Agora que chegou a primavera, están agromando as sementes que fomos plantando desde fai tempo nas macetas e no terrario. A paciencia tivo os seus froitos, xa que tardaron moito en nacer e os nenos sempre lembraban o conto "AÍNDA NADA?". A que nos deixou máis sorprendidos foi a cabaciña da clase que un día apareceu coas súas fermosas flores de cor amarelo-alaranxado e que despois formou unha pequena cabaciña. Incluso nos naceu un arce das sementes recollidas no outono no patio de tres anos.
Tamén están nacendo un montón de laranxeiros, limoeiros e mandarinos das pepitas que recollimos das froitas que traían nas merendas.
A flor da cabaciña só durou un par de días e logo murchouse...A cabaciña ten moitas flores e esperaremos a ver si consegue lograr os froitos...
Como o tempo foi malo para sementar no horto, na clase fixemos un pequeniño invernadoiro con sementes de berros e de perexil. Plantamos as pequenas sementes un venres e cando entramos o luns na clase os rapaces emocionaronse todos xa que as pequenas plantiñas estaban todas nacidas.
premer na imaxe para ver o proceso |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!