domingo, 24 de abril de 2022

Retratos


 Dibuxar  supón coordinar a vista e a man, pasando polo cerebro e implicando as emocións e as ideas dos nenos e ten un forte compoñente afectivo. Os primeiros dibuxos ata os tres anos, normalmente son garabatos sin forma nin patrón, porque en realidade non están dibuxando senón experimentando cos trazos e sentindo emocións. Así imos pasando de garabatos a formas (normalmente círculos e raias ) que unhas veces son unha cousa e otras algo diferente, porque primeiro fan os trazos e logo “interpretan e cóntannos” o que dibuxaron. Despois xa pasan a debuxar a figura humana (eles mesmos, mamá e papá, os amigos…). Comezan facendo monigotes con grandes cabezas e ollos, círculos para o tronco e líneas para os brazos e pernas que máis adiante van collendo volumen e ampliando detalles. Son fases que todos van pasando. Tamén inflúe "o día que teña o dibuxante": pero no debuxo expontáneo non saltan fases, vanas superando.

 En estos retratos que fixemos para decorar as portadas partimos da foto da súa cara para que fosen dibuxando o resto do corpo.


 E aquí dúas frases de Pablo Picasso

-"cada neno é un artista, o problema radica en cómo seguir sendo artista cando medra"

-"levoume catro anos pintar como Rafael e toda unha vida aprender a pintar coma un neno!" 


sábado, 23 de abril de 2022

Bailando con cintas de vento

 
Uns días antes das vacacións, Sandra estivo facendo "cintas de vento". Para eso atou lazos de cores en gomas que despois colocamos nas muñecas dos nenos.  Eu ademáis conteilles aos nenos o conto de Lola con alas: que vai da superación da tristeza da man das cores.
E, de remate, na sala de psico puxemóslles (entre outras músicas) a primavera de  Vivaldi para que se movesen libremente pola sala. E Bailamos!



 

xoves, 21 de abril de 2022

Un picudo das palmeras no patio



   Un día no areeiro viñeron os nenos correndo a avisar que atoparan "un bicho". A veces son formigas, abellas, arañas... todo nos sirve para observar, pero nesta ocasión tratábase dun enorme escarabello de cor vermello alaranxado con manchiñas negras: un PICUDO VERMELLO DAS PALMERAS. Metino nun bote e levámolo para clase para poder velo mellor. Buscámolo en internet e vimos como son e o que comen.
 
 

 Unha femia pode poñer 300 ou 400 ovos dos que nacen enormes larvas de 5 centímetros que devoran as palmeras ata matalas. Os adultos só chupan. Pola tarde estaba falando cunha mamá no porche e caeunos outro diante dos pes. Vese que estaban na fase do seu ciclo no que voan e buscan outras vítimas... Na  clase tivémolos varios días dándolle anacos de fresa para que chupasen o xugo e buscamos outro na colección de bichos en metacrilato: sorprendéronse moito da variedade e colorido dos escarabellos. Despois pintamos os nosos picudos. Son moi bonitos... pero están causando un verdadeiro desastre 😢 
 


mércores, 20 de abril de 2022

Un paseo ata Castrigo


Cando comezou a primavera achegámonos ata o lugar de Castrigo. Xunto cos nenos da clase de Sandra e con Isabel, fixemos a ruta que vai pola vía de servicio. Así, imos evitando o tráfico case todo o tempo para poder observar "tranquilamente" as plantas, paxaros, bolboretas e o pequeno regato que atravesa por debaixo da autovía. É un camiño corto pero con moitas posibilidades para ver os cambios estacionais. Pasámolo moi ben aínda que moitos querían traer de todo nos bolsillos: follas, paos... e ata a gravilla do camiño!. Na volta algúns quedáronse  mirando todo o que nos faltaba de camiño! É que como dí o refrán "costa abaixo tódolos santos axudan"... pero despois hai que  volver!😂


 

 

luns, 11 de abril de 2022

Beneficios da plastilina


 A plastilina é un recurso moi interesante (e non só en infantil!), pero pola súa aparente sencillez aínda queda moita xente que cree que só sirve para "xogar" e ter os nenos "ocupados" un rato sin preocuparse do que fan. Pero a plástilina ten  moitos beneficios:

Estimula a creatividade xa que o único límite será a súa imaxinación. Por suposto sirve para xogos dirixidos: imos facer letras con ela, crear animais, traballar o esquema corporal poñendo as partes do corpo... Ao principio sempre partimos de bolas e churros. 

Tamén estimula o linguaxe cando explican o que están a facer, e a creación de historias a partir dos personaxes creados.

Desenvolve a motricidade fina: amasar, pellizcar e manipular a plastilina son excelentes exercicios para a man e os dedos. Ademáis de darlles forza nos dedos, conseguimos que desenvolvan a destreza manipulativa, para cando comecen a escribir.

Favorece a relajación, cousa que non nos sobra: ten moito que ver coa tranquilidade ao estar sentados e concentrados.

Desenvolven os sentidos, sobre todo tacto e vista, que se desenvolven mentres xogan. 

Ademáis favorece o traballo en equipo, xa que cando un crean algo novo disfrutan moito compartindo esa idea cos compañeiros.

Aumenta a autoestima xa que ao verse capaces de crear diferentes obxectos, formas ou muñecos a partir dun bloque ou unha bóla, reforza a confianza neles mesmos e a sensación de ser capaces de facer o que se propoñan e compartilo cos outros. E ademáis tamén desenvolven o sentido da estética.

Xa só necesitan o reforzo positivo: ben feito! ou segue así!

Observando bolboretas camiño de Castrigo

 

   A comezos da primavera houbo un día tan bo e soleado que saímos camiño de Castrigo a escoitar cantar os paxaros e sobre todo para observar bolboretas. Tamén íbamos vendo tipos de flores das que se alimentan. A pesar do balbordo e de que nos costaba centrarnos só en eso, conseguimos ver de tres tipos: as amarelas da col, unhas laranxa con tonos marróns e manchas negras e outras entre verdoso e alaranxado. Tamén oímos paxaros, aínda que se agochaban ao escoitarnos e tivemos un momento curioso no que en vez de observadores fomos "observados" por unha parexa de miñatos que nos sobrevolaron en círculos durante un bo rato ata que se decataron que non debíamos ser moi comestibles...


 


Estampando flores con tubos


Unha das actividades que fixemos coa chegada da primavera foi crear flores empregando os tubos de cartón dos rolos de papel  hixiénico. Con un modelo para os pétalos e outro para as follas, fixemos estampacións para formar ás nosas flores.