De novo Lia quere compartir cos seus compañeiros algunhas da scousas que está a facer. Esta vez creou un xogo de cartas de memoria recortando e debuxando
cartulinas. Conta Lupe que lle encanta Piktureka, un xogo de mesa para máis maiores no que hai que traballar a memoria e a atención e no que se fixo tan experta que xa lles gaña aos seus pais!
E outro día fixo un disfraz de robot con Manu. Encantoulle o de Martín e quixo facer o seu. Sana competencia!
Tamén nos manda un video con un truco de maxia. A ver si conseguides adiviñar como o fixo!!!😉
E tamén fai moito exercicio coa axuda de seu pai, que lle arranxou a bicicleta para convertila nunha bici estática. Así nos manda este saúdo para os compañeiros!. Aínda que tamén fai a volta ciclista correndo polo piso, esquivando mobles... e imaxino que tamén a Jan! Unha idea xenial!👏👏
Moitas gracias polos saúdos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!