POR FIIIIN: despois de moito tempo, falta de terra, choiva e demáis, conseguimos ter plantada a hortiña. Os nenos e as nenas de 4 anos estamos plantando: leitugas, tomates cherry e cebolas de semilleiro. Tamén varias cabezas de allos. Despois de plantar, regamos e cubrimos todo con ramallos de podar as camelias para darlle sombra as plantiñas. Esto fixérono con moito coidado, sobre todo Kevin, que non quixo deixar leituga sin protexer!
Cando comezamos coa hortiña... pois tivemos varios agasallos: a profe Carmen dounos varios exemplares de tomates diferentes (pera, corazón e negros...), leitugas de folla de roble e espinacas rastreiras... E ademáis, o profe Jose trouxonos unha cousa que nos fixo moita ilusión: UN ESPANTALLO precioso que xa temos instalado na hortiña, coidando as leitugas...
En esta presentación podedes ver as fotos de como fixemos a hortiña!. Unha experiencia relacionada co coñecemento do medio, con saber de onde veñen os alimentos que comemos e con aprender a valorar o traballo dos demáis, neste caso dos agricultores.
PREMER AQUÍ |
O noso espantallo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!