mércores, 23 de maio de 2012

SOPA DE NADA SORPRESA DO AUTOR!


reseña do libro de OQO

    
    Acabo de recibir un comentario no blog da Biblioteca que me deixou ENCANTADA!. Nin máis que menos que de Gonzalo "DARABUC" AUTOR de SOPA DE NADA, o album ilustrado que acabamos de adaptar co noso pequeno corto de dibuxos animados. Ven decindo que lle parece "moi gracioso e axeitado para un conto de humor". Desde aquí agradecémoslle o seu comentario!


clicar en libros de Darabuc

Resumo da reseña do conto feita por OQO EDITORA:

    "O autor recupera unha antiga receita, a da Sopa de pedra, un conto popular que como a miúdo sucede cos relatos de orixe tradicional presenta versións distintas segundo o país. Darabuc, reelabora os ingredientes e cociña unha Sopa de nada moderna e con grandes doses de humor... unha fábula coa que os nenos aprenderán a importancia de compartir e de ser solidarios. E ademais, descubrirán que para superar situacións de necesidade e dificultades, moitas veces só fai falta un pouco de enxeño e imaxinación.    
       Os protagonistas, como en case todas as fábulas, son animais. Neste caso, María Raposa e Xan Gato, dous pícaros que un bo día chegan ás portas dun palacio pedindo comida. Alí vive o avaro de Xan Rata que non lles quere dar nada, e eles entón ofrécense a prepararlle unha sopa prodixiosa, sopa de nada.  A ilustradora iraniana Rashin Kheiriyeh capta o toque irreverente e mafioso que Darabuc lle dá aos personaxes "

E ademáis puxo a nosa película no seu blog!

luns, 21 de maio de 2012

O CORPO HUMANO

      Como xa vos comentara, na clase temos un un torso humano  a tamaño real  e estivemos a ver como somos por dentro: montándoo e desmontándoo!. Colocados na roda no sitio de reunión, fomos quitando  e pasando os órganos de man en man. Falamos de como se chama cada un deles, onde se coloca e para qué sirve cada un e despois xogamos a facer de cirurxáns... Este corpo ademáis tiña sorpresa xa que no seu interior pudemos atopar... un bebé!. Cando xa o tiñamos "destripado", fixemos unha montaxe colocándonos de xeito que podemos ver como somos por dentro.  Despois intentamos poñer cada cousa no seu sitio (e ... como non nos sobrou nada creo que o debimos colocar bastante ben).



   

martes, 15 de maio de 2012

FIXEMOS UNHA PELÍCULA !

 
CLICAR SOPA DE NADA

       Durante as últimas semanas as tres clases de cinco anos e unha de cuarto de primaria, estivemos a facer  ¡UNHA PELÍCULA DE DIBUXOS ANIMADOS!

        Trátase dunha actividade ("Nós tamén creamos") para promover o uso do galego e, na nosa clase, fixémola a partir dun conto de OQO editora que se chama SOPA DE NADA. Despois de  moito traballo: escoller as escenas e adaptar o  guión, realizar os fondos, crear as personaxes ¡e darlles movemento!, engadímoslles a narración frase a frase ... e por fín conseguimos rematala.                
Todos fixemos de técnicos de animación colaborando nunha parte ou noutra: imaxen, movemento ou son. Para facelo utilizamos un  programa de stop motion (Monkey Jam) que parte de fotografar paso a paso tódalas escenas , movemento a movemento, fotograma a fotograma, máis ou menos 24 fotos para ter un segundo de película. Como dixo Celia "...pero Loli, eso son miles de fotos!". 

a cociña de Xan Rata


os primeiros personaxes









   
        
       Eles encargaronse, por turnos, de ir movendo as personaxes e os obxectos e eu sacaba foto a foto procurando ademáis ter coidado de que non se movese todo ou de que ningún dos técnicos pasase polo medio pisase todo ou tapase a luz ....

a casa de Xan Rata

        Durante o proceso, cando vimos a primeira escena montada (duraba só  24 segundos), varios dixeron: ¡ah, pero esto son dibuxos animados!. 

         Así que falamos de como se facían as películas de dibuxos ao principio, cando eran dibuxadas á man,  falamos de Walt Disney e vimos varios cortos de animación. Agora, cando ven unha peli xa pensan en como se pudo facer, nos materiais e técnicas empregados, si son dibuxos, plastilina, ordenador etc... 

