martes, 23 de febreiro de 2021

"Nada pode deter a marcha dos meus pensamentos..." Rosalía de Castro

"A luz de Rosalía" é o lema que o EDNLG do Concello de Ames escolleu para conmemorar este 2021 o Día de Rosalía de Castro. Os alumnos dos colexios de Ames fixeron carteis para colgar polas farolas das rúas. Na clase escollimos un poema sobre o poder dos pensamentos para rexer o noso destino e dibuxamos o que queríamos ser de maiores...

  Unha gran variedade de espectativas como podedes ver. O noso cartel está no centro de Bertamiráns: a ver si o atopades!  Buscade tamén os outros poemas. (E mandade fotos ao correo da clase).

  Investigando pola rede para buscar poemas, fotos e ilustracións de Rosalía atopamos unha de Eva Casais que nos gustou moito e outra na que está representada como astronauta. Vimos que a 240 anos luz unha estrela leva o seu nome e un planeta que orbita ao seu redor chámase Río Sar desde o ano 2019.  A luz de Rosalía!

"AS ESTRELIÑAS TODAS QUE ALÓ NO ESPAZO ESTÁN,

SORRINDO NOS MIRABAN CON SOAVE CRARIDÁ."

 

 

sábado, 20 de febreiro de 2021

O ano das máscaras!

  Este foi o ano das máscaras, pero esta vez non quixemos pensar somente nelas, senón nas moito máis divertidas deste Antroido tan atípico. Fixemos estas máscaras de pao na clase e por un momento esquecímonos das outras e deixámolas ocultas. Non podemos deixar de felicitar aos nenos por levar un ano enteiro das súas vidas soportando o seu uso sin protestar. Unha lección de responsabilidade para moitos máis maiores: parabéns rapaces!

 Buscamos na rede máscaras e antifaces: cada un escolleu a que máis lle gustou. E onde moitos só ven unha máscara de cartulina... esto era o que imaxinamos que éramos... 



mércores, 17 de febreiro de 2021

As pantaias dos boteiros

  Despois de informarnos na guía do Antroido da Xunta, escollimos varios personaxes do Antroido tradicional galego para facer na clase. Dibuxamos animais nas pantaias de Xinzo e enchemos de papeis de seda as dos boteiros de Viana do Bolo

O BOTEIRO leva unha máscara tallada en madeira de bidueiro e de cor negra, coroada por unha gran pantalla de formas xeométricas feitas con cintas de cores. A nosa é de papel e sustituimos as cintas por bolas de papel de seda.

 

O traxe dos boteiros está composto por:


• Unha camisa de cores feita con cintas cosidas en acordeón.

•Un pantalón con flecos nos laterais.

•Un cinto con cencerros.

•polainas negras de coiro e botas negras.

• e leva un pao cun rabo de raposo que emprega para dar saltos.

Así quedaron as  pantaias dos nosos boteiros. 



domingo, 14 de febreiro de 2021

Seguimento dos bulbos de xacinto

    Este curso fixemos unha plantación con bulbos de xacintos que foi todo un exercicio de paciencia. O día 16 de outubro plantámolos nas bonitas tazas que vos pedíramos (ver aquí).  E despois esperamos pacientemente (ou non tanto)  a que brotasen e logo florecesen. A de Olivia foi a máis rápida xa que asomou o 2 de novembro. Pero tivemos que esperar hasta o 20 de xaneiro para ver a primeira flor. Entonces fixemos unha táboa de rexistro para ver cando saían as outras e de que cor eran. 
 

  Tamén comprobamos que as de cor violeta eran moito máis grandes que as de cor rosa. Pero todas perfumaban a clase co seu olor!. Só tivemos un percance con unha persiana e aínda así dou flor. A que parecía ter mala sorte era a de Lola, que non medraba. Cambiámola por outra que tíñamos por si acaso (sempre hai que contar cos imprevistos para evitar disgustos), e as follas medraron moitísimo, pero a flor murchouse na base. Así que volvimos coller outra de reposto para trasplantar e por fín Lola tamén tivo o seu precioso bulbo rosa!.

  Estivemos levándoas para casa desde o 25 de xaneiro hasta o 10 de febreiro!.  Ao final do video do proceso están cada neno co seu xacinto o día que o levaron. 



