A partir dunhas espigas de millo que nos trouxo a clase David o papá de
Telmo, esfollamos, debullamos... e plantamos unha "leira de millo"... nunha maceta. Ademáis, para comprender todo o proceso, vimos un clásico de Disney. Trátase do corto animado "La Gallinita Sabia"- The Wise Little Hen
de Disney - do ano 1934 que en apenas 7 minutos e moito humor explica tódolos pasos desde que plantas o millo ata que o podes comer. Podedes velo premendo neste enlace: A galiña sabia.
Tamén escoitamos a canción "pan de millo" da Compañía Migallas que nos explica o traballo que hai detrás deste planta que desde que veu de América se convirteu na base da alimentación en Galicia e tanto influeu na nosa cultura.
Aquí vos deixo unhas imaxes de outras fermosas variedades de millo que había antes e que son moi difíciles de atopar xa que na procura dun maior "rendemento económico..." se foi perdendo esa riqueza da diversidade xenética.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!