desgracia non podemos esquecer a cor negra que deben estar a sufrir agora polos montes ourensans. Unha perda inmensa que se ven sumar ás de anos anteriores, que parece que non ten fín e que se nos descoidamos fará que perdamos as  nosas señas de identidade e o noso futuro.

domingo, 23 de outubro de 2011

AS CORES DO OUTONO


       No outono, cando miramos as árbores, vemos que unhas son de folla perenne e outras de folla caduca e que nelas mestúranse distintos tons de verde, amarelo, marrón, laranxa e vermello. Cada unha desas cores ten a súa razón de ser.




Cómo se lle explica aos nenos os procesos que teñen lugar no outono?
.podemos contarlles o conto do paxariño ferido e a árbore malvada? *
.ou, tamén, unha versión científica (algo máis sinxela  do que vos poño a continuación).


    


 * ( Déstesvos conta de que o carballo, a árbore máis fermosa, útil e representativa de Galicia, nese conto aparece como egoísta e malvado?. E de que en castigo polo seu mal comportamento co paxariño ferido perde todas as súas follas. Transformamos un feito natural nun castigo !)                

     Aínda que os máis pequenos viven inmersos no realismo máxico tamén son pequenos científicos, con capacidade de observación e interés polo seu entorno. Son tamén capaces de plantexar hipótesis e construir teorías que expliquen os fenómenos que os rodean. Non teñen por qué ser atinadas, pero son intentos de comprender a realidade.  Non debemos negarlles a posibilidade "dentro das súas capacidades" do acceso ao pensamento científico. De cómo se lles permita acceder á Ciencia depende o seu futuro interés por ela.

Aquí vai a explicación científica dos cambios de cor outonais:

na clase falamos da fotosíntesis e da clorofila
     As plantas son seres vivos que captan directamente a enerxía do sol e convértena en enerxía química. Só elas son capacesde realizar este proceso. Iso faino a molécula de clorofila que é a sustancia encargada de absorber a luz. Unha folla é como unha fábrica de alimentos. Procedente da raíz, a través do talo, un conxunto de finísimos tubos entran polo pecíolo, ou rabillo, da folla e se ramifican polos nervios ata alcanzar toda a superficie. Estos tubos constitúen a rede de transporte particular da planta: levan auga e sales minerais ata a folla, alí, grazas á clorofila que capta a enerxía luminosa, combinan eses ingredientes co dióxido de carbono do aire para fabricar os alimentos que a planta necesita para vivir.
      
A clorofila é un pigmento que absorbe todas as cores que compón a luz branca do Sol, menos o verde. Por esa razón as plantas son verdes, é a cor rexeitada, ou dispersado, pola clorofila. A folla funciona como fábrica de alimentos sempre que haxa luz solar e auga dispoñible. Ao chegar o outono os días fanse máis curtos e fríos e a planta prepárase para o inverno.
       No rabillo ou pecíolo de cada folla, cerca do punto de unión á rama, existe unha porción lixeiramente máis grosa chamada zona de abscisión. Durante o verán, as conducións que levan a auga e os alimentos -a savia- atravesan esa zona sen problemas pero cando chega o outono, as células que compón a abscisión comezan a incharse e van estrangulando aos poucos os condutos que unen a folla co resto da planta. A zona de abscisión vai tomando un aspecto encortizado e chega un momento no que interrompe totalmente o fluxo de savia. 
       Cando a comunicación interrómpese, a glucosa e os produtos de refugallo quedan atrapados na folla e, sen o achegue de auga, a clorofila comeza a degradarse. A medida que a cantidade de clorofila diminúe, a cor verde vai desaparecendo e outros pigmentos comezan a verse.
      Algunhas plantas, por exemplo, o arce e o carballo americano utilizan a glucosa almacenada nas follas para producir uns pigmentos de cor vermella intenso, chamados antocianinas. As antocianinas son sustancias antioxidantes que abundan en moitas plantas, por exemplo, danlle a cor vermella á pel dalgunhas variedades de mazá e á uva da que sae o viño tinto. Algúns científicos pensan que este colorante actúa como anticonxelante, evita que as follas se conxelen inmediatamente e prolonga o tempo que se manteñen unidas á árbore, dese xeito a planta pode extraer os azucres e outras sustancias que teñen almacenadas as follas. Outra teoría defende que as follas mortas que se acumulan no outono liberan as antocianinas ao chan para impedir, co seu efecto tóxico, que nazan plantas que poderían competir coa árbore na primavera.
       

