sábado, 13 de novembro de 2021

Obradoiro de xogos

  O venres tivemos un obradoiro de xogos para todos os nenos do colexio. Os monitores colocaron todos os xogos enriba de telas de cores e encargábanse ademáis de ir hixienizando aos nenos cada vez que querían cambiar de xogo. Os pequenos tamén participamos e para nós había carreiras de chapas, pescar fantasmas con canas, lanzar bolas, bloques de construcción moi grandes, quebracabezas de pezas xigantes, arrastres e máis... Cando nos tocou o turno de baixar, vimos tantos xogos que nos costou un pouquiño quedar na zona que tiñamos delimitada: a veces tiñamos algún fuguilla que lle gustaba "investigar" polas outras zonas.  Para que teñades unha idea  e vexades o ben que o pasaron fixen esta montaxe.


 

sábado, 6 de novembro de 2021

Reciclando e reutilizando: xogando con tapas

   Un dos hábitos que fomentamos é o da reciclaxe e a reutilización. Temos  na clase unha caixa chea de tapas de todo tipo de productos (leites, rotuladores, deterxentes...)  que fomos xuntando en cursos anteriores e que imos aumentando coas aportacións dos nenos: esta promoción comezou a engadir as tapas dos bebibles...

As tapas son un material colorido, resistente e moi atractivo visualmente. E barato!. Nós empregámolas para o conteo, a clasificación por cores, formas e tamaños... e ademáis traballamos o gusto estético a través das composicións. Se tedes tapóns bonitos como estes, ou similares, podedes mandárnolos a clase polos nenos.  Aquí unhas das primeiras experiencias con este material:


 

xoves, 4 de novembro de 2021

Sementando landras no outono

  Este parece ano de landras, e moi boas. Ibamos plantar as que tiñamos pola clase pero coa calor secáronse de máis e trouxenlles outras máis frescas que ademáis chamaban a atención polo tamaño e porque xa estaban asomando as puntas das raices en algunhas. Así que puxémonos mans á terra e plantamolas en macetas.

 
 Cómo lles gustou meter as máns na terra!. Os nenos encargáronse de encher  cada un a súa maceta, escoller as landras máis grandes ou xa algo abertas. Ademáis tiñán que contar tres ou catro e plantalas a pouca profundidade. Agora témolas nas ventás da clase e tócanos coidalas e esperar a que nos medre un bosque de carballos que co tempo levarán a casa para que lles busquedes un sitio. Agora imos traballar a paciencia!

  Para "meternos en ambiente" levamos días contando contos nos que tratamos conceptos previos sobre as estacións e o paso do tempo, qué é un bosque e quén vive nel e sobre todo da perseverancia ante as dificultades como  "Xaime e as landras"  e "O duende Pes lixeiros". 

mércores, 3 de novembro de 2021

Cabazas e fantasmas polo Samaín

  Para celebrar o Samaín, o Equipo de Extraescolares do cole propuxo que decorásemos as aulas e as portas con motivos arrepiantes. Os nenos da nosa clase querían "algo que lles dese medo aos outros... pero risa a nós". A nosa porta tiña unha arañeira por un lado e polo outro un montón de fantasmiñas aos que lles puxeron ollos e dibuxaron as bocas (de medo, de risa, berrando...). Tamén apareceu na clase unha sábana que acabou convertida en moitos fantasmiñas (bola de porexpán e pao de brocheta) cos que saímos da aula para ver a exposición das cabazas que trouxemos de casa. 


 AVISO:  na Galería da web do cole xa podedes ver todas as portas e a montaxe de infantil coas cabazas e outras cousas do outono.  PREMEDE AQUÍ

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E PRODUTOS DE OUTONO


luns, 1 de novembro de 2021

A nosa clase ule a outono: xogando con follas e froitos

  Estos días a clase está chea de follas e froitos de outono, landras, castañas, avelás, mazás e algún marmelo... Levei un capacho cheo e estivemos manipulando, comparando as cores, os tamaños, as texturas, e tamén ulindo, xogando e facendo composicións  con todo eso. Primeiro nun papel continuo na alfombra e despois nas mesas. 
  
 
 
Algúns incluso fixeron series coas landras e coas mazás e despois clasificamos e ordenamos todo. A nosa clase ule a outono!. Colgados polo teito temos atados coas follas que recollemos no patio e imos observando como cambian de cores conforme van secando pasando do verde o amarelo e laranxa brilantes ao marrón. 

  
 
Temos a sorte que desde as nosas ventanas podemos observar este cambio nas árbores do patio. O carballo americano e o liquidambar están espectaculares e tamén podemos ver os carballos do monte. 
  
 
 
 
Aparte dos aspectos lúdico, estético e de coñecemento da natureza, con esta actividade tamén traballamos conceptos matemáticos: contar, comparar, ordenar, secuenciar, clasificar, o tamaño, a forma... E pasámolo moi ben!


Visita de Charo Pita

  O venres tivemos unha fantástica sorpresa: "visitounos" por Webex a contacontos Charo Pita. As aulas de infantil  e despois as de primaria, pudemos escoitala de xeito simultáneo a través do ordenador da clase. "Contounos e cantounos" contos de bruxas e do Samaín. Esta escritora, contacontos e  licenciada en Filoloxía Hispánica na súa biografía dí que: "naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Nas súas propias palabras recoñece estar sempre a medio camiño: nin pícara nin adulta, nin gorda nin fraca, nin loura nin morena, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin de alí, unha salvaxe apracible, entre o po da viaxe e a modorra dunha butaca vella, unhas veces coa palabra na boca, outra coa música...".  Imparte talleres de narración oral, estudou Canto, Interpretación. Como escritora recibíu varios premios literarios e entre as súas obras están: El ratón que quería un palacio, Pio pio, diversión pop up, Un caracol?, Cucutrás de animais do mar, Igor, Velliñas, Maxia, A rúa da tixola, Quen pode vencer o vento?,  Estamos no verán!!!, Oxalá estiveses aquí, No país do vento, Andar aos biosbardos, e Contos baixo o freixo engurrado.

Xa nos ten visitado en persoa noutras ocasións: Ver este enlace da Biblioteca aquí+