luns, 20 de abril de 2020

Saúdos de Xián e que a forza nos acompañe!

  Aquí temos a Xián levando o rexistro do tempo e cubrindo a ficha do mes de abril: xa vemos que é certo o refrán... "en abril augas mil e todas caben nun candil"
 Plantou fabas nos vasiños e practicou coas cores...
 Fixo quebracabezas de moitas pezas con seu irmán Tiago. Vexo que lle gusta moito a Guerra das galaxias,  así que  "que a forza nos acompañe!", que boa falta fai!
 E mandounos un pequeno video  con un saúdo e coa axuda do seu director de escena!😄

 E adicado a Xián e a todos ... 😉


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!