martes, 31 de marzo de 2020

Cumpreanos durante o confinamento.

  En estos días de confinamento pasan moitas cousas que son moi importantes para os nenos, por exemplo algúns teñen que celebrar o seu cumpleanos na casa e sin convidar aos amigos, sin que estos lles canten o cumpleanos feliz e sobre todo sin velos. Esta vez tocoulle a Catarina que cumpleu 5 anos e á súa irmá Alicia que cumpleu 8. Celebrárono na casa, acordáronse dos seus amigos e puxéronse de festa, porque un día é un día. Parabéns ás dúas!!!

 
  Todo eso sin deixar  de facer algunha das tarefas que propuxemos. Como este rexistro das cousas que facemos no día. Moi ben Catarina! 
 
   Como non podemos cantarlle en persoa, poño este enlace de Uxía Lambona e a banda molona que estiveron o curso pasado no cole e nos fixeron pasar un moi bo rato!
 

Quebracabezas de 100 pezas... e un pan!

  Lia mandounos unhas fotos amasando pan con seu pai, a primeira vez para os dous e con Jan axudando ... e picando na masa. Señal que estaba boa!

  Tamén  consigueu rematar un quebracabezas de 100 pezas!. E así de orgullosa está!. Non é para menos, un auténtico exercicio de paciencia nestas idades.  Noraboa  Lia!




Recetas e xogos con Jhon E.

  Jhon E. sigue compartindo con nos as cousas que fai durante o confinamento. Esta vez sigue coas propostas das recetas e mándanos os ingredientes para facer pizza
 
 Xogando ao memoy e á forza do dragón con seu pai: concentración, memoria, estratexia e diversión!
  E mándanos estos videos de percusión  e dunha carreira de cabalos... de papel!
  
   

                                    

luns, 30 de marzo de 2020

Rexistro científico do cultivo do aguacate

  Onte Maeba quixo compartir con nós como lle vai co "CULTIVO" DO AGUACATE Unha semente que esixe de nós unha cousa que precisamos moito nestes momentos: PACIENCIA. Tamén é unha semente digamos rara. Si a pós a xermolar nun vasiño pode tardar moito en abrirse, pero si a tiras sin coidado ningún na terra, seguro que pronto terás unha arbore de aguacates. Digamos que é una semente un chisco desagradecida: canto máis a coidas peor lle vai. Esperemos que a de Maeba medre ben!. Gael tamén está "axudando"!. Trátase tamén de coidar un ser vivo  e darlles unha responsabilidade aos nenos. E só precisamos algunhas fabas, lentellas, sementes de mazás...


 PROPOSTA DE EXPERIENCIAS: 
  Unha actividade que se pode facer cos nenos cando sementamos algo, é unha ficha onde rexistremos o proceso. A base da ciencia está na experimentación, a observación e o rexistro. Podemos escribir o seu nome,  debuxar a semente, anotar cando a plantamos, cando agroma, canto vai medindo.... Como non todos teredes impresora, podese facer o rexistro a man, ou usar unha folla do calendario. Tamén a vou subir na web e na plataforma Agueiro.
 

venres, 27 de marzo de 2020

Todo vai ir ben!!!

Maeba mándounos este optimista corazón decíndonos que todo vai ir ben!!!. Seguro que sí. Moitas gracias Maeba!. E tamén fixo unhas marionetas de pinguinos. Imaxino que hasta lle inventou unha historia!. Aquí está co seu colaborador Gael!
O outro día tivo unha idea fantástica: vestirse de princesa para facer unha videoconferencia. Unha proposta  que podemos adaptar para este domingo. Vistámonos de festa para comer ou fagamos un picnic na sala. Na clase nalgunha ocasión en vez de merendar nas mesas deixolles facelo na alfombra e decimos que imos de picnic, encántalles!. Podemos poñer a tele de fondo con un programa de paisaxes e cantos de paxaros... ou praias e escoitalas ondas, sacar as toallas e imaxinar que estamos fora!. Seguro que pronto podemos facelo de verdade e o disfrutaremos como nunca!.


ÁNIMO A TODOS!. OS QUE ESTADES NA CASA E OS QE TEDES QUE SAÍR A TRABALLAR  E  AXUDAR!!! GRACIAS!.

Pastas de té, calcetíns e Korsakov!

Parece o título dunha película pero son as actividades que hoxe comparte con nós Jhon E. 
Fixo unhas pastas de té con moi boa pinta e despois escribeu a receta numerando os ingredientes. (O ingrediente en amarelo é azucar). Podemos copiala para facer durante estos días porqué é moi facil.
Tamén axudou coa roupa: contar e emparellar é unha actividade matemática e despois doblar calcetíns outra na que desenvolver a motricidade. Fixoo moi ben!. 
 Tamén fixo a actividade que vos propuxemos na web, a dos Detectives de Pegadas, sobre as eirugas e as volvoretas e escribeu o que averigou.
 Aquí mandounos un espectáculo de movemento bailando ao ritmo do "Voo do moscardón" coñecido tamén como "O voo do abejón ou o voo da abella , que é o título orixinal en ruso,  escrito por  Rimski Kórsakov para a ópera O conto do zar Saltán, composta no ano 1900.

 E un xogo de coordinación e puntería no que só precisamos un espazo longo, un corredor, unha pelota e unha caixa:
Moitas gracias Jhon E por colaborar na casa!

xoves, 26 de marzo de 2020

Catarina na cociña!

