Estivemos facendo uns retratos con rotus e ademáis escollimos na caixa das pegatinas a que máis se axeitaba ao noso estado de ánimo nese momento, así que tamén falamos das emocións. Casi todos escolleron expresións nas que estaban contentos e felices. Estes retratos, nos que faltan algúns compañeiros, podemos ilos comparando cos que fixéramos a principio do curso pasado e cos que seguiremos a facer para ver a súa evolución.
Páginas
Amosando publicacións coa etiqueta o corpo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta o corpo b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 26 de outubro de 2022
luns, 24 de outubro de 2022
Unha sesión de ioga
A profe Sandra propúxonos facer unha sesión conxunta de Ioga na sala de psico. Así que collimos as nosas esterillas e descalzámonos. Puxemos música relaxante e sentámonos xuntando as plantas dos pes. Comezamos primeiro a despertar cada parte do corpo, intentando ser conscientes de cada segmento. Por alí pasou a teacher Susy e apúntouse á sesión!. Fixemos distintas posicións, colocando o corpo para facer como o gato, o can, a bolboreta, a cobra... e rematamos con equilibrios e estiramentos, para finalmente intentar relaxarnos.
domingo, 24 de abril de 2022
Retratos
Dibuxar
supón coordinar a vista e a man, pasando
polo cerebro e implicando as emocións e as ideas dos nenos e ten un forte compoñente
afectivo. Os primeiros dibuxos ata os tres anos, normalmente son garabatos
sin forma nin patrón, porque en realidade non están dibuxando senón experimentando
cos trazos e sentindo emocións. Así imos pasando de garabatos a formas (normalmente
círculos e raias ) que unhas veces son unha cousa e otras algo diferente, porque
primeiro fan os trazos e logo “interpretan e cóntannos” o que dibuxaron. Despois
xa pasan a debuxar a figura humana (eles mesmos, mamá e papá, os amigos…).
Comezan facendo monigotes con grandes cabezas e ollos, círculos para o tronco e
líneas para os brazos e pernas que máis adiante van collendo volumen e
ampliando detalles. Son fases que todos van pasando. Tamén inflúe "o día que
teña o dibuxante": pero no debuxo expontáneo non saltan fases, vanas superando.
En estos retratos que fixemos para decorar as portadas partimos da foto da súa cara para que fosen dibuxando o resto do corpo.
E aquí dúas frases de Pablo Picasso:
-"cada neno é un artista, o problema radica en cómo seguir sendo artista cando medra"
-"levoume catro anos pintar como Rafael e toda unha vida aprender a pintar coma un neno!"
martes, 2 de marzo de 2021
Retratos: iguais pero diferentes!
Fai uns días fixemos unha colección de retratos. Comezamos pintando o óvalo do rostro en A3 e para conseguir o tono de pel fixemos a primeira mestura con maxenta, blanco e amarelo... pero saleu unha cor que eles definiron coma "rosa cerdito" e que non nos convencía porque ningún tíñamos ese ton de pel. Así xurdeu a pregunta de cal é realmente a cor carne?... Que cor é esa si todos somos diferentes?. Así que fixemos unhas cuantas mesturas e probámolas pintando sobre a nosa pel.
Foi unha divertida sesión na que comprobamos que non había dúas iguais, si acaso algo parecidas... Na rede tamén vimos retratos de moitas persoas diferentes e chamounos moito a atención o ton de pel dos albinos.
Pedíramoslles aos nenos que trouxeran ollos, bocas e narices recortados, pero como non se axeitaban á proporcionalidade rematei buscando na rede e imprimindo unha variedade e gardamos os da casa para outra ocasión. Cada neno escolleu e recortou os que quixo e despois pegamos papeis para facerlle o pelo: cortos, longos, lisos, con mechas...
E así nos quedaron os retratos.
sábado, 30 de maio de 2020
Iago fixo esqueletos e pulmóns
Iago estivo facendo dúas das propostas sobre o corpo humano. O primeiro que escolleu foi o de facer esquemas de esqueletos e empregou bastonciños dos oidos e palliñas para facer os osos. Quedáronlle así de divertidos:
E con dous globos, palliñas e media botella fixo o esquema dos pulmóns, así pudo ver como se enchían de aire tirando do "diafragma".
venres, 22 de febreiro de 2019
Trasnos
Unha das actividades que fixemos no Nadal foron estes trasniños ou duendes de nadal coas súas caras. Os pequenos pintáronlle a roupa e despois puxémoslles brazos e pernas que nos permitiron xogar coas articulacións e o movemento. Foi toda unha "dura decisión" escoller as cores dos limpapipas que nos serviron de brazos e pernas.... gustábanlles as cores pero querían "coordinarse" cos amigos e poñelas iguais...
Despois levaron os trasniños-axudantes de papá Noel para casa: algúns dixeron que as colgaron nas árbores que tiñan postas e outros na súa habitación. Un sinxelo xoguete de nadal...
domingo, 18 de novembro de 2018
Os nosos retratos estilo Arcimboldo
Estamos achegándonos a distintas formas de representación do corpo, unha delas son os retratos metafóricos de Giuseppe Arcimboldo. Primeiro centrámonos nos retratos que este artista realizou das estacións, sobre todo na cabeza de outono: observamos este curioso efecto no que elementos naturais compoñen un retrato humano e intentamos identificar os máis elementos posibles. Partimos do retrato fotográfico e superpuxemos materiais que temos na clase para facer os nosos propios "Arcimboldos de outono".
