mércores, 28 de maio de 2014

VISITA DE SUSI: LETREIROS CO NOME

   O venres tivemos de visita Susi, a nai de Rubén, que nos trouxo unhas manualidades para facer cos nenos, porque dixo que lle gusta moito facer este tipo de actividades. A verdade é que pasou un traballo incrible xa que viña cunha bolsa preparada para cada un coas letras do seu nome recortadas en goma eva: eles tiñan que ordenalas, pegalas nunha cartulina e logo decoralas. Eu recordei que tiña pola clase unhas pegatinas de xoaniñas, abellas e outros animaliños e tamén llelos puxeron... Tamén lles puxeron limpapipas para facer os ganchos dos colgadores. Quedáronlles uns letreiros preciosos que podedes ao final da presentación que fixen coas fotos da visita. Rubén estaba bastante máis que emocionado (xa levaba así toda a semana e sigueu inflado coma un pavo despois que marchou súa nai) e todos quedaron encantados coa visita de Susi e cos seus letreiros para poñer na porta da súa habitación.    Moitas gracias Susi!


premer AQUÍ para ver as fotos da sesión e os colgadores

domingo, 25 de maio de 2014

VACAS... CON KIKE MAURICIO E CARLOS TABOADA

    E, o xoves, durante a visita a granxa SAT Busto Corzón de Mazaricos, pudemos coñecer a KIKE  MAURICIO e a CARLOS TABOADA, autor e  ilustrador do conto "de onde ven o leite", que nos contaron a súa historia nos enormes murais que decoran a explotación gandeira que Feiraco ten en Olveira. Despois contaron e debuxaron para nós o conto dunha vaca namorada e logo CARLOS ensinoulles aos nenos e nenas a debuxar vacas... paso a paso.

PREMER    AQUÍ    PARA VER A SESIÓN CON CARLOS E KIKE 
 E AS VACAS QUE DEBUXARON OS NENOS
esta fermosa obra sobre O Principiño é a cabeceira do blog de Carlos Taboada   


premer AQUÍ  para entrar no blog do ilustrador  Carlos Taboada

VACAS ESTILO WARHOL NA MAÍA

   Unha das actividades previas a visita que fixemos a granxa de  Feiraco para aprender "de onde ven o leite", foi: PINTAR VACAS... ESTILO WARHOL. Vimos varias obras deste artista americano, unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop, entre eles os famosos retratos de Marilyn, comentámolos e despois  intentamos colorear as nosas vacas empregando distintas variedades cromáticas.

   Este foi o resultado do noso traballo: unhas coloridas VACAS ESTILO WARHOL que temos expostas na entrada do colexio.

PREMER AQUÍ PARA VER AS VACAS

domingo, 18 de maio de 2014

TEÑO LINGUA, FALO GALEGO

    
   O día 17 de maio celebramos en Galicia o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano se dedica a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. Como xa vos contei aprendimos cousas da súa vida e do que quixo decir co seu poema PENÉLOPE.  Durante este mes tamén participamos na realización dun lema para facer chapas para todo o colexio. Na nosa clase escollimos o lema "O GALEGO É DIVERTIDO" (que nos dixo Iker) e a gañadora foi unha alumna de segundo de primaria con: "TEÑO LINGUA , FALO GALEGO".    O venres 16, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, despois do recreo xuntámonos os nenos de infantil por niveis e bailamos E SALTAMOS na sala de Psicomotricidade coa canción do novo disco de Paco Nogueiras,  BRINCA VAI !: Meu o mundo é . (É unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo).

    EN ESTA PRESENTACIÓN PODEDES VER A SESIÓN:
 
premer para ver o que fixemos
  
NESTE KIZOA VEDES OS DIBUXOS QUE FIXEMOS PARA AS CHAPAS:
PREMER AQUÍ

  E   ESTE É O VIDEO DE PACO NOGUEIRAS QUE TANTO LLES GUSTOU:

 

sábado, 17 de maio de 2014

NAIS CONTACONTOS: VISITA DE CLARA


    O venres, seguindo coas visitas de nais contacontos, estivo con nós Clara, a nai de Arancha: trouxo varios libros que nos deixou na clase para ver máis tarde e contounos "Perla e o bolso perdido" e "Bichos" de Pepa Pig. Presentáronse todos e despois dos contos, levamos a Clara a ver hortiña. Alí tamén pasamos un rato divertido e os nenos ensináronlle os tomates, as cebolas e as leitugas... E como descubriron varias miñocas, contáronlle que son animaliños beneficiosos para a horta e puxéronas dentro dos caixóns. Tamén se puxeron a recoller e botarlle as boliñas de abono ás leitugas. Cando volvimos por debaixo do paseo das glicinias descubrimos que, coa calor, as sementes escacharan e caeran ao chan e apañaron todas as que puderon. Despois en clase contáronas e leváronas para casa. Antes de merendar dibuxamos a Clara e o paseo pola horta. Logo fomos ao recreo e, cando marchou Clara, Arancha botou unhas cuantas lagrimiñas...


