mércores, 23 de febreiro de 2022

Marcapáxinas para o Día de Rosalía de Castro


   Hoxe día 23 celebramos o Día de Rosalía. Levamos varios días falando da escritora e a súa vida.  Os pequenos de 3 anos aprendimos o poema musicado O Moucho que ela escribeu. Fixemos un marcapáxinas co seu retrato e un debuxo do moucho. En internet buscamos retratos de Rosalía e fotos e videos dos mouchos para ver como son estes animais. Gústanos moito a canción de Migallas para celebrar o seu día. E como dixo un dos nenos: Rosalía é a mellor porque ten as cancións máis rápidas!😄
 



 

martes, 22 de febreiro de 2022

Máis Pollock!


  O outro día melloramos a nosa "técnica" para pintar cadros "estilo" Jackson Pollock. Para solventar os problemas que nos deran as bolas de porexpán e as canicas pequenas, trouxen unhas bolas moito máis grandes... e de pedra. Co maior tamaño e peso, o resultado foi moito mellor e fixemos uns cadros moi bonitos e expresivos. Eso sí, ás veces había que suxeitar a caixa porque os artistas se emocionaban moito... 

Nunha caixa grande ibamos poñendo os folios de catro en catro, despois poñíamos témpera nos espacios sin papel e logo fixemos rodar as bolas de pedra sacudindo a caixa entre varios nenos á vez e en tódalas direccións... 

o noso "estilo" Pollock:

Jackson Pollock é un dos  representantes do Expresionismo Abstracto, "un movemento artístico que defende  a liberdade individual e o carácter expresivo da arte. O importante para eles era a materialidade do cadro como superficie". Traballaban en formato grande, moitas veces no chan e o movemento era moi importante. "Pintar un cadro era unha acción corporal e  dinámica. O artista deixabase levar pola súa tensión interior nun proceso espontáneo, non meditado e lonxe de todo plan preconcibido, deixando traslucir os estados de ánimo dos pintores, e expresando as máis diversas sensa­cións".

 

luns, 14 de febreiro de 2022

Pintando con bolas

  Buscando materiais diferentes para pintar, collimos unhas bolas de porexpán e unha cartulina. Como na clase tiñamos unha caixa grande empregámola como soporte  e tamén como protección para que non chorrease a pintura por fora nin saisen as bolas disparadas. Botamos chorros de pintura polas esquinas e lanzamos as bolas. Despois movimos a caixa entre varios, pero as bolas non se movían e quedaron pegadas, así que buscamos algo menos lixeiro e cambiamos as bolas de porexpán para empregar canicas que tiñamos pola clase. Tamén engadimos auga para cambiar a densidade da pintura e agora sí que se moveron e foron facendo trazos de cores no seu recorrido pola superficie de papel. 
 
(((O cadro abstracto Número 16 de Jackson Pollock foi de algún xeito a nosa inspiración. É un dos seus máis valorados polos especialistas: polo uso da cor, a forza da pincelada e a composición, aínda que non sexa o máis famoso nin o máis "caro" no mercado do arte (...apenas 32 millóns de dólares))). A súa técnica de verter e salpicar pintura é a orixe da "action painting" ou pintura de acción.  

  A diferencia do artista, que tiña claro desde o principio o que quería crear, a nosa intención era experimentar cos materiais e as cores e sobre todo divertirnos pintando dun xeito diferente.

Nesta montaxe podedes ver un anaco do video de cando movemos a caixa:



A cor blanca tamén pinta!

 
Un día, fai xa tempo, xurdeu unha conversa na clase sobre  as cores que máis lles gustaban. Todos tiñan unha ou varias para escoller pero ningún escollía a cor blanca, porque según eles era unha cor que non valía, que non pintaba. Entón pedinlles que pensasen cousas blancas que coñecían e xa saíron algunhas: a neve, o leite, as tartas de nata, as nubes, a luz... E puxémonos a pintar coa cor blanca!. Fixemos algunhas probas con témpera blanca sobre folios de cores, nubes sobre papel continuo azul e pintamos grafismos direccionais sobre cartulinas negras. (Cando traballamos en grupo temos unha norma que é non invadir o espacio dos demáis... pero aínda nos costa un pouco).
 
