mércores, 25 de xaneiro de 2012

Os castelos na Maía

            Os nenos de cinco anos seguen a facer castelos e a falar das Torres de Altamira: un dos máis grandes e fermosos castelos de Galicia, construido hai máis de 1000 anos, no século IX, sobre os restos dun castro, que chegou a ter seis torres, e do que aínda agora nos maravilla pasear polas súas ruinas. 
           Todo xurdeu por un xoguete. Por si non o contaron, antes do Nadal, chegounos á clase un xogo de exin castelos, dos de antes, con moitas pezas, que lles encantou e no que xa son auténticos expertos constructores. Xa nos contaron algúns, que despois lle pediron o xogo aos reis Magos!. Ao principio costáballes moito ensamblar paredes estables e colaborar, pero pouco a pouco están aprendendo a compartir as pezas e a facer un castelo grande entre todos os do grupo, en vez de moitos pequenos.
          Para ampliar información, os de cinco, buscamos na Biblioteca de clase libros sobre castelos, como se construían , as partes que tiñan, quen vivía neles etc... E eu conteilles que aquí ao lado temos as Torres de Altamira  en Brión e o castelo da Rocha en Santiago. Estamos a falar da historia dos Condes de Altamira e o Arcebispo de Santiago, das batallas entre ambos polas terras da Maía e, cada día chegan ao correo da clase fotos dos que as van visitar. Por suposto, a parte da Historia que máis lles impacta son as loitas e as guerras e as princesas, e a posibilidade de atopar tesouros esquecidos polo tempo... (algún sei que veu brilar algo no fondo do pozo!).   Así  que, aproveitando a fascinación que lles causa o tema, temos pensado traballalo un pouquiño máis...
           Na Biblioteca do cole temos o enlace a un fantástico traballo realizado por un colexio asturiano que se chama CABALLEROS Y CASTILLOS , ten moita información sobre a vida na idade media e estamos a velo a anacos.   (picade abaixo para velo cos nenos)

Caballeros y castillos

        Hoxe puxéronse a facer algúnhas das edificacións que tiñan dentro os castelos e a MIGUEL saleulle a capela. Este foi o proceso de construcción:

A peli ten truco: a ver si vos decatades!

sábado, 21 de xaneiro de 2012

desTAPAndo ideas!

      PROXECTO TAPA

      Como sabedes, no cole recollemos tapas para axudar a Paula coa  operación que precisa pola  agenesia de sacro coa que naceu e estamos a xuntar  unha morea delas.
      
      Como van a estar aquí ata fin de curso, ás profes de cinco anos ocurreusenos buscarlles "un uso alternativo" mentras non as recollen. A maioría das veces non se precisan materiais caros nin sofisticados para estimular a imaxinación e  desenvolver a creatividade dos nenos.
     
      Temos tapas de case tódalas cores e tamaños, así que pensamos usalas: como un xoguete, para facer dibuxos no chan, como material de construcción, para contar etc... Así que comezamos por clasificalas por cores e, en pequenos grupos, explicamos varias ideas do que podíamos facer, e aquí vemos os primeiros resultados: 


       COMEZAMOS  A   DESTAPAR    IDEAS:
        Fixemos círculos coas tapas e logo pensamos en cousas que coñecemos que teñen esa forma e despois puxémonos a dibuxar: aquí están os que fixemos.

 



      Coas tapas de cores tamén comezamos a facer algúns dibuxos no chan e, como non, estructuras en 3D. Esto foi o que fixo o primeiro grupo, xa vos iremos contando como nos vai...

venres, 20 de xaneiro de 2012

O sorriso de Paula


Esta é Paula

        Como moitos xa sabedes, PAULA é unha neniña de Boiro que naceu con AGENESIA SACRA , unha enfermedade rara que lle impide camiñar: naceu sen sacro e según os médicos é o primeiro caso que existe en España. En moitos sitios estánse a facer colaboracións diversas, para axudar económicamente á familia, xa que parece que nunha clínica en Alemania  existe unha posibilidade de cura. Xa lle fixeron algunha operación e poida que algún día poida camiñar sin problemas.
         
          Desde o colexio  colaboramos xuntando
 tapas para reciclar:
 xa temos moitas!
                           gracias!

         Varios medios difundiron a noticia: picade neles se queredes saber máis...


martes, 10 de xaneiro de 2012

subir imagenes
          Para este ano 2012 que está a comezar, espero que veña cargado de paz, esperanza, traballo e amor,  para todos.
        Cos meus mellores desexos , aquí vos vai tamén un  precioso conto escrito e ilustrado por Shaun Tan "El arbol rojo", que fala de que aínda que o día comece mal e non nos atopemos no mellor momento, nunca temos que perder a esperanza e as ilusións ...



      
A música é da película O rei león.