Casandra, a nai de Vero, naceu no Perú e cando nos veu visitar trouxonos o conto "Oshta e o duende" da escritora Carlota Carvallo que foi, ademais de artista
plástica, profesora e periodista, pioneira da
literatura infantil do seu país. Os seus contos teñen como escenario territorios da costa, o altiplano ou a selva.
Casandra traía unha presentación en power point ilustrada pola súa irmá coa historia dun neno que vive coa nai no altiplano andino coidando ovellas. A moralexa dínos que debemos obedecer ás nais e non pasarnos de listos se non queremos que nos engane calquer duende... Para o conto invitamos a Angel, o irmán de Vero que está na clase dos maiores e todos atenderon moi ben un conto completamente novo para eles.
Cando rematou a visita buscamos en internet onde está Perú e moita máis información de ese país tan lonxano. Pero creo que o que máis lles impresionou foron as fotos dos tesouros dos incas, que tiñan un parecido coas monedas de ouro de chocolate do tesouro pirata de Jordán (...pero esa é outra historia).
Gracias Casandra pola visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!