mércores, 20 de marzo de 2013

INACIO VILARIÑO, CONTADOR DE HISTORIAS

     Hoxe veu o cole o actor, contacontos, e moitas  cousas máis, Inacio Vilariño.  Veu a contarnos contos... O primeiro que fixo foi pedirnos unha silla ... grande, xa vedes para qué. E despois enredounos con unha historia de onagros, asnos e burros salvaxes, de un burro que non sabía que era un burro!. Fixo de Rafa Nadal, de tigre, de burro... cantou cos pequenos e contounos o que lle pasa as guitarras cando as meten na lavadora!. Subeu á silla, saltou, correu e non parou ... Pasámolo moi ben con Inacio, que tivo atrapados os nenos durante toda a sesión, aínda que cando se falou de lobos algún neno da outra clase levou un pequeno susto... pero nós xa estamos afeitos e gústannos todos os animais.
     En esta presentación vedes unha parte do que fixo Inacio ao longo das dúas sesións, xa que fixo a primeira para os pequenos e logo outra para os de catro e cinco anos.



visita de inacio vilariño - diapositivas

 PARTE DO QUE FIXO INACIO:








martes, 19 de marzo de 2013

O CARBALLO CON BOTAS

     "Esta é a historia dun carballo que vivía entre a serra do Faro e o manso  Miño. Un carballo que ficaba só, soiño de todo ...".
Así comeza este libro do contador de historias Anxo Moure que ten unhas preciosas ilustracións de Cristina Ouro. A mensaxe que o libro lle transmite aos pequenos é sobre a importancia da conservación do medio natural. É un libro que temos na clase desde hai varios meses no "recanto dos contos especiais", un libro que lles chama moito a atención xa desde a portada e que comezamos varias veces... pero (adrede) nunca o rematamos e sempre deixamos o final da historia  agardando unha ocasión especial. 

    
NÓS TAMÉN PLANTAMOS CARBALLOS!!!

     Como sabedes, levamos meses coidando os carballos que plantáramos cando saímos a coller landras polo outono e como xa están grandiños agora van a levalos a casa para seguir coidando neles ou transplantalos no xardín ou no monte. Naceron todos é esto foi unha carreira por ver cal nos medraba máis!. Ademáis nunha das macetas naceu unha maceira porque Oliver atopou pepitas na mazá que trouxo para merendar... e despois de ler o conto "O secreto" el tamén quixo plantala a ver que pasaba : e naceu!!!

    E  buscando pola web, atopei este interesante  Lim con actividades sobre o carballo con botas feito polo equipo da biblioteca escolar do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso ( Biblio.a.ro.ba )

--

mércores, 13 de marzo de 2013

NEVE NA MAÍA !

 
    Hoxe vimos neve! Fixo tanto frío pola noite que, cando chegamos o cole, os montes de Rois que se ven desde o colexio estaban cubertos de neve. Así que saímos pola porta que vai o instituto e estivemos vendo a neve e despois atopamos un coche cuberto de xeo e estivemos un ratiño xogando con el e vendo como se nos derretía nas máns. Despois volvimos a clase e pintamos as montañas e a neve sobre cartulinas negras. 
 

luns, 4 de marzo de 2013

A SEDA

    Hoxe tivemos unha visita no cole: viñeron facer uns talleres sobre a producción da seda a partir dos casulos  feitos polos vermes e deixaronnos unha exposición. O curso pasado cos nenos e nenas de 4 e de 5 anos estivéramos coidando un cento de vermes hasta que fixeron a metamorfose en bolboretas. Foi a primeira fase dun proxecto en colaboración coa unión de artesáns e hoxe vimos a segunda fase: o laborioso proceso de recollida dos fíos de seda. Nos talleres realizados por Mª José e Albino participaron os nenos de 5 anos e os tres grupos de primeiro de primaria. Procurarei poñer canto antes na web do cole as fotos sobre a experiencia nos talleres. 











 VER  E  TOCAR:

      Nós non fomos os talleres, pero vimos unha ppt sobre a cría e metamorfose e logo estivemos vendo e tocando na exposición que nos deixaron: vimos ovos, casulos, bolboretas e tamén distintos fios  e  tecidos de seda. Comprobamos co tacto as distintas texturas e graos de suavidade que se lle poden dar á seda.

domingo, 3 de marzo de 2013

DOUS RATIÑOS E UNHA PEDRA...

    Estos días contamos na clase dous fermosos contos de ratiños: "Rufus e as pedras máxicas" de Marcus Pfister  e "Frederick" de Leo Lionni. Recoméndovolos, xa que son preciosos tanto polas ilustracións como pola historia que nos contan, as emocións e os valores que transmiten. Cada ano contamos estes contos... e sempre lles atopo algo novo e fermoso.

    Rufus é un ratiño que vive nunha illa e atopa unhas pedras máxicas que iluminan e dan calor. O ratiño comparte o seu achado cos outros ratiños e ... a partir de esto hai dúas posibilidades. O libro ten dous posibles finais que os nenos analizan e valoran. Nun deles os ratiños víranse avariciosos e acaban destruindo o seu entorno e no outro comprenden que, si collen algo da illa deben dar algo a cambio...

     
     As cousas sempre poden ser algo máis do que parecen. Por exemplo unha pedra solta no camiño... Agora estamos a pintar as nosas propias pedras máxicas: o venres saímos fora e recollimos algunhas que estamos pintando de ouro. Xa veremos o que devolvemos nós a cambio!. (Igual nos serven para arranxar a saída de emerxencia!).



 
       No outro conto, Frederick é un ratiño que coñece a importancia de alimentarse de algo máis que palla e froitos. Con Frederick o seu autor transmite a importancia das palabras e que sempre hai algo máis que as cousas materiais. Nun dos diálogos do conto os outros ratiños pregúntanlle:

        -E tí, por qué  non traballas, Frederick? 
        -Eu traballo, respondeu Frederick  
        -Recollo raios de sol para os días frios do inverno!

      





  

     


      Cando chega o inverno, os ratiños esmorecen co frio e van acabando coa comida, están esgotados e famentos, pero entón lembran o que lles dixera Frederick ... e pregúntanlle polos raios de sol, as cores e as palabras que recollera. A resposta é un fermoso achegamento á importancia das palabras e da poesía, tanto para os ratiños coma para os nenos. 

 -------------------------------------------------------------------------

      No ano 2010 cumplíronse 100 anos do nacimento de Leo Lionni, que realizou albumes ilustrados de enorme e sinxela beleza que siguen emocionando a pequenos e adultos. (Este ano 2013 é o 50 aniversario de outra fermosa obra súa, "Nadarín", e si queredes coñecer máis de cerca a este autor, clicade aquí e veredes a páxina que lle adicou na súa web a editorial Ramdom House, con algún video do autor no que nos conta como creou ao seu ratiño máis famoso.) Moitos dos seus libros están publicados por Kalandraka, como Frederick, Nadarín, Pequeno azul e amarelo ou A casa máis grande do mundo...