xoves, 2 de abril de 2020

 Abril e súa irmán Vera comparten con nós as fotos do "estudio das árbores",  un proxecto que fixeron con súa nai. Vese que se fixaron moito nos distintos tipos de árbores!. Así de orgullosa está Abril do resultado!
 Creando coa plastilina e pintando con moito detalle uns escarabellos,  que son a especialidade de seus pais. Neste caso son unhas xoaniñas moi coloridas.
  Xogando con Vera coas Lotties baixo a mesa da cociña, que según súa nai é un dos seus  entretementos favoritos estos días. Desenvolvendo a imaxinación e creando historias!. Abril ten a Lottie activista e Vera a Lottie astronauta porque lle gusta moito todo o relacionado co espacio. E tamén fixeron un circuito vial moi detallado, dibuxando edificios  e  recortando sinais de tráfico.

 E ademáis unha clase con seu pai sobre distintos alfabetos e facendo as tarefas XUNTOS, que é o máis importante durante estos días de confinamento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!