martes, 30 de maio de 2017

Os Fidget Spinners axúdannos coas letras

    Polo visto (cousas da publicidade, así que hai moito que filtrar....), os Fidget Spinners "son un tipo de xoguetes antiestres que axudan a aumentar a capacidade de concentración e que se comercializan para pacientes con autismo, deficit de atención, ansiedade ou depresión....". Nin máis nin menos, pero xa digo: cousas da publicidade! Esta definición saqueina da Wikipedia e estamos vendo un debate sobre as maldades ou bondades do aparello... 

    
    Pero bueno é un xoguete como tantos que está aquí e ao que os rapaces están enganchados, así que porqué non sacarlle partido como material escolar?. 
   Hoxe Martina trouxo un a clase e quería enseñarllelo a todos: a correr lle dixeron os outros que ESO non se podía traer a clase. Pero díxenlles que si primeiro facíamos as rutinas de entrada con calma, despois deixaríaos xogar co spinner "para aprender".

   Foron capaces de agardar e pegueille en cada extremo unha letra... (non é novo: vín algo parecido na rede).  Despois  fixérono xirar por turno e tiñan que pensar palabras que comezasen pola letra que lles quedase cara fora da man.
 
  



xoves, 25 de maio de 2017

Casandra, "Oshta e o duende": un conto peruano


   Casandra, a nai de Vero, naceu no Perú e cando nos veu visitar trouxonos o conto "Oshta e o duende" da escritora Carlota Carvallo que foi, ademais  de artista plástica, profesora e periodista, pioneira da literatura infantil do seu país. Os seus contos teñen como escenario territorios da costa, o altiplano ou a selva.

   Casandra traía unha presentación en power point ilustrada pola súa irmá coa historia dun neno que vive coa nai no altiplano andino coidando ovellas. A moralexa dínos que debemos obedecer ás nais e non pasarnos de listos se non queremos que nos engane calquer duende... Para o conto invitamos a Angel, o irmán de Vero que está na clase dos maiores e todos atenderon moi ben un conto completamente novo para eles.


  Cando rematou a visita buscamos en internet onde está Perú e moita máis información de ese país tan lonxano. Pero creo que o que máis lles impresionou foron as fotos dos tesouros dos incas, que tiñan un parecido coas monedas de ouro de chocolate do tesouro pirata de Jordán (...pero esa é outra historia).

Gracias Casandra pola visita!

domingo, 21 de maio de 2017

día mundial das clases ao aire libre

   O noso cole sumouse a unha iniciativa mundial para dar as clases  ao aire libre, fora das aulas, e recuperar así o contacto coa natureza. Os de catro anos saímos de exploradores cunha  plantilla na man, buscamos e marcamos aves, insectos e plantas que ibamos atopando... Iban tan emocionados na busca que algúns "fixeron trampa" xa que querían encher a plantilla a toda costa... e non, non atopamos esquíos, pero sí moitos animais que non estaban na plantilla.
   Saímos polo camiño da aldea de Castrigo e cruzámonos con outros compañeiros que tamén se sumaron a esta iniciativa aínda que despois cada grupo colleu rutas diferentes. 
 

  Esta iniciativa trata de fomentar o aprendizaxe lúdico empregando a experiencia como parte da formación dos nenos. Fíxose coa intención de concenciar a todos de que os nenos necesitan xogar e experimentar ao aire libre para unha aprendizaxe e desenvolvemento san e completo.

 Tamén fixemos a primeira hora a clase de psicomotricidade no patio e pásámolo moi ben sin restricción de espazo....


luns, 1 de maio de 2017

Composicións en Pop-Up art

David A. Carter estudou arte e ilustración en Utah e  traballou como deseñador gráfico ata que se dedicou a crear libros coa técnica do Pop-Up. Seguramente teredes visto algúns dos seus libros: CANTOS BICHOS  NUNHA CAIXA , 600 PUNTOS NEGROS e sobre todo EL PUNTO  ROJO

   

   Estos días traballamos con esta técnica tan interesante do POP-UP  para achegarnos ás posibilidades creativas do papel. Fixemos unhas composicións (sin ver antes a obra de Carter), só con unha premisa, que era darlle volumen ao noso traballo. De momento só empregamos tiras de cores...  Este foi o resultado:


   E estas son dúas imaxes dos libros de Carter:



Alessandra e Patricia: what do you see?

      Dentro das actividades do mes do libro visitounos Patricia, a nai de Alessandra que, como é profe de inglés, veunos a contar... e cantar varios libros nese idioma. Unha clase extra de inglés na que Alessandra fixo de axudante.


    Como sabe que nos gustan moito, presentounos libros sobre animais e iba facendo preguntas sobre o que estos vían ou oían. "What do you see? e What do you hear?"
   Tamén pasou pola clase Susana, que ademáis de ser a nosa profe de inglés é irma de Patricia e tía de Alessandra... co cal podedes supoñer cómo de contenta estaba a nena!


  De remate, Patricia leeunos un libro (AGAIN), no que un pequeno dragón que non se cansaba de escoitar contos pola noite unha e outra vez... acaba agotando a súa nai...
  No video, ademáis das fotos da sesión, puxen uns anacos dos contos que nos cantou Patricia. Espero que vos gusten!. E moitas gracias Patricia por virnos visitar!