domingo, 29 de setembro de 2013

ARTE E ARTISTAS...


   Aquí estamos de novo cos pequenos artistas creando as súas obras. En case todas elas vese xa unha intencionalidade, un desexo de representar algo do noso entorno ou saído da imaxinación. Antes, a maioría deles non intentaba representar nada, como moito experimentaban coas cores, as texturas e os trazos... e logo intentaban darlle un sentido e buscabanlle unha explicación o resultado. Agora pensan antes, vese un proceso de reflexión e mentras pintan van contando o que están a facer. E decir: intentan representar algo, por tanto estamos xa un paso máis adiante  no proceso creativo. Por certo: fíxolles moita gracia que lles chamara "artistas" e botaronse a rir. Entre os adultos sempre houbo diferencias á hora de chamarlles artistas e decir si o que fan os pequenos é arte ou non, pero eu  penso que o é cando os pequenos están tan inmersos nun proceso creativo e artístico coma os adultos: depende da intención de transmitir algo e das ganas que lle poñan. E  eso pódese ver nas caras de concentración que poñen cando pintan... 
      Outra cousa: cando empezan a pintar quedan tan concentrados na pintura que nin falan... que xa é dificil. 



mércores, 11 de setembro de 2013

PRIMEIRO DÍA NA MAÍA

   
     Ola, xa estamos aquí de novo, o primeiro día dun novo curso. A volta das vacacións: agora somos maiores, a clase de 4 anos: 5º C. Estaban os emocionados por volver, os que non durmiron, os que aínda non acabaran de espertar de todo, os que se puxeron nerviosos no último momento, os novos e os de sempre, cariñas novas (Kevin e Sergio) e cariñas coñecidas... Tamén faltaban algunhas caras xa que marcharon lonxe: Manuel, Isaac e Oli. E falamos das novedades...
     Despois dos primeiros saúdos e apertas, todos tiñan algo que contar, bicos que repartir e apertas que dar. Un momento moi bonito foi cando, xa na clase e sentados no rincón da reunión, mentras todos intentaban contar o que fixeran no verán, unha nena levantouse, doume un bico e  díxome: sabes unha cousa Loli?, boteite moito de menos!. Eu tamén: a todos! Aparte da experiencia de ensinar, este traballo ten cousas así de bonitas...
   
    Coas cousas do primeiro día só saquei catro fotos e de medio lado: se tedes fotos que queirades compartir enviádemas ao correo da clase. Gracias!