        Por certo, Aquiles dounos unha explicación que me pareceu preciosa, de por qué se chaman  películas animadas: "... porque nos animan". Eso é certo tendo en conta o resultado (que a nós encantounos) , aínda que polo camiño ... case nos dese algo!



           E hoxe colgaron o noso cortiño de animación na canle infantil da RTVG  , alí podedes ver tamén os que fixeron os outros coles que participaron nesta actividade.  http://www.crtvg.es/infantil

esperamos que vos guste! 


     
       Os protagonistas desta historia de larpeiros e picaresca son  XAN GATO, MARÍA RAPOSA e XAN RATA.

  


... E ESTA É  A POTA ONDE SE COCEU TODO !


venres, 11 de maio de 2012

A DIXESTIÓN

 
clicade para ver o video

    
      Onte á hora do almorzo comenzamos a falar do moitísimo que están a comer e a "...." os vermes de seda que estamos a coidar. E de eso pasamos a falar de como comemos as persoas e do que lle sucede aos alimentos desde que pasan pola boca. Despois púxenlles esta aplicación que nos vai amosando todo o proceso. Por suposto, pedíronme que llo puxera no blog e este  é o enlace para podelo ver:


     Hoxe leveilles á clase un torso humano  a tamaño real  e puxémonos a ver como somos por dentro: estamos comenzando a desmontalo!. Puxémonos na roda no sitio de reunión e fomos quitando  e pasando os órganos de man en man. Xogamos a facer de cirurxáns... e logo puxemos cada cousa no seu sitio. 

    Mañán seguiremos destripando!  

       Ah! e tamén falamos das diferentes formas de alimentación dos animais carnívoros e os herbívoros  e das consecuencias ... das flatulencias.  Por suposto, este video tamén me pediron que o subira: nón é moi serio, pero sí que sirve para falar do proceso da dixestión  (...e ninguén dixo que non se poida mesturar humor e ciencia, non?) 



venres, 4 de maio de 2012

AS COUSIÑAS PEQUENAS...


clicar para velo


      Aproveitando que chove e non precisamente miudiño como decía Rosalía... aquí tedes un precioso timelapse sobre o que pasa nun bosque cando ten auga abondo...

Só temos que agacharnos a mirar ... as cousas pequenas. 

        clicade no enlace:  http://www.wimp.com/foresttimelapse/ 




clicar aquí : azaleas


... e aquí vai outro sobre a vida das flores, xa que estamos no seu mes...  (e azaleas como esas témolas no patio... resistindo!)

clicade no enlace:
 http://www.wimp.com/lifeflowers/

martes, 1 de maio de 2012

OS VERMES DA SEDA

      Este luns tivemos unha visita: a directora xeral de Comercio, Nava Castro, presentounos  o módulo Os vermes da seda do programa didáctico “Enredando, artesanía na escola” organizado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño co obxectivo de achegar os oficios artesanais aos rapaces para que poidan coñecelos e valoralos mellor.
        Na presentación  que nos fixeron na sala de psicomotricidade (o único espazo onde cabemos todos) estaban o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación Bernardo Moar, a directora Lita Avilés e a xefa de estudos Mari Luz ... e máis de 200 impacientes nenos.
      Mª José Martínez, que é a coordinadora do proxecto entre os colexios, foi a que lles presentou o conto aos nenos e nos deixou o material e un exemplar para os nenos.




      No taller da seda, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño distribuíu entre os colexios participantes o material e as ferramentas necesarias para desenvolver o proxecto: "2 caixas, ovos e moitos vermes pequeniños".  Deste xeito, os alumnos poderán coñecer nunha primeira fase o proceso de produción da seda, dende a cría e evolución dos vermes ata, nunha segunda fase, a extracción da mesma para a confección do fío e a elaboración das teas empregando os teares. Trátase de que os máis pequenos coñezan e valoren o produto feito á man. Como sabedes, na clase nós xa somos expertos na cría de bolboretas xa que estivemos a coidar 3 eirugas de papilio durante seis meses e o proceso da cría de vermes de seda xa o víramos cando eramos máis pequenos, agora queremos ir un pasiño máis alá para ver que se fai cos casulos e cos fíos de seda.




As eirugas son moi diferentes!


a eiruga que trouxo Cristobal

os vermes da seda


As bolboretas tamén!

a nosa papilio

a da seda