luns, 14 de febreiro de 2022

Pintando con bolas

  Buscando materiais diferentes para pintar, collimos unhas bolas de porexpán e unha cartulina. Como na clase tiñamos unha caixa grande empregámola como soporte  e tamén como protección para que non chorrease a pintura por fora nin saisen as bolas disparadas. Botamos chorros de pintura polas esquinas e lanzamos as bolas. Despois movimos a caixa entre varios, pero as bolas non se movían e quedaron pegadas, así que buscamos algo menos lixeiro e cambiamos as bolas de porexpán para empregar canicas que tiñamos pola clase. Tamén engadimos auga para cambiar a densidade da pintura e agora sí que se moveron e foron facendo trazos de cores no seu recorrido pola superficie de papel. 
 
(((O cadro abstracto Número 16 de Jackson Pollock foi de algún xeito a nosa inspiración. É un dos seus máis valorados polos especialistas: polo uso da cor, a forza da pincelada e a composición, aínda que non sexa o máis famoso nin o máis "caro" no mercado do arte (...apenas 32 millóns de dólares))). A súa técnica de verter e salpicar pintura é a orixe da "action painting" ou pintura de acción.  

  A diferencia do artista, que tiña claro desde o principio o que quería crear, a nosa intención era experimentar cos materiais e as cores e sobre todo divertirnos pintando dun xeito diferente.

Nesta montaxe podedes ver un anaco do video de cando movemos a caixa:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!