Durante o outono, moitas veces facemos saídas para observar as cores do entorno e falar delas. Nesta ocasión as cores viñeron a nós. Na mesa de presentación, púxenlles varios dos froitos máis coloridos: un limón, unha laranxa, unha mazá e un cítrico do máis raro que eles non coñecían: unha man de Buda cos seus dedos longos. Despois tamén engadimos plátanos das merendas... Sempre lles digo que antes de poñerse cos pinceis ou as ceras temos que mirar moito e pensar máis. Así que antes de comezar a pintar do natural, observamos, ulimos e sobre todo tocamos os froitos. Comparamos formas, tamaños, cores... e finalmente pintamos cos pinceis!
Páginas
Amosando publicacións coa etiqueta froita b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta froita b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 14 de decembro de 2022
Pintando dun modelo natural: froitos de outono
Durante o outono, moitas veces facemos saídas para observar as cores do entorno e falar delas. Nesta ocasión as cores viñeron a nós. Na mesa de presentación, púxenlles varios dos froitos máis coloridos: un limón, unha laranxa, unha mazá e un cítrico do máis raro que eles non coñecían: unha man de Buda cos seus dedos longos. Despois tamén engadimos plátanos das merendas... Sempre lles digo que antes de poñerse cos pinceis ou as ceras temos que mirar moito e pensar máis. Así que antes de comezar a pintar do natural, observamos, ulimos e sobre todo tocamos os froitos. Comparamos formas, tamaños, cores... e finalmente pintamos cos pinceis!
Etiquetas:
arte,
coñecemento,
froita,
outono
domingo, 26 de decembro de 2021
Receta de "plátano pirata"
Os luns para a merenda de media mañán, temos o día da froita na clase, e cando tocaba plátano falábamos de Canarias, do volcán da Palma e sobre todo do que lles costaba rematar o plátano enteiro.... Que si é moi grande, que non me gusta, que ten manchas, que xa comín moito, que non podo... En fín, tódalas excusas que seguro coñecedes.
Un día, despois de agotar tódolos argumentos para que comesen aínda que só fose un bocadiño máis, ocurreuseme contarlles que a mellor maneira de comer un plátano era cortarlo cunha espada pirata que me dera un deles fai tempo e que tiña gardada no armario (era o coitelo de cortalas tartas e biscoitos que compartíamos antes do Covid)...
Así que, armada de "espada pirata", corteilles os plátanos en anaquiños... e agora rematan os plátanos sen protestar jeje
luns, 3 de xuño de 2019
Cereixas, fresas e un xardín vertical dos sentidos
Este curso participamos en varias experiencias coa natureza na horta e no xardín, que nos levaron por exemplo a observar o crecemento das cereixas desde que as vimos en flor ata que as pudemos comer estos días. Ao primeiro atopáronas ácidas, pero logo non chegaban a nada!. No noso patio ademáis están a madurar as moras e os primeiros que as quixeron probar atopáronas moi ricas. Despois xa as probaron case todos!. Tamén seguimos o crecemento das fresas que plantaron na horta os nenos que estaban na miña clase fai 3 cursos e un día fixemos unha "colleita"..
Como eran poucas, fixemos unha "merenda matemática": contámolas, contámonos e repartímolas. O mellor de todo foi compartir. Ademáis o mércores tamén probamos os arándanos e albaricoques da semana da froita que fixeron os maiores estos días.
Participamos ademáis na plantación e coidado do xardín vertical dos sentidos que montou a nosa compañeira Sandra colgando botellas nas columnas do peche que enchemos de terra e plantas e que agora todos podemos coidar e disfrutar...
(En outra entrada xa vos contaremos como foi esa experiencia na que plantamos leitugas, fresas, plantas aromáticas, de flor e crasas... )martes, 30 de outubro de 2018
Saídas por Castrigo
Para observar a natureza e os cambios que provoca o outono fixemos un par de saídas polas pistas de Castrigo cerca do colexio. Vimos carballos que xa cambiaban de cor, castiñeiros, maceiras, follas, buscamos landras, castañas, ourizos... A nosa idea era recoller landras para sementar, pero atopamos moi poucas e bastante estragadas así que descartamos a maioría. Cando volvemos a clase gardamos moitas das cousas que atopamos nunha pequena caixa dos tesouros de outono.
O encargado do día levou unha bolsa onde íbamos gardando as sementes e follas que quixemos levar a clase.
Foi unha saída para coñecer o entorno, fomentar a observación e promover o respeto polos seres vivos.
luns, 12 de marzo de 2018
Os tres sabores das LINAS!
Na horta do cole temos unha árbore que plantamos sendo laranxa doce, pero como brotou por debaixo do inxerto agora dá un froito digamos "especial". Puxéronlle o nome de LINAS porque saben a limón, pero parecen naranxas. Fai uns días fixemos esta experiencia: collemos 5 e cortámolas para ver que sabores lle atopábamos. Traballamos cos sentidos: a vista, o tacto, o gusto e tamén o olfato. Ao comelas foron saíndo diferentes sabores: doce, ácido, amargo.... E tamén conceptos matemáticos: enteiros, metades, cuartos, a partición... Troceamos as linas e probámolas, pensamos que non lle sobraría un pouco de azucre e deixámolas un día na neveira.
Cando as probamos descubrimos varios sabores: o zume era doce, a pulpa ácida e a parte blanca da pel moi amarga. E fixemos un xogo no que tíñamos que probalas sin que os compañeiros notasen pola nosa expresión a qué nos sabían. Unha mestura rara e divertida que nos fixo agudizar os sentidos.
luns, 20 de marzo de 2017
Xan Perillán e os monicreques de Kukas
O pasado xoves os pequenos de infantil fomos ver na Biblioteca a obra "Xan Perillán compra queixo, compra pan" interpretada por KUKAS. Un artista, Marcelino de Santiago, que leva case 40 anos cos seus monicreques. É unha obra sobre consumo responsable e hábitos de vida saudable: Xan Perillán é un vello paiaso (os máis pequenos pensaron que era Papá Noel) que vai mercar á tenda verduras, patacas, peixe... e de paso fala da reciclaxe e da publicidade engañosa. Nesta montaxe podemos ver uns anacos da súa actuación... nunha divertida sesión na que fixo de todo, ata maxia!
Grazas Kukas!!!
sábado, 2 de maio de 2015
Plantando fresas
Fai uns días pasamos pola horta a plantar fresas. Tíñamos plantas grandes de flores blancas e outras máis pequenas de flores rosas que lle encantaron. Tamén levamos dúas plantas de moras sin espiñas e como xa as merquei con algún froito, esperamos poder comelas antes de que remate o curso. Ademáis tivemos sorte de que xusto ao día seguinte lles choveu e así non correron risco de secar o fin de semana.
Despois recollimos o lixo: as bandexas e outros restos que atopamos. Entre eles a veleta e o espantallo que tanto nos gustaba... Estaba desfeito polas choivas e un ano á intemperie... pero aínda así non quixeron botalo no saco: algunha case chora!. E a varios ocurreuselles facerlle "unha tumbiña". Ejem... Así que cavamos un burato, enterrárono ....e tapárono cos pétalos das camelias que atoparon caídas.
Etiquetas:
coñecemento,
froita,
sentimentos
venres, 2 de maio de 2014
1 AGUACATE E 3 NÍSPEROS
Cando merendamos descubrimos que as froitas que traemos a clase teñen sementes que podemos plantar e das que xa nos naceron árboliños (laranxeiros, maceiras, limoeiros e mandarinos). Tamén vimos que das pipas de cabazas do magosto nos saían pequenas cabaceiras. Así que empezamos a ver sementes por moitos sitios: as redondas fabas marróns das glicinias trepadoras do patio, as enormes e aplastadas dos mangos que probamos un día en clase, os graos de millo, castañas, noces e avelás que xuntáramos polo outono...
| premer na imaxe para ver a presentación |
xoves, 1 de maio de 2014
CABACIÑAS E BERROS
Agora que chegou a primavera, están agromando as sementes que fomos plantando desde fai tempo nas macetas e no terrario. A paciencia tivo os seus froitos, xa que tardaron moito en nacer e os nenos sempre lembraban o conto "AÍNDA NADA?". A que nos deixou máis sorprendidos foi a cabaciña da clase que un día apareceu coas súas fermosas flores de cor amarelo-alaranxado e que despois formou unha pequena cabaciña. Incluso nos naceu un arce das sementes recollidas no outono no patio de tres anos.
Tamén están nacendo un montón de laranxeiros, limoeiros e mandarinos das pepitas que recollimos das froitas que traían nas merendas.
A flor da cabaciña só durou un par de días e logo murchouse...A cabaciña ten moitas flores e esperaremos a ver si consegue lograr os froitos...
Como o tempo foi malo para sementar no horto, na clase fixemos un pequeniño invernadoiro con sementes de berros e de perexil. Plantamos as pequenas sementes un venres e cando entramos o luns na clase os rapaces emocionaronse todos xa que as pequenas plantiñas estaban todas nacidas.
| premer na imaxe para ver o proceso |
Etiquetas:
árbores,
experiencia,
froita,
natureza
domingo, 1 de decembro de 2013
COLLEITA DE LARANXAS NO COLEXIO
A laranxeira da nosa horta está chea de froita, así que pasamos por alí para recoller unhas cuantas laranxas. A árbore ten
unha peculiariedade, xa que cando a plantamos fará uns 10 anos, era unha
laranxeira que os primeiros anos dou froitas grandes e doces, pero máis
tarde retoñou por debaixo do inxerto e comezou a dar tamén laranxas
moito máis pequenas, ácedas e de cor algo máis amarela que, de pequenas, parecen limóns.
Non quixemos cortar esa metade da árbore e agora produce dúas clases de
froitos: as laranxas doces de mesa e estas que fomos recoller agora,
que son as axeitadas para facer marmeladas e perfumar confituras. Con
nós viñeron os nenos da clase de Lidia e despois escribimos e fixemos
dibuxos.
Etiquetas:
animación á lectura,
árbores,
froita,
outono
luns, 11 de novembro de 2013
RETRATOS CON FROITOS DO OUTONO
No cole estamos a facer os retratos dos Castañóns, elaborados a partir dos productos e froitos do outono que fomos xuntando estos días. Os de catro anos fixemos os nosos despois de ver varios cadros do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo. Este artista fixo por encargo do rei Rodolfo II varias series de retratos empregando elementos naturais e dándolles aspecto "real". Tamén fixo varios cadros que cambiaban según o sentido no que os mirases. Nós partimos da observación da serie das 4 estacións (sobre todo "O outono")
Seleccionamos e clasificamos todo, separando froitos secos de carnosos, escollendo cabazas, follas e pinas... logo fixemos grupos de catro para fomentar o traballo en equipo e comezamos a compoñer os retratos escollendo os elementos que nos gustaban máis. Cando conseguían rematar un retrato eu sacaba a foto e seguíamos facendo outros. Outra vez fixémolo por parellas e así fomos conseguindo máis traballos. As fotos están na exposición dos castañóns da entrada do cole.Clicade aquí para ver como o fixemos:
E estos son os retratos:
domingo, 3 de novembro de 2013
FESTA DA COLLEITA NO OUTONO!
Ao longo do Outono era a época da colleita de moitos froitos e tamén de hortalizas como as cabazas. Recollíase o millo, as castañas, facíase a vendima etc...A tempada da colleita remataba coa festa do Samaín unha celebración agraria que sinalaba o final dunha estación. Esta tradición é de orixe celta (que hoxe moitos mesturan co Halloween dos zombies, vampiros e bruxas...pola influencia das películas) e nela empregábanse as cabazas decoradas para meter medo aos enemigos e aos mortos e pantasmas. Poñíanse nos cruces dos camiños por ser sitios de paso e nas portas das casas para protexelas... Bueno, en realidade o que poñían os celtas, espetadas en paus diante das casas, eran as caveiras cortadas dos seus enemigos e a tradición foi derivando ...
Esta tempada na clase fixemos a nosa particular colleita: os nenos e as nenas traían a clase cabazas, millo, uvas, castañas, noces... e incluso a nosa conserxe nos trouxo millo de cores moi diferentes (cada vez quedan menos de esas fermosas e orixinais variedades). Eu levei a clase unha manchea de cabazas de formas e cores moi diferentes. Alvaro trouxo pipas da súa cabaza e, como xa tiñamos máis na clase, plantamos algunhas no terrario e xa están medrando!
Despois fixemos sesións de "trae e conta" nas que cada neno explicaba algo sobre o que traía. Logo fixemos tamén varias de "degustación" e comimos: uvas, laranxas, mandarinas... comparando e explicando sabores, texturas e tamén olores.Tamén diferenciamos entre froitos secos e froitos carnosos e pronto comeremos as castañas cando celebremos o Magosto!
En esta presentación vedes varios momentos de estas sesión de "trae e conta" e tamén como rematamos indo a ver a exposición do samaín que fixeron nas casas: cabazas decoradas con moita arte, reloxos, bonecas de milllo, colares, aneis, animaliños de xoguete...un sinfín de traballos moi creativos. MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN! (as fotos da exposición de infantil e primaria estarán pronto no blog da Biblioteca)
martes, 22 de outubro de 2013
MANDARINAS MATEMÁTICAS
luns, 21 de outubro de 2013
LARANXAS VERDES NA MAÍA
Na clase estamos a probar algúns froitos que maduran no outono: uvas, mandarinas... e un día pasei polo xardín do cole (o que imos intentar transformar nun pequeno horto) e collín UNHA LARANXA ALGO VERDE. Leveilla os nenos e como a maioría nunca viran algo así, intentaron adiviñar o que era: un limón, unha lima... pero ningún pensou que podía ser unha laranxa. A cor deixounos desconcertados... Quedamos en volver a ver como maduraban para coller máis.
Despois peleina e troceeina para ver a que sabía: un par non quixeron probar, unha só quixo probar a parte blanca e os demáis diron boa conta do resto. Intentamos explicar a que sabía: os sabores ácido, amargo e doce... Traballamos tamén co olfato e finalmente deixamos a codia na clase varios días para ir vendo o que lle pasaba e como se íba secando pouco a pouco e cambiando a cor e o olor. En esta presentación está o que fixemos:
Despois peleina e troceeina para ver a que sabía: un par non quixeron probar, unha só quixo probar a parte blanca e os demáis diron boa conta do resto. Intentamos explicar a que sabía: os sabores ácido, amargo e doce... Traballamos tamén co olfato e finalmente deixamos a codia na clase varios días para ir vendo o que lle pasaba e como se íba secando pouco a pouco e cambiando a cor e o olor. En esta presentación está o que fixemos:
Etiquetas:
experiencia,
froita,
outono
domingo, 6 de outubro de 2013
O DOCE DE MAZÁ DE IKER
Esta semana Rita, a nai de Iker, preguntoume si podían compartir con todos un doce de mazá que fixeran na casa. Por suposto apuntámonos a larpeirada: un postre elaborado con un froito do outono!.
Iker trouxo o doce a clase, contounos como o fixera a súa avóa usando só mazá e azucre e reparteu anaquiños a todos para probalo. Algúns só probaron anaquiños, dous non o quixeron, varios tripitiron e entre todos demos boa conta del: deixaron a friameira baleira... ESTABA MOI RICO!.
Así que desde aquí gracias a avóa de Iker por facelo, a Rita por mandalo e a Iker por compartilo.
(Tamén gravamos a Iker contando todo o proceso: como a avóa escollera as mazás , as pelara e as cocera. Contouno moi ben, pero o video tivo "un fallo técnico" e non podo subilo. Outra vez será)
Etiquetas:
cociña,
experiencia,
froita,
outono
domingo, 2 de xuño de 2013
UNHA HORTIÑA NA MAÍA...
Fai unhas semanas comezamos unha actividade relacionada coa natureza, co respeto e o coidado do entorno máis próximo.
Queremos que coñezan como se producen algúns dos alimentos que comemos... e que valoren o esforzo que supón o traballo no campo.
Resulta que na clase temos aínda as espigas do millo que se trouxera a clase no outono e non tíñamos pensado facer nada máis con el hasta o día que saímos a Castrigo e atopamos unha horta plantada de novo, na que vimos unhas coles (como as do conto do coelliño branco que tanto nos gusta). Aquel día díxenlles que para que o millo medrase máis que o que temos nas macetas de clase, tíñamos que plantalo na terra. Así que pensamos facer unha pequena horta no cole.
Ensineilles aos nenos un pequeno recuncho de terra onde temos a laranxeira e que estaba un pouco "a monte". Non temos moito sitio, pero a ventaxa é que que está illado e ten auga.
Comezamos un día "explorando" o terreo para ver as posibilidades, pero despois non parou de chover e a actividade foisenos retrasando moito, logo estropeouse a cámara onde estaban a maioría das fotos e agora por fín pódovos mostrar o que levamos feito ata o de agora. Eu fun podando as ramas baixas do aligustre para poder andar por alí e retiramos as camelias mortas (estarían cheas de flores se non fose que lles cortaron a piel a carón...).
Outro día fomos arrincando as herbas e os nenos axudaron a amontonalas ... levamos ferramentas e todo!. Por certo, gústalles máis amontonar que arrincar... Tamén se apuntaron os nenos da clase de María José e os de Marta. De paso estamos pensando o que podemos sementar cando deamos montado os bancais, e tamén queremos poñer un par de árbores froiteiras. Bueno, os nenos querían poñer de todo... pero o sitio é moi pequeniño. É unha actividade que continuaremos o curso que ven, xa que este está a punto de rematar.
Aquí estamos en faena:
Etiquetas:
árbores,
Ecoloxía,
experiencia,
froita,
medioambiente,
natureza
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























.jpg)
.jpg)