Iago estivo a traballar con moitas das propostas que fixemos desde o cole. E polo que me conta Nuria pasouno en grande coas experiencias. Cóntanos que está a ver aos compañeiros e compañeiras aquí no blog e tamén os contos da profe Estela.
Aquí está pintando con colorantes sobre espuma de afeitar.
Tamén axudou na casa facendo coa avóa unha estupenda receta de flan de ovo con base de biscoito! da que esperamos ver pronto os ingredientes para copiala.😋 😉
E traballou con pauciños e plastilina de cores para construir estas figuras xeométricas.
Divirteuse moito facendo o ovo saltarín (metido varios días en vinagre, para que o ácido disolvese a cáscara). E fixoo saltar ata que tivo o final lóxico: inevitable... e divertido!
Con auga e colorante fixo o falso microscopio e cun vaso buscou no fondo os dibuxos de animais agochados.
Está coidando moi ben as fabas e lentellas que lle naceron: seguro que dentro de pouco lle nacen flores e consigue ter algunha faba!. E polo DÍA DO LIBRO recibeu da súa avóa este precioso libro "A mellor sopa do mundo"
Un album ilustrado de Susanna Isern, editado por OQO, que vos recomendo e que ademáis das preciosas ilustracións de Mar Ferrero fala da amizade e de que:
"O MELLOR INGREDIENTE... SON OS AMIGOS!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!