venres, 29 de xuño de 2018

Visita de Patricia da Aula da Natureza

    Dentro do proxecto "Medrando en verde" no que traballou todo o alumnado do centro e cando xa estaban colocados os carteis informativos cos códigos QR, recibimos a visita de Patricia da Aula da Natureza do Concello de Ames que nos explicou moitas das árbores e plantas que temos no colexio: usos medicinais e alimentarios, follas, cortezas... e tamén algunha historia da mitoloxía grega.  E decir: o traballo de investigación dos nosos compañeiros...
  Estas son imaxes da visita na que saímos con Patricia coas clases de Marta e María que investigaron sobre o carballo e os xirasois. E nós fixémolo sobre o bambú. (tamén o puxen na web do cole)



xoves, 28 de xuño de 2018

Plantamos un bosque

  (como xa vos dixen, por problemas técnicos co ordenador e de tempo, quedáranme varias cousa por subir ademáis das dos últimos días. Aquí vai a primeira e xa vos avisarei cando peche o blog no verán).

   No outono xuntamos sementes de camelias, de carballos, de carballos americanos, de arces do patio... e despois escollimos e plantamolas. Mais adiante fomos engadindo sementes das glicinias do patio que nun par de semanas acadaron o tamaño que levaron, e tamén pepitas de laranxas e mazas das merendas. Levamos a conta anotando os días ata que comezaron a brotar e finalmente todo o que comezou sair na primavera empaquetámolo a comezos de verán para levalo a casa e coidalo... Durante meses coidámolos na clase  e agora son a súa responsabilidade...

sábado, 23 de xuño de 2018

Cultivo acuícola e degustación de conservas con Vero


 Verónica, a nai de Vero, veunos falar da inxeniería pesqueira, que é a carreira que estudou e a súa profesión. Trouxo un powerpoint e  falounos da pesca en grandes barcos e dos peixes e outras especies que se comercializan despois. Explicounos a pesquería e o cultivo acuícola en granxas ubicadas tanto nos propios mares como lagos e rios e falounos da cría das ostras en cestas e dos atúns, que poden chegar aos nove metros!
 
  Tamén nos falou das especies utilizadas nas conservas e preparounos unha degustación con algunhas. Unha explicación moi sabrosa!. Aproveitaron ata o aceite!. E despois merendaron...
 
                                                      Unha montaxe con algunhas fotos...

 

   Moitas grazas a Vero por esta charla e polas esta xornada  gastronómica!

mércores, 13 de xuño de 2018

Visitamos primaria!

  A semana pasada fomos coñecer as aulas de primeiro que teremos despois do verán. Falamos cos profes e cos nenos, que nos ensinaron como as teñen organizadas e como usan os materiais. Terán material de uso individual e algún de uso común como en infantil.  Fixeron preguntas e miraron todo o que quixeron. E por parellas, cada maior explicoulle a un pequeno como traballan e se organizan. 

   Regaláronnos un dibuxo para cada un e cantáronnos unha canción con música de acordeón interpretada polo profe Jesús. E probamos as mesas e as sillas para ver si xa nos sentíamos algo de primaria.....A uns gustoulles a biblioteca de aula, a outros unha zona con xogos matemáticos, ter os baños dentro sin ter que saír ao corredor... Outros vían moitas sillas sin espazos de xogo ou asamblea e a volta viñan dando a súa opinión. Tamén recorrimos outros espazos xa máis coñecidos por eles: a biblioteca, dirección sala de profes, andar superior con zona de exposición... Aínda que en xeral lles gustou "a visita", uns viñan algo convencidos e outros nada e algún decía que non quería ser maior... Xa sabemos o que implica medrar: un proceso de transición e adaptación.



luns, 11 de xuño de 2018

Unha clase de fisioterapia

     Fai uns días tivemos a visita de Lorena e de Estrella, a tía e a avóa de Pablo. Lorena é fisioterapeuta e veunos explicar en que consiste a súa profesión. (Máis abaixo está o video coas fotos da sesión). Traía un power point preparado e moito material que se emplea na súa profesión e falounos da importancia de coidarnos, de osos, músculos e tendóns... Díxonos que a fisioterapia  sirve para tratar e coidar o corpo: para dar masaxes aos bebés, mellorar a calidade de vida dos anciáns, recuperar lesionados e incluso para mellorar a respiración e desatascar os bronquios cando padeces por exemplo de asma.
   Fixemos exercicios de respiración e xogamos cunha pluma ver canto aguantabamos.  A fisioterapia  tamén sirve para o que máis lles interesou: para tratar a deportistas lesionados. Con Pablo de axudante simularon unha lesión de nocello xogando ao futbol e "como non había rotura" fíxolle o tratamento  a pé de campo e unha vendaxe para que poidese volver xogar. 
 
    Cando rematou o partido explicounos os pasos a seguir para a recuperación do "lesionado": masaxes e exercicios. Pablo fixo moi ben o seu papel. De remate Lorena, que viña toda preparada con camilla, bandas de estiramento, vendaxes e demáis, preparou unha cama elástica para que todos fixesen exercicios. Pasárono xenial saltando!
    Moitas gracias a Lorena que nos explicou xenial en que consiste a fisioterapia e a Estrella que lle fixo de axudante porteadora. Algunhas decían despois que querían ser fisios de maiores... e ademáis Pablo xa está completamente recuperado da súa lesión!

