David, o pai de Telmo, comparteu con nós as fotos dunha manualidade que Telmo e Elsa fixeron ao longo da semana a raíz do conto
da tartaruga e a lebre (según el, parecese máis á tartaruga do
videoxogo Super Mario que os nenos descubriron durante o confinamento😉). Como material empregaron unha caixa de plástico, papel de periódico e cola
de carpinteiro para pegar e darlle corpo.
Tiveron que recortar tiras de periódico, ir pegando co
pincel unha a unha.. e despois deixala secar, logo mesturar as cores azul e
amarelo para conseguir o
verde do caparazón da tartaruga.
Este traballo en equipo levoulles
tempo: pero o resultado pagou a pena!
O conto fala de ser constantes, da importancia de perseverar, de non dar nada por imposible e ven decir que non por correr moito imos chegar antes e que as cousas ben feitas levan o seu tempo! Parabéns por esta preciosa tartaruga! 👏 👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!