Empregamos follas, paos, landras, castañas, mazás, laranxas... e despois seguimos cos cristais da mesa de luz, xoguetes de pezas...
Aquí están os nosos Arcimboldos:
martes, 3 de xullo de 2018
Aprendendo a coidar bebés.
Esta vez nas visitas de aula xuntáronse tres xeracións: a avóa Encina, a filla Bea e as dúas netas Lucía e Emma. Bea explicounos como temos que coidar un bebé. O que come, como é o tamaño do seu estómago, como se lle cambian os cueiros, como vai medrando na barriga de mamá....
Preparou un power point con fotos das dúas nenas e trouxo muñecos e cueiros para que llos puxesen os nenos... foi moi divertido. E a Emma no medio de todo e como é un bebé, entroulle a fame e pasou de nós para comer tranquiliña!
Gracias a Bea por explicarnos como é o coidado dos bebés, e a avóa Encina por vir pasar este ratiño con nós.
luns, 11 de xuño de 2018
Unha clase de fisioterapia
Fixemos exercicios de respiración e xogamos cunha pluma ver canto aguantabamos. A fisioterapia tamén sirve para o que máis lles interesou: para tratar a deportistas lesionados. Con Pablo de axudante simularon unha lesión de nocello xogando ao futbol e "como non había rotura" fíxolle o tratamento a pé de campo e unha vendaxe para que poidese volver xogar.
Cando rematou o partido explicounos os pasos a seguir para a recuperación do "lesionado": masaxes e exercicios. Pablo fixo moi ben o seu papel. De remate Lorena, que viña toda preparada con camilla, bandas de estiramento, vendaxes e demáis, preparou unha cama elástica para que todos fixesen exercicios. Pasárono xenial saltando!
Moitas gracias a Lorena que nos explicou xenial en que consiste a fisioterapia e a Estrella que lle fixo de axudante porteadora. Algunhas decían despois que querían ser fisios de maiores... e ademáis Pablo xa está completamente recuperado da súa lesión!
Neste video están as fotos da sesión:
sábado, 26 de maio de 2018
Alex e Antón: unha clase de tenis
Alex o pai de Antón veunos explicar o seu traballo e dounos unha clase de tenis. Trouxo todo o material: redes, raquetas e moitas pelotas. Nos videos de abaixo podedes ver a montaxe coas fotos da sesión e algúns anacos da clase.
Primeiro reparteunos por parellas coas pelotas e mentras foilles explicando un a un como se xoga e como hai que colocar o corpo e ter conciencia do control postural. Comprobamos que algunhas nenas e nenos xa apuntan boas maneiras...
Rematamos cun xogo no que tiñan que competir cos tres adultos que estábamos na clase e lanzarnos as bolas a ver quen devolvía máis ao campo contrario: cebáronse!. Non dábamos abasto e ganaron eles claro. E Alex doulles o premio: os gañadores recollían as bolas!. Coa emoción de vencer foron rapidísimos jeje
Foi unha clase moi divertidas e pasámolo xenial. Moitas grazas Alex!
Anaquiños da clase! Que se preparen Rafa e Garbiñe!
a montaxe coas fotos:
domingo, 20 de maio de 2018
Sandra: unha médica, una escaiola e unha ambulancia!
Sandra, a nai de Paula, foi a nosa convidada. É médica e veunos explicar o seu traballo no PAC. Falounos do corpo, dos osos, do corazón, dos oídos... No seu maletín de médica traía moitas cousas, unha ambulancia de xoguete e aparatos para mirar os oidos, a tensión, o corazón... Vimos como é un estetoscopio, probámolo todos e pudemos escoitar o noso corazón latexando!
Mostrounos como se fai unha escaiola: trouxo vendas e con auga morna e a axuda de Paula escaiolaron o brazo dun boneco da clase. E deixounos anacos para facer máis escaiolas. Algúns falaron das súas experiencias con brazos, máns e hombros escaiolados...Tamén nos deixou de agasallo un pequeno kit de urxencias que preparou ela.
Despois baixamos á zona do Bibliopatio e alí tivemos unha sorpresa: os seus compañeiros viñeron cunha ambulancia!. Victor e Juan son TES, técnicos de emerxencias sanitarias, con un plus engadido de paciencia e bo humor. A entrada da ambulancia foi fantástica (algúns do cole pensaron que estabamos co simulacro de evacuación de incendios!) e entre os tres explicáronnos todo o que ten por dentro e como funciona. A verdade: é incrible a cantidade de cousas que leva dentro unha ambulancia, non hai un centímetro desaproveitado.
Foron superamables e pacientes, deixáronlles probar a camilla facendo un simulacro de recollida dun paciente con Paula e Lucas B. de voluntarios e leváronos a todos nas sillas para baixar as escaleiras. Pasámolo moi ben, fixeron un montón de preguntas e non creo que lle volvan ter medo a médicos nin ambulancias!.
Moitas grazas a Sandra e aos seus compañeiros Victor e Juan
por esta experiencia que foi á vez instructiva e divertida!
por esta experiencia que foi á vez instructiva e divertida!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


.jpg)
.jpg)












