A cor marrón dalgunhas follas débese aos taninos, un tipo de pigmentos que se producen pola acumulación das sustancias de refugallo. A cor laranxa débese ao caroteno e o amarelo ás xantófilas, ambos son carotenoides, un grupo de pigmentos moi comúns nas flores e nalgúns alimentos como as cenorias, os plátanos ou a xema de ovo. Algunhas desas sustancias existen habitualmente nas follas pero en menor cantidade que a clorofila, moito máis abundante, e por esa razón só saen á luz cando a clorofila desaparece.
        
      Dependendo da especie de árbore, e do tempo atmosférico durante os días de outono, as cores toman  protagonismo e proporcionan ao bosque unha gama extensa de tons que lle dan unha beleza especial. Cando o frío avanza e chega o inverno, as células que forman a zona de abscisión, que sela o paso de fluídos entre as ramas e as follas, vanse degradando, as follas perden a súa conexión á rama e caen. As árbores, axudados por unha simple brisa, íspense do seu abrigo de follas e esperan pacientes a chegada da primavera.
os pequenos científicos no souto do Sr Manuel o outono pasado

venres, 21 de outubro de 2011

A voltas co millo!

      Estos días andamos a voltas co MILLO: na clase temos espigas  de diferentes cores,  aínda que a maioría dos nenos hoxendía pensan que todo o millo é amarelo. Esta é por certo, unha idea moitas veces fomentada desde as escolas e os libros, sobre todo os que son para os máis pequenos: cousas amarelas? cha, chan! o sol, os plátanos,os ovos,  o millo!
      POIS NON!. Os mellores plátanos teñen manchiñas marróns, a xema dos ovos pode ser máis ben de cor laranxa (ou blancuxa se son de pato), o sol pode ser vermello e o millo pode ter moitas máis cores: amarelo, vermello, blanco, laranxa, raxado e ata negro.

Cal é entón o motivo de que moitos asocien o millo só coa cor amarela?.
      Por unha banda están como dixen os libros para os pequenos, pero por outra está a realidade: a maioría do millo que se cultiva agora é a variedade híbrida americana, disque por rentabilidade económica. E así, pouco a pouco, foron desaparecendo todas esas outras clases de millo tan fermosas que nos viñeron de América, facendo ademáis peligrar a diversidade xenética que enriquecía os cultivos para facelo resistente aos insectos e ás pragas. Por certo, en moitos países estase a debatir a conveniencia ou non de permitir alimentos transxénicos, xa que se anda xogando co ADN... pero en concreto España é un dos países con máis cultivos xenéticamente modificados.... ( Aquí teríamos moito de que falar sobre as alerxias, intolerancias alimentarias etc.. que cada vez máis afectan aos nenos.)
       
     Hai probas de que se cultivaba millo polos menos desde uns 7000 anos e  Cristobal Colón, do que falamos na clase o outro día, veuno por primeira vez na illa de Cuba en 1492 na súa primeira viaxe e foi quen o trouxo a Europa. Pero foi no século XIX cando os americanos empezaron a desenvolver variedades seleccionadas  que a partir de mediados do século XX tamén foron modificadas xenéticamente

Pero bueno, volvamos as cores! Na clase, cando pintamos algo, antes procuramos facer unha labor de observación e por eso nos gustan tanto as mesturas: nin o ceo é sempre azul, nin as nubes sempre brancas, nin as follas son todas verdes... 

Así que na clase pudemos ver millo de varias cores pero despois, como somos como somos, fomos debullando pouco a pouco as espigas... ata deixar só os carozos. ¿Que podíamos facer cos graos debullados? Non se ían perder... Así que  prantámolos polas macetas da clase... e enchemos as ventás con prantiñas de millo. 
Tamén vimos como se pode empregar na arte e as manualidades: usamos fariña de millo (caducada) para darlle textura á pintura, pódese empregar en manualidades con bolas de cores de composición similar aos gusanitos  e as follas e os carozos eran usadas antigamente para facer xoguetes...


        E hoxe vimos varias maneiras sabrosas de alimentarnos con este cereal: comimos millo en forma de palomitas e millo cocido ...
somos tirando a larpeiros!

PAISAXE DE OUTONO

"Paisaxe de outono con catro árbores"
Vincent Van Gogh
     Cando deu comezo o OUTONO, na clase falamos dos cambios climáticos (que non se estaban a producir) falamos das cores do outono que estaban a aparecer nas árbores e entre outras cousas falamos de como diversos pintores interpretaban este tempo. Un dos cadros que atopamos foi "Paisaxe de outono con 4 árbores" de Vincent Van Gogh.
     Entre todos fixemos unha análise do cadro: contamos as árbores, separamos o fondo das figuras, estudiamos as cores que tiña o cadro e probamos  mesturas  para obter diferentes marróns. Probamos a facer diferentes texturas para que as nubes parecesen máis esponxosas e as cortezas das árbores máis duras e rugosas e utilizamos unha mestura de témpera, cola e fariña de millo. Tamén comparamos coas cores que vemos no entorno e coas follas que están a traer os nenos e empezamos a facer un mural de outono: saleunos un cadro ao que lle chamamos evidentemente "Paisaxe de outono con 12 árbores" (todas as que nos colleron no papel...). E por último sacamos unha foto de todos co mural de fondo e algunhas das cousas de outono que fomos xuntando estos días. (Como hoxe Alba non estaba, coloqueina despois co fotoshop na foto de grupo).  

