xoves, 30 de abril de 2020

Cumple de Jhon E.

 Hoxe foi o 5º cumpleanos de Jhon E. e tivo unha festa sorpresa temática. Antes estivo moi ocupado pintando e decorando dinosaurios (... sin saber que eran para a súa festa!). El sobre todo encargouse dos pterodáctilos e de dibuxar os dragóns pequeniños. Gústanlle moito así coma os dragóns.
 
Recibeu postais como esta que lle mandou Maeba con moito cariño e moitos dibuxos no interior!. A tarta tamén tiña unha pintaza así chea de dinosaurios!
 Pasouno moi ben, aínda que me conta Lía que botou de menos aos seus amiguiños. Seguro que pronto os poderá ver!.   Parabéns Jhon E.!



O cumple de Lia e a primeira saída!

 Lia estivo de cumple e mandounos estas fotos: tivo festa caseira, chamadas, tarta... Pasouno moi ben e sobre todo pudo disfrutar da primeira saída do confinamento, correr polo parque e estrear o seu novo patinete!. Espero que todos disfrutarades igual desta primeira saída!

 


mércores, 29 de abril de 2020

Martín e a masa de sal

  Martín estivo traballando coas propostas. Preparou a masa de sal  e ademáis fixo o número 5 polos anos que vai cumplir para a semana, a pegada da súa man e letreiros co seu nome, o do tio David e outro para mamá...  que vai ser o seu "agasallo sorpresa" para o domingo. 😊
 Fixo o experimento do ovo saltarín e están escoitando os contos de youtube das propostas e facendo a ficha sobre eles.  Tamén está cos xogos de cartas  aprendendo ao cinquillo e ademáis consigueu rematar un quebracabezas de máis de 100 pezas cos animais da película "Madagascar."
 Tamén mandou fotos da maqueta do conto que vos propuxen e que subirei máis adiante.

Lola e o conto do principiño

  Cando me chegou este video de Lola recomendándonos "O principiño" de Antoine de Saint Exupery veume á cabeza esta frase do libro, pensando en cando saímos á ventana ás 8"algunhas veces abrirás a ventana sólo por pracer, e os teus amigos quedarán asombrados de verte rír mirando ao ceo..."  

Lola tamén estivo facendo experiencias na casa, neste caso un volcán con pintura e espuma
 e aquí  traballou coas sílabas formando palabras...
 E, volvendo ao principiño, (un libro cheo de beleza e poesía que xa ten 75 anos!) gracias á presentación de Lola lembrei varias das súas frases máis fermosas:     

 


martes, 28 de abril de 2020

A tartaruga de Telmo e Elsa

  David, o pai de Telmo, comparteu con nós as fotos dunha manualidade que Telmo e Elsa fixeron ao longo da semana a raíz do conto da tartaruga e a lebre (según el, parecese máis á tartaruga do videoxogo Super Mario que os nenos descubriron durante o confinamento😉). Como material empregaron unha caixa de plástico, papel de periódico e cola de carpinteiro para pegar e darlle corpo.
 Tiveron que recortar tiras de periódico, ir pegando co pincel unha a unha.. e despois deixala secar,  logo mesturar as cores azul e amarelo para conseguir o verde do caparazón da tartaruga.  



Este traballo en equipo levoulles tempo: pero o resultado pagou a pena!

 O conto fala de ser constantes, da importancia de perseverar, de non dar nada por imposible e ven decir que non por correr moito imos chegar antes e que as cousas ben feitas levan o seu tempo! Parabéns por esta preciosa tartaruga! 👏 👏
 


  



Iago e as experiencias sensoriais!

 Iago estivo a traballar con moitas das propostas que fixemos desde o cole. E polo que me conta Nuria pasouno en grande coas experiencias. Cóntanos que está a ver aos compañeiros e compañeiras aquí no blog e tamén os contos da profe Estela.
Aquí está pintando con colorantes sobre espuma de afeitar.

Tamén axudou na casa facendo coa avóa unha estupenda receta de flan de ovo con base de biscoito!   da que esperamos ver pronto os ingredientes para copiala.😋 😉

 E traballou con pauciños e plastilina de cores para construir estas  figuras xeométricas.

 Divirteuse moito facendo o ovo saltarín (metido varios días en vinagre, para que o ácido disolvese a cáscara). E fixoo saltar ata que tivo o final lóxico:  inevitable... e divertido!
 Con auga e colorante fixo o falso microscopio e cun vaso buscou no fondo os dibuxos de animais agochados.
 
 Está coidando moi ben as fabas e lentellas que lle naceron: seguro que dentro de pouco lle nacen flores e consigue ter algunha faba!. E polo DÍA DO LIBRO recibeu da súa avóa este precioso libro  "A mellor sopa do mundo"
 Un album ilustrado de Susanna Isern, editado por OQO, que vos recomendo e  que ademáis das preciosas ilustracións  de Mar Ferrero fala da amizade e de que:
 "O MELLOR INGREDIENTE... SON OS AMIGOS!"


luns, 27 de abril de 2020

La magia de los aplausos

Noelia, a mamá de Olivia, comparteu con nós este precioso conto: "La magia de los aplausos". Ela mandoume o pdf e eu atopei este video do equipo editorial que os creou  "DOSILUSTRADOS".

PREMER AQUÍ

 Trátase dun libro solidario (12 micro-contos) escrito e ilustrado por 24 autores e autoras que explican diferentes vivencias de ese momento ás 8 da noite, no que todos aplaudimos para agradecer e homenaxear  a todos os que se expoñen cada día polo ben da comunidade.

Contos do camiño da TVG

 Esta é unha serie da TVG que consta de 26 contos de 10 minutos de duración, está dirixida a un público a partir de 3 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.
  Aquí podemos ver e escoitar historias como a da tartaruga que quería durmir, chocolata, a cousa que máis doe do mundo, sal e azucre... que seguro moitos xa tedes en forma de album ilustrado. 

domingo, 26 de abril de 2020

A tartaruga que quería durmir

  Jhon E. cóntanos que estivo xogando ao bingo dos números con seu pai. Que traballou no medidor de sílabas e que fixo a ficha do conto da   "Tartaruga que quería durmir".




Sementando esperanza!

  Antes do confinamento saímos recoller sementes das glicinias da pergola da entrada. Eu leveilles tamén sementes de camelias  como a da foto e plantamos cada un de nós unha maceta. Escribiron o seu nome nela  e antes fixemos un reconto para ver cantas podía sementar cada un... Esperamos,  (que ven de esperanza) ... e cando as deixamos algunha xa estaba agromando!.
 Magoa non poder seguir o proceso de crecemento. Visto agora parecen recordos de fai moito tempo...😢
 

sábado, 25 de abril de 2020

A serie numérica

Como vos dixen vou ir colgando algunhas fotos  de actividades que non subira antes do confinamento. Aquí estábamos facendo os números para ter a serie numérica colgada nas paredes da clase, case no teito, xa tíñamos os 20 primeiros e querían seguir facendo máis. Seguro que cando volvamos continuaremos este traballo!