Hoxe é Catarina quen quere compartir con nós unhas fotos axudando na cociña!. Axudar e colaborar é unha das mellores tarefas que poden facer os nenos estos días, para ser conscientes dos traballos que se fan na casa e tamén para que sexan responsables na parte que lles corresponde. Preparar a mesa, poñer e contar os platos, os cubertos, o que se pon á dereita e á esquerda, ordenar e recoller os seus xoguetes, a súa habitación, en fín moitas pequenas rutinas.
Aquí está a nosa cociñeira!


 

martes, 24 de marzo de 2020

Un pouco de exercicio!

   Hoxe a proposta de Martín é montar un circuito na sala e facer moito exercicio!. Con folios, vasiños, unhas sillas e moitas ganas!. Como vedes o importante é moverse e que queimen enerxía durante o confinamento e o circuito pode ser por toda a casa. Pasarano moi ben e durmirán mellor!


  Lembrade que na web do cole estamos colgando máis propostas e  tarefas para os nenos. Son suxerencias de actividades para os pequenos ( rutinas, experiencias, contos...) e as tarefas de clase para os maiores. As nosas están repartidas nos tres grupos do nivel.
 

luns, 23 de marzo de 2020

Pizza con Lia!

Aquí temos a Lia feita toda unha cociñeira!. Mandounos estas fotos preparando unha pizza que seique lle quedou moi boa!. Lembrade que unha das propostas que vos fixemos na web era ESCRIBIR  RECETAS  cando vos axuden a cociñar e poñer os ingredientes numerados.

 Ademáis está  xogando ao parchís co seu pai: Un xogo matemático orixinario da India e creado no século XVI  para entreter a un emperador que se aburría no seu palacio e que nos pode axudar a pasar un rato moi entretenido en familia.
  Gracias por mostrarnos o que facedes durante estos días!. Xa sei que non todos podedes pero tamen que estades facendo moitas cousas na casa. Trátase de compartir os que podemos facelo para os que non poden. Moitas gracias a todos!.

Queda na casa: coreografía

 Martín segue a compartir con nós os xogos e actividades que fai estos días: un xogo de inglés, a torre de bloques de madeira que require concentración e habilidade e un que sei que lle gusta moito, a granxa de animais!

E tamén nos envía esta pequena coreografía sobre o coronavirus. Lembrade: QUEDA NA CASA!
 
 

domingo, 22 de marzo de 2020

Como lavar as máns

  Hoxe Jhon E. quere compartir con todos un video no que nos ensina o xeito correcto de lavar as máns. Prestádelle atención porque o fai moi ben axudado por mamá e papá. Moitas gracias aos tres!


   Tamén nos mandou este outro moi simpático especialmente dedicado a Martín  polo xogo do tres en raia!.
 E quixo compartir con nos o cumple da avóa. Desde aquí tamén lle desexamos feliz cumpleanos !
 E algunhas das tarefas que está a facer:


sábado, 21 de marzo de 2020

Jhon E. e o xogo das tapas

Hoxe  é Jhon E. quen comparte con nós o que está a facer na casa e nos manda estas fotos.


   Mirade o xogo de tapas: ademáis de xogar coas letras compoñendo palabras, está reciclando empregando un material que temos polas casas!



 

venres, 20 de marzo de 2020

Martín e o tres en raia

Martín sigue traballando arreo coas propostas e tamén na cociña!. Hoxe dibuxou a papá no seu día!
Seguro que este biscoito está igual de doce que o noso Martín!
 
 Traballando coas grafías e as letras e coas construccións.

   E mandounos este video xogando ao tres en raia e ademáis de divertirse está desenvolvendo a coordinación óculo manual, lóxica matemática, estratexia e concentración!. Póñovos este enlace AQUÍ para que vexades moito máis sobre este xogo que ven de Oriente. En ese blog de María Mayorga In Natura que vos enlazo, vemos como podemos facer o noso propio tres en raia con elementos naturais...

 

xoves, 19 de marzo de 2020

Experiencias cos seres vivos da casa

 Esta é unha  proposta de actividades/ experiencias que vos facemos desde o nivel para realizar durante estos días cos seres vivos que temos polas casa. Son doadas de facer e só precisamos cousas que temos de xeito habitual polas casas.


premer aquí


Lia tamén traballa na casa!

  Acaban de chegarme estas fotos de Lia e o seu irmán Jan. Traballando un montón!. E transmitíndonos a súa mensaxe e bicos!


 Quedamos na casa!

mércores, 18 de marzo de 2020

Tarefas Euquedonacasa

  Boas! estamos subindo na web do cole actividades e propostas para que os nenos manteñan unha rutina de traballo fora da escola. Tedes acceso  AQUÍ. En breve habilitaremos unha aula virtual ou plataforma para todo o alumnado. Na proposta 1 están unha serie de rutinas e actividades para os primeiros días, na 2 a  actividade de "detective de pegadas" e na 3 experiencias  que podemos facer coas plantas e animais que temos pola casa. Evidentemente non son para facer todas, son orientacións así como as dos outros niveis.

   De momento poñovos aquí estas  que estarían incluidas nas rutinas diarias. (Copiade as imaxes para imprimilas e completar cada día, pero abrídeas antes de copialas para que se vexan ben).

 Este é o calendario que  estábamos a cubrir na clase.



Facer o mesmo co rexistro do tempo, teñen que riscar e a fín de mes facer o reconto total.
E rematamos con outra ficha de rexistro na que recoller outras cousas que fixeron ao longo do día.  E tamén como se sentiron xa que lles dará pé a falar do que está a pasar.