Hoxe veu o cole o actor, contacontos, e moitas cousas máis, Inacio Vilariño. Veu a contarnos contos... O primeiro que fixo foi pedirnos unha silla ... grande, xa vedes para qué. E despois enredounos con unha historia de onagros, asnos e burros salvaxes, de un burro que non sabía que era un burro!. Fixo de Rafa Nadal, de tigre, de burro... cantou cos pequenos e contounos o que lle pasa as guitarras cando as meten na lavadora!. Subeu á silla, saltou, correu e non parou ... Pasámolo moi ben con Inacio, que tivo atrapados os nenos durante toda a sesión, aínda que cando se falou de lobos algún neno da outra clase levou un pequeno susto... pero nós xa estamos afeitos e gústannos todos os animais.
En esta presentación vedes unha parte do que fixo Inacio ao longo das dúas sesións, xa que fixo a primeira para os pequenos e logo outra para os de catro e cinco anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!