domingo, 25 de novembro de 2018

As hortensias do outono

  As hortensias do xardín no outono foron cambiando as súas cores azul claro e na clase temos un ramo de flores completamente secas que viraron a moradas, granates...

 Cos dedos intentamos mezclas de cores  para conseguir as que vemos nas flores secas.





   Comezamos con moito coidaiño, punto a punto, pero así non conseguíamos que parecesen flores reales. Probando, descubrimos que mesturando varias cores nos dedos o efecto era mellor... 
 Nesta montaxe está o proceso:

 

luns, 19 de novembro de 2018

Xogos populares de Cándido Mascato no Grove

  O EDNL  organizou esta actividade de xogos populares. Están realizados en madeira por Cándido Mascato e aquí estamos os da clase de 3 anos xogando con eles. "Xogos Populares no Grove", que así é como se presentan, ten unha colección que inclue elementos de lanzamento, habilidade e taboleiro que garantizan a diversión e o entretemento e fomentan a cultura popular. Aprendimos a valorar outro tipo de xogos sinxelos que se saen dos máis comerciais. 
 Durante esta semana fóronse colocando na sala de Psico en infantil e por alí pasamos todos. Cada clase reparteuse por pequenos grupos, pasando de un a outro e foi moi divertido.

   En breve tamén poderedes ver na web do cole como xogaron os maiores e tamén os de primaria que tiñan outros máis complicados.  (xa podedes velo!)

 



domingo, 18 de novembro de 2018

Os nosos retratos estilo Arcimboldo

  Estamos achegándonos a distintas formas de representación do corpo, unha delas son os retratos metafóricos de Giuseppe Arcimboldo. Primeiro centrámonos nos retratos que este artista realizou das estacións, sobre todo na  cabeza de outono: observamos este curioso efecto no que elementos naturais compoñen un retrato humano e intentamos identificar os máis elementos posibles. Partimos do retrato fotográfico e superpuxemos materiais que temos na clase para facer os nosos propios "Arcimboldos de outono".
  Empregamos follas, paos, landras, castañas, mazás, laranxas... e despois seguimos cos cristais da mesa de luz, xoguetes de pezas...

 Aquí están os nosos Arcimboldos:

luns, 12 de novembro de 2018

O millo de cores

   A semana pasada pudemos ver na clase o millo de cores que nos trouxo Telmo: observar as cores tan diferentes e preciosas, ulilo, tocalo.... Empregamos todos os sentidos e despois pintámolo en papel. 
   E, por suposto, están desexando debullalo!




Ademáis seguimos vendo como medra o que temos plantado nunha maceta: a nosa leira de millo!



venres, 9 de novembro de 2018

Un mural de Outono

   Con elementos que foron aparecendo na clase (follas, landras, paos, castañas...) e outros que recollimos polo patio, fixemos esta composición mural de Outono. Comezamos coa "caixa dos tesouros" onde gardamos o que recolléramos paseando hacia Castrigo e un día Abril chegou cunha caixa sorpresa!.

    A partír de eso foron aparecendo máis elementos na clase que incorporábamos ao noso mural.
   Puxemos tamén os nosos retratos de cabaciñas e o millo de cores que nos trouxo David o pai de Telmo.

   Cada día os nenos xogaban cos seus elementos e aparecían moitos cambios polo que a nosa obra ten algo de Arte Efímero... E sigue cambiando!


xoves, 8 de novembro de 2018

As castañas do Magosto

  O pasado venres 2 celebramos no colexio a festa do magosto. Os pequenos de infantil fomos os primeiros en baixar ao patio onde as castañeiras nos repartiron as castañas asadas. Sentámonos por clases e puxémonos a comelas. Algúns aínda comeron, pero outros preferiron gardalas para casa. Despois recollimos as tonas e limpamos o sitio onde estivéramos e puxémonos a bailar.
  Podedes ver as fotos da sesión na web do cole, premendo AQUÍ.



  Tivemos unha pequena sorpresa xa que Nuria e Abril atopáronse coas súas irmáns maiores Emma e Vera e compartiron festa. E, para que non nos quedara nada, fomos ver como funcionaba a máquina que tiñan as castañeiras

luns, 5 de novembro de 2018

As cabazas do Samaín

   Estas son as cabazas, arañas e composicións  que viñeron a clase polo Samaín: preciosas, terroríficas e doces!. Estiveron expostas primeiro na clase, onde nos contaron como vos axudaron a facelas, e despois na entrada do colexio. 
   As fotos das cabazas dos seus compañeiros de infantil e primaria podedes velas na web do cole. Ahí tamén podedes ver algúns dos traballos que fixeron os maiores para ambientar o colexio e conmemorar esta festividade de orixe celta que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno.

 Moitas gracias pola vosa colaboración!

xoves, 1 de novembro de 2018

Unha leira de millo nunha maceta!


   A partir dunhas espigas de millo que nos trouxo a clase David o papá de Telmo, esfollamos, debullamos... e plantamos unha "leira de millo"... nunha maceta. Ademáis, para comprender todo o proceso, vimos un clásico de Disney. Trátase do corto animado "La Gallinita Sabia"- The Wise Little Hen de Disney - do ano 1934  que en apenas 7 minutos e moito humor explica tódolos pasos desde que plantas o millo ata que o podes comer. Podedes velo premendo neste enlace: A galiña sabia.
 
  Tamén escoitamos a canción "pan de millo" da Compañía Migallas que nos explica o traballo que hai detrás  deste planta que desde que veu de América se convirteu na base da alimentación en Galicia e tanto influeu na nosa cultura.

                                    

   Aquí vos deixo unhas imaxes de outras fermosas variedades de millo que había antes e que son moi difíciles de atopar xa que na procura dun maior "rendemento económico..." se foi perdendo esa riqueza da diversidade xenética.