xoves, 25 de xaneiro de 2018

Un conto de Nadal "diferente"

   Pintamos e poñemos voz a esta historia na que contan o que lle pasa ás árbores que usamos no Nadal e como os nenos buscan unha solución. Planificamos as escenas para que todos pudésemos participar e despois de ter o "story board" (que nos fixo un debuxante coas nosas ideas), encargámonos de darlle cor e pensamos as frases que acompañarían cada escena.... A parte de gravar foi o que máis nos costou e tivemos que repetir algunhas veces. Pero o conto e a idea de conservación das árbores foi o que máis nos gustou....


xoves, 11 de xaneiro de 2018

Fixemos un alfabeto

   Como material de apoio á lectura, decoramos con témperas este ALFABETO que agora temos colgado nas paredes da clase. Cada un fixo unha letra en A3, e despois collimos a de outro compañeiro e fixemos esta montaxe.
 

En este video estamos lendo o noso alfabeto:

 

xoves, 4 de xaneiro de 2018

Festa de fin de ano na clase!

     O derradeiro día de clase celebramos unha festa de fin de ano: moi elegantes, con baile e chocolate con churros. Puxemos a "mesa de gala" entre todos e comimos as larpeiradas de Nadal que trouxeron da casa para compatir cos compañeiros (foron tantas que deixamos algunhas para outra festa á volta de vacacións ou ilas tomando aos poucos nas merendas. Moitas gracias pola vosa colaboración!).

  Despois tomamos as uvas coas campanadas do reloxo da Porta do Sol, escoitamos un villancico dos pequenos de 3 anos e rematamos bailando xunto cos nenos das outras clases.
Foi un día moi divertido!


martes, 2 de xaneiro de 2018

Un bosque de Nadal

  Rematamos o trimestre pintando este bosque onde están plantadas moitas árbores de Nadal. Fixemos en dous equipos un mural moi grande que ocupa todo o corredor da nosa clase.
   
   E tamén comenzamos a facer un conto que explica o que lles pasa despois do Nadal. Xa volo contaremos á volta das vacacións.

Unha carta na oficina de Correos

  A derradeira semana do trimestre fomos de visita á oficina de Correos de Bertamiráns. Fixemos unha postal ,que seguro xa vos chegou a casa, e metémola nun sobre co voso enderezo. O autobús deixounos diante da plaza. Recibíronnos na oficina e vimos como pesaron as nosas cartas e despois díronnos o selo para pegar no sobre onde tíñamos escrito con moito coidado e algunha axuda o nome das rúas, avenidas ou lugares onde vivimos, prestando moita atención ao número do portal e ao piso para que o carteiro o pudese ler sin problemas.
 
  A encargada explicounos con mooooita paciencia todo o proceso que sigue unha carta desde que a entregamos. Despois ensinounos o material (cascos, chalecos, motos, carriños...) que usan os carteiros, que en Bertamiráns son 13. Un deles é Xavi, o pai de Airas, que estaba aínda máis emocionado que os outros nenos.