(Se os gardades nun sitio seco, para o ano teredes outra bonita flor de xacinto)

domingo, 7 de febreiro de 2021

Un paseo polo río Ameneira

  Fai uns días fixemos unha nova saída. Estrenamos camiño e atopamos no medio do monte o río Ameneira, moito máis impresionante que cando atravesa pola aldea de Castrigo. Unha nova ruta cerca do cole de máis de 2 km. Seguimos o seu curso nun entorno espectacular cheo de musgos, liques, carballos e ameneiros... o canto dos paxaros,  o murmurio do río e, como non, as voces "emocionadas" dos rapaces a cada paso que dábamos 😇

 Tamén atopamos o chan cuberto de prímulas que indican o final do inverno e de ranúnculos e botóns de ouro que anuncian que se está achegando a primavera...   Foi unha clase de coñecemento do medio inmersos na Natureza. Ademais dunha boa camiñata!

Unha ruta que vos recomendamos para facer tamén na primavera xa que contades con uns bos guías.

Aquí vos deixo o croquis aproximado da ruta que seguimos.



venres, 5 de febreiro de 2021

Por San Blas, a cegoña verás!

   O día 3 de febreiro celébrase o san Blas e como dí refrán "por San Blas a cegoña verás". Estas aves viaxeiras volven de paises máis quentes en Africa para anidar en Europa cando está a rematar o inverno. Buscamos na rede para ver como era esta ave e ademáis das imaxes, atopamos uns datos numéricos que quixemos comparar coas nosas medidas: vimos que poden chegar a medir 100 cm de alto, así que somos máis grandes que elas, pero ademáis do peso de 4 ou 5 kg que poden chegar a ter, vimos outro número que nos deixou impresionados cando o marcamos na parede. O número era o 220 cm, a envergadura de punta a punta cando desplega as súas alas. Impresionante. 


 Tamén buscamos o que comen (pequenos animais como rás, peixes, serpes...) e cómo son os seus enormes niños. E descubrimos que en Monforte teñen un con máis de 20 anos, sobre un depósito de auga nunha horta da Rúa Juan Montes, no barrio da Estación. Así que xa temos unha reporteira 😉que se iba encargar de preguntarlle por el a seus avós.


 Tamén estivemos vendo esta fábula de Esopo sobre un zorro e unha cegoña. e falamos dos comportamentos egoistas. 

 

A Candelaria: cando casan os paxariños.

  O día 2 de febreiro celébrase o día da Candelaria. Ven sendo unha festa relixiosa, pero ten un orixe pagano moito máis antigo e fai referencia ao achegamento da primavera e aos ritos de fertilidade. Tamén hai un refrán que dí que "cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra, que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar".


  Según a tradición galega é cando "casan os paxariños",  así que na clase buscamos imaxes na rede, vimos como algúns bailaban para escoller parella e escollimos paxariños que pintamos e pegamos polo corredor.




xoves, 4 de febreiro de 2021

Paseando polo monte en xaneiro

   O último luns de xaneiro, aproveitando que asomara o sol, fixemos unha das nosas saídas pola contorna. Saír da aula para fomentar a capacidade de observación e aprender sobre a Natureza e o medio meténdonos neles. Esta vez deixamos Castrigo e fomos na dirección contraria, cruzamos polo paso de peóns, revisando e respetando as sinais de tráfico e chegamos ao monte. O primeiro tramo, entre algunhas casas aínda en obras, sorprendeunos pola cantidade de restos de estas: cemento, ferros, plásticos... moito lixo, hasta colgado das árbores. Parecía unha pantasma: a da contaminación!. Pero despois chegamos a unha zona máis interesante O primeiro que atopamos foi un niño de velutinas que caera coa forza do vento. Canto traballan estos bichos!. Atopamos un regato que nos chocou, xa que por un lado estaba "canalizado" daquela maneira e polo outro mantiña o seu bonito aspecto natural orixinal. 

     
 
Logo fomos observando os distintos tipos de árbores polo camiño que transcurre paralelo á autovía. Falamos sobre os toxos, os piñeiros, carballos e eucaliptos que atopamos hasta chegar as enormes mimosas que se ven desde arriba. Observamos as distintas cortezas, tipos de troncos, follas... E aínda querían seguir "investigando" novos recantos. Unha proposta que queda para outro día. 
 


 

mércores, 3 de febreiro de 2021

Mensaxes para o Día da Paz

 Ao longo da semana pasada fomos preparando unha serie de MENSAXES para o DÍA DA PAZ que se conmemora o sábado 30 de xaneiro. A idea era colgalos polo colexio adiante: e así pouco a pouco fomos enchendo de notas os patios, as árbores, as barandillas.. Nós intentamos que explicaran o que significaba para eles a paz. Non é doado que os pequenos o verbalicen, pero ao final entre todos escollimos varias palabras: RESPETO, AMOR, ABRAZOS, TE QUIERO... 

Despois escribímolas nas mans de cartulina e pendurámolas no patio de area. Como a fin de semana  veu o temporal o máis probable e que moitas das mans voasen por Bertamirans adiante: outra maneira de transmitir o noso mensaxe pola paz!