                                              Aquí están as fotos da visita de Clara:

preme para ver a visita de Clara



xoves, 15 de maio de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, PENÉLOPE ... E UN TAPIZ

   Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xosé María Díaz Castro, autor do libro "NIMBOS", no que destaca o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Ademáis de contarlles a vida do escritor aos pequenos a través da presentación que temos no blog da biblioteca, escoitamos a canción de FUXAN OS VENTOS, que se inicia coa lectura do poema en boca do mesmo Díaz Castro e conta coa impresionante voz da nosa compañeira Carmen. 
 
  
     Explicarlles a temática aos nenos foi un chisco complicado, xa que lles costa entender porque Díaz Castro decía que Galiza vai "un paso adiante e un paso atrás" ... así que  tirei de mitoloxía grega e díxenlles quen era Penélope e cal era o motivo de que Díaz Castro empregase o seu nome no poema.
    
    Acabei contandolles A ODISEA, un poema épico escrito por HOMERO, que narra as aventuras de Odiseo (Ulises), rey de Ítaca, e o seu viaxe de diez años polo Mediterraneo. 

    Conteilles que, mentras el estaba fora do seu reino, outros reis acosaban á súa muller decíndolle que Ulises morrera na viaxe e que querían casar con ela. Entón Penélope, para que a deixasen tranquila, dixolles que decidiría con quen casar cando rematase un TAPIZ... A historia era que Penélope tecía polo día e destecía pola noite para non rematar o tapiz... ata que volveu Ulises e acabou con todos...
     Así que nós acabamos facendo un tapiz cun telar de bimbios, unha armazón de estambre e todas as lás e cintas de cores que temos pola clase.... Tíñades que ver con que coidado tecen, fio por diante, fio por detrás... e aínda non rematamos!

PREMER AQUÍ PARA VER AS FOTOS DOS NENOS TECENDO NO TAPIZ

ESCOITADE A  FUXAN OS VENTOS CANTANDO  PENÉLOPE DE DÍAZ CASTRO



UNHA HORTIÑA NA MAÍA


    POR FIIIIN: despois de moito tempo, falta de terra, choiva e demáis, conseguimos ter plantada a hortiña. Os nenos e as nenas de 4 anos estamos plantando: leitugas, tomates cherry e cebolas de semilleiro. Tamén varias cabezas de allos. Despois de plantar, regamos e cubrimos todo con ramallos de podar as camelias para darlle sombra as plantiñas. Esto fixérono con moito coidado, sobre todo Kevin, que non quixo deixar leituga sin protexer!
    
    Cando comezamos coa hortiña... pois tivemos varios agasallos: a profe Carmen dounos varios exemplares de tomates diferentes (pera, corazón e negros...), leitugas de folla de roble e espinacas rastreiras... E ademáis, o profe Jose trouxonos unha cousa que nos fixo moita ilusión: UN ESPANTALLO  precioso que xa temos instalado na hortiña, coidando as leitugas...


    
    En esta  presentación podedes ver as fotos de como fixemos a hortiña!. Unha experiencia relacionada co coñecemento do medio, con saber de onde veñen os alimentos que comemos e con aprender a valorar o traballo dos demáis, neste caso dos agricultores.
      
