Estas son as cabazas, arañas e composicións que viñeron a clase polo Samaín: preciosas, terroríficas e doces!. Estiveron expostas primeiro na clase, onde nos contaron como vos axudaron a facelas, e despois na entrada do colexio.
As fotos das cabazas dos seus compañeiros de infantil e primaria podedes velas na web do cole. Ahí tamén podedes ver algúns dos traballos que fixeron os maiores para ambientar o colexio e conmemorar esta festividade de orixe celta que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno.
Moitas gracias pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!