Antes do confinamento saímos recoller sementes das glicinias da pergola da entrada. Eu leveilles tamén sementes de camelias como a da foto e plantamos cada un de nós unha maceta. Escribiron o seu nome nela e antes fixemos un reconto para ver cantas podía sementar cada un... Esperamos, (que ven de esperanza) ... e cando as deixamos algunha xa estaba agromando!.
Magoa non poder seguir o proceso de crecemento. Visto agora parecen recordos de fai moito tempo...😢
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!