FACENDO LIÑAS

 
PINTANDO NUBES



domingo, 6 de febreiro de 2022

O carballo de Conxo e os carballos da Maía

 Seguramente xa sabedes que "o carballo de Conxo" do veciño concello de Santiago é a árbore seleccionada por España, por votación popular, como candidata a ÁRBORE EUROPEA DO ANO. Ten máis de 250 anos, uns 30 metros de altura e case 4 de perímetro. 

 Ademáis de desexar que, cos nosos votos, o carballo de Conxo sexa elexido como Árbore Europea do Ano, como cada outono, fixemos en outubro unha plantación de landras e todos os nenos e nenas plantaron varias. Xa estamos vendo asomar as raices de moitos por debaixo das macetas, aínda que de momento só naceu este da foto. 

Os nosos carballiños aínda non poden competir 😉 pero son a nosa aportación á conservación destas árbores que tanto nos representan. Comezamos por querelas para despois aprender a respetalas.

Historia (púxena  algo máis completa no blog da Biblioteca): o carballo de Conxo é un dos poucos que quedan de esa idade e envergadura no entorno de Santiago xa que quedou protexido durante anos nos xardíns privados do antigo Manicomio. A maioría dos outros desapareceron queimados ou talados para empregar nas numerosas curtidurías que rodeaban a capital e que os empregaban polo tanino para traballar e conservar as peles de animais.


Ademáis dos anos e o tamaño, outro dos seus valores engadidos é o cultural. No século XIX celebrouse a carón del o histórico Banquete Democrático de Conxo "organizado por estudiantes universitarios (entre eles o poeta romántico Aurelio Aguirre) onde os xoves quixeron servila mesa a artesáns e obreiros, como símbolo revolucionario de igualdade, liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da Revolución Francesa".

Tamén inspirou a Rosalía de Castro, quen criticou a tala destas árbores no poema titulado “Los robles”, do seu libro "En las orillas del Sar" (1884). Os seus textos en defensa da naturaleza son hoxe en día unhas das primeiras proclamas ecoloxistas e de loita polas árbores e o medio natural levadas a cabo en España.

 (European Tree of the Year)Bosques Sin Fronteiras, convoca o Premio Árbol Nacional e Europeo do Año, dirixidos a significar e valorar árbores que por diversas características son merecedores dun recoñecemento e respeto social. Busca a elección daqueles exemplares cos que as persoas establecen especiais relacións afectivas e que son "Testigos da historia, do clima e do respeto dos pobos"

 

Así que xa sabedes: LEDE E VOTADE!👍👍👍

 

 

xoves, 3 de febreiro de 2022

Cando casan os paxaros: a Candelaria

 O 2 de febreiro conmemórase o Día da Candelaria, que en Galicia desde moi antigo é "cando casan os paxariños", e representa o renacer da natureza, que vai rematar o inverno e se achega a primavera. Os paxaros buscan parella e preparan os seus niños. Para achegarnos a esta tradición nós fixemos estos paxariños que cantan pousados nunha pola.

Refrán: "Pola Candeloria a metade do inverno vai fora" 
 
  A Candelaria é unha festa cristiá que lembra a presentación do neno Xesús no templo (40 días despois do Nadal)  que se solapa sobre outras de orixe romana onde se portaban candeas (velas), o incluso unha celebración máis antiga de orixe celta que representaba o renacer da Natureza despois do inverno...

    Aquí estamos vendo os distintos tipos de niños que lles levei, aínda que non sei identificalos todos (admítese axuda!). Vimos os diferentes tamaños e texturas e fixámonos nos materiais de que están feitos: paos, plumas, pelos, pallas, musgo, terra, incluso restos de algodón e rafia que deberon recoller no patio do cole...
 O que máis nos gustaba era o do carrizo porque é o mais pequeniño, feitiño e suave en contraste cos máis grandes: colle nunha man!. 

Eso sí: quedou moi claro que non se poden coller os niños dos paxaros porque son as súas casas. Só podemos recoller os que atopemos polo chan como estos que teño.





Un carrizo e un pardal