xoves, 4 de febreiro de 2021

Paseando polo monte en xaneiro

   O último luns de xaneiro, aproveitando que asomara o sol, fixemos unha das nosas saídas pola contorna. Saír da aula para fomentar a capacidade de observación e aprender sobre a Natureza e o medio meténdonos neles. Esta vez deixamos Castrigo e fomos na dirección contraria, cruzamos polo paso de peóns, revisando e respetando as sinais de tráfico e chegamos ao monte. O primeiro tramo, entre algunhas casas aínda en obras, sorprendeunos pola cantidade de restos de estas: cemento, ferros, plásticos... moito lixo, hasta colgado das árbores. Parecía unha pantasma: a da contaminación!. Pero despois chegamos a unha zona máis interesante O primeiro que atopamos foi un niño de velutinas que caera coa forza do vento. Canto traballan estos bichos!. Atopamos un regato que nos chocou, xa que por un lado estaba "canalizado" daquela maneira e polo outro mantiña o seu bonito aspecto natural orixinal. 

     
 
Logo fomos observando os distintos tipos de árbores polo camiño que transcurre paralelo á autovía. Falamos sobre os toxos, os piñeiros, carballos e eucaliptos que atopamos hasta chegar as enormes mimosas que se ven desde arriba. Observamos as distintas cortezas, tipos de troncos, follas... E aínda querían seguir "investigando" novos recantos. Unha proposta que queda para outro día. 
 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!