Páginas
sábado, 14 de maio de 2022
Os carballos: unha historia de 7 meses
domingo, 24 de abril de 2022
Retratos
En estos retratos que fixemos para decorar as portadas partimos da foto da súa cara para que fosen dibuxando o resto do corpo.
-"cada neno é un artista, o problema radica en cómo seguir sendo artista cando medra"
-"levoume catro anos pintar como Rafael e toda unha vida aprender a pintar coma un neno!"
sábado, 23 de abril de 2022
Bailando con cintas de vento
xoves, 21 de abril de 2022
Un picudo das palmeras no patio
mércores, 20 de abril de 2022
Un paseo ata Castrigo
luns, 11 de abril de 2022
Beneficios da plastilina
A plastilina é un recurso moi interesante (e non só en infantil!), pero pola súa aparente sencillez aínda queda moita xente que cree que só sirve para "xogar" e ter os nenos "ocupados" un rato sin preocuparse do que fan. Pero a plástilina ten moitos beneficios:
Estimula a creatividade xa que o único límite será a súa imaxinación. Por suposto sirve para xogos dirixidos: imos facer letras con ela, crear animais, traballar o esquema corporal poñendo as partes do corpo... Ao principio sempre partimos de bolas e churros.
Tamén estimula o linguaxe cando explican o que están a facer, e a creación de historias a partir dos personaxes creados.
Desenvolve a motricidade fina:
amasar, pellizcar e manipular a plastilina son excelentes exercicios para a man
e os dedos. Ademáis de darlles forza nos dedos, conseguimos que desenvolvan a
destreza manipulativa, para cando comecen a escribir.
Favorece a relajación, cousa que non nos sobra: ten moito que ver coa tranquilidade ao estar sentados e concentrados.
Desenvolven os sentidos, sobre todo tacto e vista, que se desenvolven mentres xogan.
Ademáis favorece o traballo en equipo, xa que cando un crean algo novo disfrutan moito compartindo esa idea cos compañeiros.
Aumenta a autoestima xa que ao verse
capaces de crear diferentes obxectos, formas ou muñecos a partir dun bloque ou
unha bóla, reforza a confianza neles mesmos e a sensación de ser capaces de
facer o que se propoñan e compartilo cos outros. E ademáis tamén desenvolven o sentido da estética.
Xa só necesitan o reforzo positivo: ben feito! ou segue así!
Observando bolboretas camiño de Castrigo
Estampando flores con tubos
Unha das actividades que fixemos coa chegada da primavera foi crear flores empregando os tubos de cartón dos rolos de papel hixiénico. Con un modelo para os pétalos e outro para as follas, fixemos estampacións para formar ás nosas flores.
luns, 21 de marzo de 2022
8 M: abecedario de mulleres, A de Ana Peleteiro
luns, 14 de marzo de 2022
"O moucho", poema de Rosalía de Castro
mércores, 9 de marzo de 2022
Volta ciclista ao paso por Bertamiráns: "O gran camiño"
domingo, 6 de marzo de 2022
Disfraces de Antroido