mércores, 31 de outubro de 2018

As cores do outono

   Despois de observar as cores das follas polo  do entorno do cole, escollimos en internet unha imaxe dunha árbore que só tiña as polas. 
   Empregamos bastonciños para enchelas de follas. A partir de só tres cores conseguimos árbores de tonalidades completamente diferentes xa que cada neno empregounas á súa maneira...



martes, 30 de outubro de 2018

Saídas por Castrigo

  Para observar a natureza e os cambios que provoca o outono fixemos un par de  saídas polas pistas de Castrigo cerca do colexio. Vimos carballos que xa cambiaban de cor, castiñeiros, maceiras, follas, buscamos landras, castañas, ourizos... A nosa idea era recoller landras para sementar,  pero atopamos moi poucas e bastante estragadas así que descartamos a maioría. Cando volvemos a clase gardamos moitas das cousas que atopamos nunha pequena caixa dos tesouros de outono.   
 
    O encargado do día levou unha  bolsa onde íbamos gardando as sementes e follas que quixemos levar a clase.  

    Foi unha saída para coñecer o entorno, fomentar a observación e promover o respeto polos seres vivos.   
 

Lecturas compartidas: día das Bibes!

  Na entrada anterior conteivos as actividades que fixemos no Día das Bibliotecas Escolares.  Premer AQUÍ para ver no blog da Biblioteca como nos foron as lecturas compartidas cos maiores de 6º.
  Os voluntarios da Biblioteca leron para nós e foi moi divertido sobre todo cando todos colleron confianza....

xoves, 25 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas Escolares

     Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares que se celebra o 24 de Outubro, os alumnos de 3 anos  participamos na decoración das follas da árbore dos libros leidos. 
   Os máis maiores escribiron os títulos de libros que lles gustan e nos pintamos moitas follas coas cores do Outono. 
  
   Despois baixamos á Biblioteca onde nos esperaban os alumnos de 6º de primaria que colaboran durante os recreos e repartímonos por grupos para que nos contasen varios contos.

      Ao primeiro estaban un pouco nerviosos pero despois soltáronse e foi unha experiencia moi gratificante para todos, grandes e pequenos. Unha maneira de fomentar a lectura, vendo como lles leen os maiores...
premer AQUÍ para ver como fixemos esta actividade

mércores, 24 de outubro de 2018

Maxia con Pedro Bugarín e Roberto Lolo

  Dentro do XIII Festival de Maxia organizado polo Concello de Ames estiveron as actuacións nos colexios dos magos Roberto Lolo e Pedro Bugarín. Este luns pasaron polo Centro e tanto os pequenos de infantil como os maiores de primaria puderon disfrutar do seu espectáculo de maxia e ilusionismo.
Os nenos asistiron entusiasmados e cando pediron voluntarios casi todos querían saír!
Unha montaxe coas fotos da actuación:
 
E dúas pezas da súa actuación:


luns, 22 de outubro de 2018

Primeiros días no cole!

   No día a día imos adquirindo uns hábitos e seguimos unhas rutinas nas que insertamos distintas actividades. Cando chegamos temos que deixar a roupa e as mochilas  ben ordenadas nas perchas para entrar na clase. Comezamos logo coa asamblea sentados na alfombra onde todos podemos falar e contar algo do noso interés. Despois o axudante reparte as etiquetas cos nomes dos seus compañeiros e xogamos a recoñecelos, contar as letras e facemos o reconto dos que estamos e os que poidan faltar... Explicamos as sesións de traballo do día e repartimonos polos rincóns. Cando chega a hora da merenda recollemos todo no seu sitio e saímos a buscar as mochilas. (Esto levounos un tempiño porque cada vez que saíamos moitos pensaban que era para ir a casa...). 


  Despois recollemos, limpamos e ordenamos a clase para ir xogar ao recreo. A veces, no patio atopamos cousas moi interesantes que nos servirán para traballar despois ou para introducir algún proxecto (un saltamontes enorme, follas, landras...). Estamos traballando co Outono.

   Nesta montaxe podedes ver algunhas das cousas que fixemos estos primeiros días.
 
 E case sempre rematamos a mañán con un conto. Dos que levamos gustáronlles moito os de Olivia, o Punto, Lola con alas, A ovelliña que veu cear, Pilocha...



   E ademáis xa fixemos a nosa primeira saída polo contorno!. Contareina na próxima entrada.

domingo, 21 de outubro de 2018

Benvidos promoción do 2018!


     Benvidos!. Por fin lle dou comezo a este blog coa nova promoción. Somos os pequenos do cole de 4ºA de Infantil!. Comezamos o curso con moitas ganas, coa ilusión de ofrecerlles aos vosos fillos e fillas a educación que se merecen e coa intención de escoitalos, atendelos e coñecer as súas necesidades e intereses para partir desa base e conseguir, todos xuntos, unha mellor aprendizaxe tanto en coñecementos como en valores.  Pouco a pouco ireivos contando as nosas experiencias e actividades cotiás. Espero que vos sirva como información xa que moitos deles aínda non saben explicar o que facemos na clase.

    Tamén comentarvos algunhas cousas:
  •    os días de psicomotricidade son os martes e os xoves.
  •    os luns merendamos co Día da froita. 
  •    lembrade marcar a roupa xa que eles non sempre a recoñecen .
  •   contamos con Carlota en Psicomotricidade, Patricia como profe de Inglés, Marta en   Relixión  e con Isabel como Apoio en algunhas sesións.
  •    seguimos coas entrevistas familiares os luns e continuarei chamándovos. 
   Moitas gracias pola vosa colaboración.

         Unha aperta.