   Neste video están as fotos da sesión:
 

domingo, 10 de xuño de 2018

Seguridade Vial e xogo de busca no pazo da Peregrina

  Cristina que é Policía Local do Concello de Ames, acompañounos nesta andaina. As tres clases de 5 anos saímos desde o colexio pola Avenida da Peregrina e rematamos na Plaza da Maía. Durante o recorrido ela e os seus compañeiros Eva e Martín fóronnos  falando de Seguridade Vial. 


 
 Explicounos o funcionamento dos semáforos, quen ten preferencia cando está a Policía, as sinais, a importancia de camiñar polas beirarrúas (démonos conta que algunhas son moi estreitas e perigosas!), cal é o xeito correcto cando cruzamos as calles etc... 
   Neste video podedes vere como foi transcurrindo a andaina polas rúas e no de abaixo o xogo de busca no Pazo da Peregrina:
  De volta acompañáronnos ata o Pazo da Peregrina onde as titoras tíñamos organizado un xogo de busca. Sós ou mellor en grupo, tíñan que localizar unha serie de cousas a partir das fotografías que lles entregamos no panel: plantas, letreiros, marcas nas pedras, elementos arquitéctónicos... e tamén atoparon algúns desperfectos que afectan á nosa seguridade cando xogamos no Pazo.
    Despois merendamos no campo e aínda quixeron seguir a busca porque había cousas moi difíciles de atopar. E por suposto pasámolo moi ben!. De volta e costa arriba a algúns fíxoselles eso "cósta arriba", pero chegamos moi ben. Merece unha mención especial Inés C. polo seu esforzo e por chegar cunha sonrisa: de premio deixáronlle facer sonar a sirena do coche da policía para despedir a actividade!.
 Moitas gracias a Cristina, a Eva e a Martín por facernos ver as rúas con responsabilidade.

 

xoves, 7 de xuño de 2018

Un taller de monicreques

      O outro día achegámonos a primaria para ver os monicreques de 4º que están expostos no segundo andar. Estaban impresionantes!. Falando con Ana H., unha das profes que coordinaron este traballo, pedinlle que nos "prestase" algún dos autores dos monicreques e viñeron Aida a irmá de Inés e Elena a irmá de Antón. 
 
   Entre as dúas fixeron unha exposición magnífica do taller, explicaron os materiais necesarios,o proceso de creación, os accesorios, a técnica, o tempo que lles levou... todo!. E ademáis responderon ás preguntas que lles fixemos. Estiveron estupendas e Aida ata lles puxo voces aos personaxes!. Unha maneira de aprender entre iguais: elas foron moi boas profes e nós moi bós alumnos!. E moi atentos!
 

 
 (as fotos dos monicreques publicaranse en breve na web do cole e poderedes aprecialos en detalle pero si tedes ocasión achegádevos a velos, paga a pena!)

mércores, 6 de xuño de 2018

Ser Policía Nacional

  Visitounos José Carlos, Policía Nacional, para falarnos do seu traballo. Das súas funcións, de quen dependen, dos medios e o uniforme e das distintas unidades que ten a policía. Aprendimos moito, fixeron moitas preguntas (sobre todo referidas "aos malos") e pasámolo moi ben. Deixounos xogar coa súa gorra, e todos quixeron probar as esposas!


   José Carlos explicounos a importancia de saber o número 091  e tamén nos trouxo un modelo de gorra que coloreamos e levamos posta.

   Trouxonos uns videos para explicar as unidades e os medios que ten a policía, falamos de normas, leis e responsabilidades que temos o conxunto dos cidadáns. De que a súa principal función é a seguridade das persoas e as súas propiedades protexéndoas dos delincuentes e de que é o xuiz o que decide os castigos para estos según as leis vixentes.
 Nesta montaxe están as fotos da visita:
JOSÉ  CARLOS  E  LUCAS
MOITAS GRACIAS  POLA VISITA!

   Na páxina da POLICÍA NACIONAL está recollida, entre moita información; que foi en 1824, cando o Rey Fernando VII dictou a Real Cédula na que se creaba a "Policía General del Reino"



     A nivel provincial as funcións xerais son:

a. Vixiar que se cumpran as leis
b. Auxiliar e protexer ás persoas e os bens que se atopen en situación de perigo.
c. Vixiar e protexer os edificios públicos.
d. Protexer altas personalidades.
e. Manter a orde e a seguridade cidadá.
f. Previr a comisión de delitos.
g. Investigar os delitos e descubrir e deter aos culpables, poñéndoos a disposición do Xuíz.
h. Colaborar cos servizos de Protección Civil, nos casos de grave risco, catastrofe .

     Ademáis de outras a nivel nacional:

Expedir DNI  e pasaportes, controlar a entrada e saída do país, controlar delitos de droga e xogo e delitos informáticos e colaborar con policías doutros países.