domingo, 24 de setembro de 2017

Visita sorpresa!

     A veces os mestres recibimos sorpresas que son moi moi agradables, sobre todo por vir de rapaces e rapazas que estiveron con nós fai tempo e que son así, expontáneas, emotivas e preciosas,  como esta que levei eu a semana pasada cando se achegaron no recreo unha pandilla de nenos e nenas a facerme unha visita con pancarta e todo!. Moitas gracias!


Horario

     Horario de clase para ter en conta cando temos clases de psicomotricidade (luns e venres) para traer roupa e calzado cómodo e axeitado.
Lembrade tamén que o luns é o Día da froita e que o venres merendamos abaixo, polo tanto é recomendable traer unha sóa peza  (froita ou bocata) para facilitarlles as cousas aos pequenos. Moitas gracias pola vosa colaboración.


mércores, 13 de setembro de 2017

Reunión día 19

    Aviso de reunión para o vindeiro martes día 19 ás 5 horas na nosa clase (aula nº 3) para falar de distintos aspectos do curso 2017-18. O resto de horas de reunións podedes velas na web do colexio ou clicando neste enlace.
Un saúdo e vémonos na clase.

venres, 8 de setembro de 2017

Benvidos a un novo curso !!!

    Xa estamos aquí de volta do verán  para iniciar con ilusión e enerxías renovadas un novo curso con algúns cambios: nenos e nenas que se van e aos que botaremos moito de menos, e outros novos aos que lles damos a benvida.

      Póñovos aquí as normas de entrada para os nenos e nenas de infantil para o primeiro día do curso. (Para normas xerais e para as entradas dos de primaria consultade tamén a web do cole premendo neste ENLACE.)




ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS PARA O PRIMEIRO DÍA EN INFANTIL 

ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL (3 ANOS)

Período de adaptación: segundo o establecido e explicado polo profesorado na reunión informativa.
Durante este período de adaptación non teñen autobús nin comedor escolar.

ALUMNADO DE 5º E 6º DE INFANTIL (4 E 5 ANOS)

Na pista deportiva descuberta, na zona de columnas, haberá indicada unha zona para cada grupo. O profesorado estará en cada columna e cando esté o grupo completo, subirá ao edificio de infantil para incorporarse ás súas respectivas aulas.