luns, 20 de marzo de 2017

Xan Perillán e os monicreques de Kukas

   O pasado xoves os pequenos de infantil fomos ver na Biblioteca a obra "Xan Perillán compra queixo, compra pan" interpretada por KUKAS. Un artista, Marcelino de Santiago,  que leva case 40 anos cos seus monicreques. É unha obra sobre consumo responsable e  hábitos de vida saudable: Xan Perillán é un vello paiaso (os máis pequenos pensaron que era Papá Noel) que vai mercar á tenda verduras, patacas, peixe... e de paso fala  da reciclaxe e da publicidade engañosa. Nesta montaxe podemos ver uns anacos da súa actuación... nunha divertida sesión na que fixo de todo, ata maxia!
 Grazas Kukas!!!

bicis, xogos e bancos no patio


   Dentro da idea do Centro de mellorar e adaptar o patio ás necesidades dos nenos fíxose unha compra de bancos, xogos de parede e bicis para as zonas de recreo. Trátase de que os patios sexan máis acolledores e divertidos e que se cheguen a convertir en zonas donde se relaxen e sobre todo aprendan a compartir.
  
  Aínda que os bancos están nas zonas dos maiores, nós saímos a "estrenalos"...

 
  Desde logo as bicis foron un éxito!. Ademáis de traballar a psicomotricidade e pasalo ben, sírvenlles para "contar as voltas" que dan os demáis...

mércores, 1 de marzo de 2017

Antroido: ruada, larpeiradas e baile de disfraces!

    Participamos con todo o colexio na celebración do ANTROIDO  e, para meternos en ambiente, seguimos os mandadiños do Meco. O primeiro día díxonos: o luns comeza con algo na cabeza!
   Ao longo da semana tamén pasamos polo fotocall instalado na biblioteca, onde o escenario estaba transformado e había moitas caixas con roupa e un montón de acesorios que nos puxemos como máis nos gustou para disfrazarnos. Finalmente o venres tíñamos que vir disfrazados do que máis nos gustase.
     Fixemos algunhas fotos todos xuntos e despois fomos de ruada polo colexio para ver os disfraces dos compañeiros... e ensinar os nosos. Cando volvimos a clase puxemos a mesa coas larpeiradas que nos mandastes para compartir e despois fomos ao baile de disfraces no patio.... (en breve haberá unha entrada na web do cole con fotos do baile)
(Moitas gracias a todos pola vosa colaboración para poder celebrar esta semana de antroido!)