Os pintores

xoves, 20 de outubro de 2011

Cantando baixo a choiva !

      












    POR FÍN, hoxe asomou a choiva, ben é certo que algo escasa, pero parece que xa está por aquí. E  non puiden evitar que me viñese á memoria esta escena dun clásico.



Que non pare e que podamos seguir cantando baixo a choiva na terra dos mil rios!

sábado, 15 de outubro de 2011

AÍNDA NADA ?

     Agora que estamos no outono, aínda que non o pareza!, os nenos están a traer a clase follas de tódolos tamaños e cores, poliñas de árbores, piñas (a Irene encántanlle!) e tamén sementes diferentes. As máis abondosas son as landras e temos unha boa colección de tódolos tamaños. Algunhas destas cousas estamos a usalas para facer unha escultura de outono, outras están a secar nas ventás e as máis delas plantámolas nas macetas da clase: van sair carballos para reforestar a Maía enteira!.
   O que pasa é que somos uns impacientes e deseguida queremos ver o que medra . Na clase temos un contiño sobre as plantas e a paciencia que se chama  "AINDA NADA"  de Christian Voltz e do que acabo de atopar en you tube esta animación en plastilina realizada por Diana Tessari.




    E para os pequenos impacientes, aquí vemos un lapse time sobre a xermolación das sementes. É  a parte do proceso que non podemos ver habitualmente, xa que sucede baixo terra, aínda que na clase temos plantacións de patacas e, neste momento de millo vermello, nun bote grande de plástico transparente que nos deixa ver  a formación das raices e o seu crecemento.





o noso millo vermello

domingo, 9 de outubro de 2011

ZUME DE MARACUYÁ


maracuyá, ver máis

     Durante o outono, no cole falamos das castañas, das avelás, noces, mazás, etc... que son froitos que temos habitualmente ao noso arredor. Pero cada vez máis, podemos ver  froitos exóticos e que tamén maduran no outono. Esta semana unha compañeira trouxonos os froitos do maracuyá, que en Canarias e Hispanoamérica lle chaman parchitas e do que por aquí temos unha variedade á que lle chamamos pasionaria,  pola curiosa forma das súas flores. Esta é unha trepadora que da froitos de cor laranxa e que veredes por algúns xardíns de Bertamiráns. Pero a nosa é a variedade de froito morado, máis dura e sabrosa. Con este froito contáronnos que fan un zume moi sabroso e puxémonos mans á obra.

 Como remate ata os máis indecisos, salvo dous, decidiron probalo e moitos quixeron incluso repetir. 
Estaba moi rico!







Esta foi a nosa experiencia.

domingo, 2 de outubro de 2011

Mesa de luz

         Estos días os nenos e as nenas da clase andan todos emocionados porque na clase temos un aparello novo: unha mesa de luz. Ven sendo unha mesa como as dos dibuxantes ou dos arquitectos. Resulta que, hai un par de anos, unhas mestras deste centro foron facer unha viaxe de estudos ás escolas infantis de Reggio Emilia en Italia que siguen as ideas do  pedagogo Loris Malaguzzi. Alí viron como nas aulas dos máis pequenos se utilizaba, entre outras cousas moi interesantes, este material. Vendo todas as fascinantes  posibilidades que ten a mesa, intentamos conseguilas para o cole, pero como levabamos un tempiño esperando e no mercado non se atopan asequibles e adaptadas ... puxemos mans á obra. Así que, aproveitando unha mesa da clase e coa colaboración de Vicente, o conserxe, un par de barras fluorescentes, varios listóns de madeira, cristal laminado a proba de nenos, claviños e pegamento extraforte, serramos dous ocos de tamaño Din A3 e construimos esto:



  

   





     
     Agora xa estamos a traballar na mesa: fixemos traballos de grafomotricidade, experimentamos con acetatos facendo  mesturas de cores, observamos transparencias, etc e estamos buscándolle máis  usos... Como a mesa ten dous ocos, permite o traballo nela de dous nenos á vez.  

 
  







estes dous enlaces serviránvos: