Cando merendamos descubrimos que as froitas que traemos a clase teñen sementes que podemos plantar e das que xa nos naceron árboliños (laranxeiros, maceiras, limoeiros e mandarinos). Tamén vimos que das pipas de cabazas do magosto nos saían pequenas cabaceiras. Así que empezamos a ver sementes por moitos sitios: as redondas fabas marróns das glicinias trepadoras do patio, as enormes e aplastadas dos mangos que probamos un día en clase, os graos de millo, castañas, noces e avelás que xuntáramos polo outono...
Para que visen outras diferentes e moi pequeniñas trouxenlles as de berro e perexil, as medianas dos nísperos e as grandes e redondas dos aguacates. As pequeniñas plantámolas nos invernadoiros da fiestra e naceron en dous días e nas macetas plantamos as outras. Antes decoramos e nomeamos as macetas e cada neno escollía 1 semente de aguacate e 3 de níspero. Tiñan que seleccionar as máis consistentes e sin enrugas e plantalas a diferentes alturas... Agora só nos queda esperar!
premer na imaxe para ver a presentación |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!