Onte foi o DÍA DO LIBRO e para celebralo, fixemos uns marcapáxinas que sinalasen onde imos quedando nos contos "grandes" que lemos. Para facelos empregamos materiais reciclados: os recortes da picadora, retrincos de cartulinas metalizadas, papeis de cores, unha base doutros marcapáxinas que tiñamos gardados "...por sí" e plumas de cores. Cada un empregou o que quixo e sairon ben bonitos. (despois plastifiqueillos para que non lles caesen pezas)
Traballamos cunha medida que non dan pillado ( "a que cabe entre dous dedos"", xa que a maioría prefieren traballar con outra máis amplia ("a manchea"). Cando teñen moito material para escoller, deixanse levar pola ansia e comezan a acaparar ... ata que se decatan que non lles vai caber todo o escollido... e logo teñen que recollelo!
E aínda que a primeira vista poidan parecer iguais, non é tal , xa que cada un estivo facendo e desfacendo a súa composición como tiñan o día: minimalistas, acaparadores, rosas, brilantes, naturais...
E logo barrimos e barrimos e barrimos.... e aínda así quedounos un chan ben lucido! E uns marcapáxinas moi bonitos! Agora teñen que metelos nos libros!
E logo barrimos e barrimos e barrimos.... e aínda así quedounos un chan ben lucido! E uns marcapáxinas moi bonitos! Agora teñen que metelos nos libros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!