PREMER AQUÍ
O noso espantallo

domingo, 11 de maio de 2014

OS PAXAROS DA MAÍA

   O venres fixemos unha saída moi especial con Marta, a nai de Álvaro, que intentou ensinarnos a identificar os paxaros polo seu canto. O traballo de Marta  está relacionado co medio ambiente e antes da saída explicounos como se ten ir preparado: tipo de calzado, roupa, prismáticos ...e que ela sempre leva unha libreta de campo para tomar notas do que ve. E comentounos que sempre escribe con lapis xa que se chove non se corre a tinta ... Antes de saír lembramos as normas importantes para esta saída: falar baixiño para poder escoitar os paxaros, non andar a correr e ter coidado por onde andamos... Como pudemos comprobar máis tarde o máis dificil foi o de falar baixiño... aínda así, non espantamos a tódolos paxaros e pudemos escoitar uns cuantos: carrizos, picafollas e paporrubios... O máis doado de identificar pareceunos o picafollas, xa que o seu nome en inglés reproduce o són que fai (chiff-chaff)
    Andando, andando, pasamos de Castrigo, seguimos a carretera por debaixo da autovía e chegamos a unha enorme muralla de pedra onde demos volta... Alí Marta ensinounos unha rapaz voando altísima en círculos e díxonos que era un ratoneiro. Casí non podíamos vela de tan alta...

    Polo camiño atopamos de todo: un cadeliño que levou un susto cando nos veu, formigas traballando, os "interesantísimos" restos dunha toupiña nos que puderon ver as fortes patas que ten para furar na terra... e paos, moitos paos, follas, flores, pedras e cada vez que parabamos a descansar... moreas de gravilla. Se lles deixamos traer todo o que viñan recollendo  igual hai que rebachear o camiño...

   

   Marta tamén nos trouxos fotos dos paxaros para identificalos e fotocopias para que os pintasen: o que máis lles gustou foi o paporrubio.
   Gracias Marta pola visita!





      En esta presentación está o resumo do paseo que demos, que non foi pequeno, e cando volvemos a clase xa era hora da merenda, lavamos as máns ... e a comer. Non quedaron nin as migallas...
 
Premer AQUÍ para ver as fotos da saída

NAIS CONTACONTOS: O FLAUTISTA DE HAMELIN


   Seguindo a serie de visitas a clase estivo con nós Pili, a nai de Noelia, que nos veu contar o coñecido conto dos irmáns Grimm: O FLAUTISTA DE HAMELIN.
    Pili deixou a todos abraiados xa desde a entrada porque apareceu cunha colorida e chamativa peluca na cabeza. Tamén trouxo unha bolsa da que, cando iniciou a lectura do conto, foi sacando multitude de accesorios, gorros, peluches e sobre todo unha FLAUTA para ir ambientando o conto. Noelia exerceu de directora da sesión e encargouse de axudar a súa nai sacando as cousas precisas no momento xusto ... e levando o control do conto durante toda a sesión.


 










    Os rapaces seguiron con curiosidade esta versión  do conto, sobre todo cando o flautista tocaba a flauta, e quedaron estranados co final, xa que era distinto do que esperaban: os nenos e nenas de Hamelin non volvían a casa dos pais e nais mentireiros, senón que quedaban no país das verdades.

premer na imaxe para ver a presentación da sesión
     Cando rematou o conto dibuxamos a Pili e esto é o que fixeron:

premer AQUÍ para ver os debuxos


mércores, 7 de maio de 2014

NAIS CONTACONTOS: "CONFUNDINDO HISTORIAS" DE GIANNI RODARI

    Hoxe estivo con nós Bea, a nai de Noa para contarnos un divertido conto de Gianni Rodari: "CONFUNDINDO HISTORIAS". Nel, o avó, que está tranquilamente lendo o seu xornal, ten que poñerse a contarlle un conto a súa neta . Pero non llelo conta de calquer xeito, xa que aínda que é o coñecidísimo de Carapuchiña Vermella, o avó comeza deste outro xeito: "Erase unha vez unha nena que se chamaba Carapuchiña Amarela...". Os nenos da clase, igual que facía a nena no conto, interrumpen inmediatamente a historia: NON! Que é Carapuchiña Vermella...!
   
     E con esta pequena historia de Rodari, Bea tivo aos nenos e as nenas moi atentos a unha historia que estaba CONFUNDIDA  e todos estiveron moi pendentes dos cambios nunha narración que tan ben coñecen.
    Despois puxémonos en plan "periodistas"e fixéronlle unhas cuantas preguntas a Bea que, cando rematamos coa "entrevista", quedouse un ratiño con nós mentras a debuxábamos contándonos o conto e durante a merenda. Nin que decir o contenta que estaba Noa!

  O libro está editado por Kalandraka e conta coas divertidas e orixinais ilustracións de Alessandro Sanna. O autor, Gianni Rodari, graduouse en Maxisterio e foi un gran renovador da literatura infantil e xuvenil. Tamén foi político, xornalista, pedagogo e escritor... e logrou o Premio Andersen en 1970 que ben sendo como o Nobel da Literatura Infantil.

