Benvidos!. Por fin lle dou comezo a este blog coa nova promoción. Somos os pequenos do cole de 4ºA de Infantil!. Comezamos o curso con moitas ganas, coa ilusión de ofrecerlles aos vosos fillos e fillas a educación que se merecen e coa intención de escoitalos, atendelos e coñecer as súas necesidades e intereses para partir desa base e conseguir, todos xuntos, unha mellor aprendizaxe tanto en coñecementos como en valores. Pouco a pouco ireivos contando as nosas experiencias e actividades cotiás. Espero que vos sirva como información xa que moitos deles aínda non saben explicar o que facemos na clase.
Tamén comentarvos algunhas cousas:
- os días de psicomotricidade son os martes e os xoves.
- os luns merendamos co Día da froita.
- lembrade marcar a roupa xa que eles non sempre a recoñecen .
- contamos con Carlota en Psicomotricidade, Patricia como profe de Inglés, Marta en Relixión e con Isabel como Apoio en algunhas sesións.
- seguimos coas entrevistas familiares os luns e continuarei chamándovos.
Unha aperta.
Loli, muchísimas gracias por iniciar el blog! Estoy deseando ver las cosas que vais haciendo en clase. Para empezar, están graciosísimos en estas fotos (y que pequeños parecen...)
ResponderEliminarSaludos,
Carola