   E nesta presentación podedes ver as fotos da sesión de contacontos que nos fixo Bea. Moitas gracias por compartir con nós este momento!

premer AQUÍ para ver as fotos da sesión

venres, 2 de maio de 2014

SABÍAS QUE..? LER CIENCIA



O lema proposto este curso dende a Asesoría de Bibliotecas escolares para os centros galegos é LER CIENCIA , para fomentar o uso da biblioteca en relación á competencia de coñecemento do mundo físico. Dende o equipo da Biblioteca propuxéronnos unha actividade para realizar a partir do 8 de Abril e hasta o día do Libro utilizando algunas sesións da Hora de Ler. Por ese motivo organizamos a realización de murais tanto en infantil como en primaria co título de Sabías que…?. Nós participamos empregando tanto os libros da clase como buscando curiosidades científicas na rede. Fixemos unha listaxe co que atopamos e cada un escolleu o sabías que...? que máis lle gustou, e puxóo nunha bombilla ou no símbolo da interrogación que decorou a seu gusto. Por suposto na clase os que máis nos gustaron foron os relacionados cos animais!

Estos son os primeiros  sabías que...? do mural en infantil...

1 AGUACATE E 3 NÍSPEROS

   Cando merendamos descubrimos que as froitas que traemos a clase teñen sementes que podemos plantar e das que xa nos naceron árboliños (laranxeiros, maceiras, limoeiros e mandarinos). Tamén vimos que das pipas de cabazas do magosto nos saían pequenas cabaceiras. Así que empezamos a ver sementes por moitos sitios: as redondas fabas marróns das glicinias trepadoras do patio, as enormes e aplastadas dos mangos que probamos un día en clase, os graos de millo, castañas, noces e avelás que xuntáramos polo outono...

    Para que visen outras diferentes e moi pequeniñas trouxenlles as  de berro e perexil,  as medianas dos nísperos e as grandes e redondas dos aguacates. As pequeniñas plantámolas nos invernadoiros da fiestra e naceron en dous días e nas macetas plantamos as outras. Antes decoramos e nomeamos as macetas e cada neno escollía 1 semente de aguacate e 3 de níspero. Tiñan que seleccionar as máis consistentes e sin enrugas e plantalas a diferentes alturas... Agora só nos queda esperar!

premer na imaxe  para ver a presentación

NAIS CONTACONTACONTOS

  O mércores veu a clase Rita, a nai de Iker, a contarnos un conto que transcurre baixo o mar, trátase de "EU NON QUERO SER UN POLBO". Esta historia trata dun polbo que quere traballar no circo, pero non está conforme con ser como é, non aprecia os seus valores e gustaríalle ser outro animal. Coa axuda dos demáis aprende a valorarse a si mesmo e acaba salvando a todos dun enorme perigo...
   Rita acompañounos un ratiño pola mañán e despois do conto respondeu as preguntas máis ou menos ordenadas que lle fixeron os nenos. Todos o pasaron moi ben e sobre todo Iker que estaba orgullosísimo da súa mamá contacontos. Moitas gracias Rita!

premede AQUÍ para ver a sesión de contos con Rita

xoves, 1 de maio de 2014

CABACIÑAS E BERROS

   Agora que chegou a primavera, están agromando as sementes que fomos plantando desde fai tempo nas macetas e no terrario. A paciencia tivo os seus froitos, xa que tardaron moito en nacer e os nenos sempre lembraban o conto "AÍNDA NADA?".  A que nos deixou máis sorprendidos foi a cabaciña da clase que un día apareceu coas súas fermosas flores de cor amarelo-alaranxado e que despois formou unha pequena cabaciña.  Incluso nos naceu un arce das sementes recollidas no outono no patio de tres anos.
    Tamén están nacendo un montón de laranxeiros, limoeiros e mandarinos das pepitas que recollimos das froitas que traían nas merendas.
   A flor da cabaciña só durou un par de días e logo murchouse...
  A cabaciña ten moitas flores e esperaremos a ver si consegue lograr os froitos...
      Como o tempo foi malo para sementar no horto, na clase fixemos un pequeniño invernadoiro con sementes de berros e de perexil. Plantamos as pequenas sementes un venres e cando entramos o luns na clase os rapaces emocionaronse todos xa que as pequenas plantiñas estaban todas nacidas.

premer na imaxe para ver o proceso